DOBRAXE NA ESCOLA!!!
O pasado día 17 de marzo, disfrutamos dunha actividade organizada no centro e patrocinada por Normalización Lingüística, que nos deu a oportunidade de achegarnos ao mundo da dobraxe. E así sucedeu todo...:
"Primeiro, utilizando os monicreques “Pelota
Peluda” e “Raqueta Enriqueta” , os monitores fan un xogo dramático moi
divertido no que contan todos os pasos da creación dunha película, desde a
elaboración do guión ata a dobraxe da mesma.
Acto seguido, ensaiamos “entre todos/as” un fragmento da película, aprendendo a
encaixarmos as propias voces nas bocas dos personaxes. Probámolo e
experimentámolo todos? Ben. Agora... Quen quere saír?
Xa temos os “dobradores”. Lemos o guión, ensaiamos, axustamos e... Silencio!
Imos gravar! Gavamos e, moi sorprendidos, escoitamos o resultado. E se nos
trabucamos non pasa nada: repetímolo e listo.
Con textos sinxelos e curtos escollidos para a ocasión os/as nenos/as son os
protagonistas. Traballan co galego ao tempo que se divirten poñendolle voz aos
seus personaxes favoritos. Os centros recibirán unha copia de todo o gravado.
Material que se lles enviará unha vez rematada a edición."