A semana pasada no C.E.I.P. San Martiño realizamos unha serie de presentacións sobre actividades STEM, ás que chamamos: "PETISCOS DE CIENCIA".
Coa dirección e coordinación de Diego Fariña, mestre de CCNN, os alumnos e alumnas de 6º curso de Educación Primaria, sorprendéronos con diferentes experimentos ao longo de toda a semana. O venres, incluso se animou o alumnado de 6º curso de Educación Infantil , que baixo a coordinación da súa titora, Patricia Sampayo e a axuda de Cristina, a profesora de prácticas, nos mostraron tamén as súas primeiras experiencias coa ciencia.
O método científico é unha forma divertida de consolidar a aprendizaxe, ademais de desenvolver a creatividade, a iniciativa e agudizar o sentido crítico. Por esta razón, no noso centro, vimos apostando dende hai uns anos por este tipo de actividades.
Petiscos de Ciencia logrou xerar curosidade en todo o alumnado, chegando por eles mesmos a unha serie de conclusións e xeneralizacións...
Algúns experimentos parecían maxia! Pero despois de deixarnos coa boca aberta, o alumnado daba logo a explicación científica, que nos deixaba aínda máis abraiados!!!
Algúns experimentos parecían maxia! Pero despois de deixarnos coa boca aberta, o alumnado daba logo a explicación científica, que nos deixaba aínda máis abraiados!!!
Grazas ao alumnado de 6º curso e aos mestres Diego e Patricia por estes "PETISCOS DE CIENCIA".
| Para ver todas as fotografías, fadede click aquí. |


Unha actividade xenial!!!os meus fillos esperaban moi ilusionados a hora dos petiscos de ciencia. Pasáronno fenomenal está semana e aprenderon unha morea de cousas. Grazas e Noraboa
ResponderEliminar