venres, 30 de abril de 2021

A Pontevedra das Letras. 6º de Educación Primaria

E para poñer punto e final a esta XVI Semana da Lectura deixámosvos co estreo de:

 A Pontevedra das Letras

A Pontevedra das Letras é unha obra de teatro creada polo alumnado de 6º de Educación Primaria na que catro turistas, acompañadas dun guía, visitan distintas rúas de Pontevedra que levan o nome dalgunha persoa á que se lle dedicaron as Letras Galegas.


As prazas de Pontevedra. 3º de Educación Primaria

 O alumnado de 3º de Educación Primaria amósanos o seu traballo sobre as prazas de Pontevedra.

As prazas de Pontevedra.



luns, 26 de abril de 2021

As pontes de Pontevedra. 2º de Educación Primaria

Aquí podedes ver o fantástico traballo de investigación que realizou o alumnado de 2º de Educación Primaria sobre as pontes de Pontevedra!

Noraboa!

As pontes de Pontevedra

O mural das mulleres. 6° de Educación Infantil

Comezamos a XVI Semana da Lectura: A arte nas rúas de Pontevedra co alumnado de 6º de Educación Infantil e o seu traballo sobre o mural "Mulleres de Pontevedra na Historia".

Agardamos que vos guste. ♥️




venres, 23 de abril de 2021

XVI Semana da Lectura: A arte nas rúas de Pontevedra



A próxima semana festexaremos a nosa XVI Semana da Lectura que leva por título A arte nas rúas de Pontevedra.
A tradición é a de convidar ás familias para ver o traballo realizado polo alumnado do centro; mais, como sabedes, neste ano académico tan especial, a forma de facelo só poderá ser virtual.
Iremos publicando o que fixo cada grupo seguindo o almanaque da imaxe.

venres, 16 de abril de 2021

De ponte en ponte pola Boa Vila. 2º de Educación Primaria

O venres 16 de abril o alumnado de 2° saíu acompañado dos seus profes para ver as Pontes da cidade dentro do proxecto A arte nas rúas de Pontevedra. Demos un paseo e atravesamos a Ponte do Burgo, a de Santiago e a das Correntes. Tamén puidemos ver, ao lonxe, a dos Tirantes e a da Barca. A Ponte da Ría vímola dende o bus. Finalmente, merendamos nas Marismas de Alba. Encantounos a saída. Que ganas tiñamos xa!!!



Visitando o mural das mulleres. 6º de Educación Infantil

Hoxe o alumnado de 6° de Educación Infantil foi visitar o mural das mulleres no Parque de Amelia Álvarez para poder profundizar máis sobre o proxecto no que están a traballar da arte nas rúas de Pontevedra da XVI Semana da Lectura. Velaquí algunhas imaxes.