xoves, 24 de febreiro de 2011
2º PROXECTO: OS INVENTOS E OS INVENTORES
Como cada ano no mes de febreiro, comezamos o segundo dos nosos proxectos de Biblioteca, adicado este ano aos inventos e aos inventores.
Nesta primeira fase de motivación, preparamos dúas actividades: unha visita á Casa das Ciencias e ao Domus da Coruña e unha exposición sobre algúns dos inventos e a súa evolución no tempo, grazas á colaboración de moitas das familias da nosa comunidade educativa. Xunto á mesma tamén presentamos outra con fondos bibliográficos relacionados con esta temática.
Ambas exposicións están ubicadas na Biblioteca do centro e pronto estarán abertas ao público, para que poidades visitalas.
Grazas dende aquí a tod@s por colaborar connosco na preparación destas actividades.
Etiquetas:
exposicións,
inventos,
proxectos
mércores, 23 de febreiro de 2011
Xira a Terra sobre si mesma?Móvese a Terra arredor do Sol ou é o Sol o que se move arredor da Terra?
Por que un día dura 24 horas e un ano 365 días?
Por que cambia de forma a Lúa?
Poderás coñecer a resposta a estas e a outras moitas preguntas se te atreves a xogar co LIM que leva por título "A Terra xira e xira ...". Proba a resolver as actividades, os crebacabezas, as sopas de letras, os xogos de memoria... e verás cantas cousas novas aprendes sobre a Terra, o Sol e a Lúa.
martes, 8 de febreiro de 2011
OS ALUMNOS OPINAN...
Estas dúas últimas semanas realizamos dende Educación Infantil ata 6º de Primaria unha saída moi interesante á exposición de La Caixa, ubicada na Praza de España en Pontevedra, titulada El bosque,que se combinou con outra visita ás Torres Arzobispais, preto de Santa María. Tamén visitamos una exposición de pintura e participamos nun obradoiro de interpretación plástica. Sobre algunhas destas experiencias deixamos aquí a impresión dunha das alumnas do centro.
(Redactado por Elia Pedrosa, alumna de 5º de Primaria sobre unha das nosas saídas culturais, realizada nesta última semana...)
"Hoxe, día 4 de febreiro, visitamos o Centro de Interpretación das Torres Arzobispais. Alí recibiunos un guía que nos ensinou diferentes instrumentos de barro e porcelana, imitando aos que se utilizaban antigamente. Tamén vimos o foxo do castelo e as pedras que se utilizaban para as béstas(catapultas). Logo ensinounos unhas moedas moi antigas feitas de cobre e algunhas de prata. O guía púxonos unha película en 3D moi interesante sobre a vida nos castelos e todo o que ía pasando neles ao longo dos anos. Ao final da visita xogamos ao xogo que había de contestar preguntas, pero era moi difícil.
Cando saímos das Torres Arzobispais fomos á exposición "O bosque" e alí tamén nos recibiu unha guía chamada Raquel. Nesa exposición vimos moitísimas cousas sobre o bosque: sementes, anacos de árbores, niños, a vida dunha miñoca... A guía explicounos que as miñocas son moi importantes porque fan tubiños debaixo da terra que serven para que a auga da chuvia e o aire cheguen ás raíces das árbores. Raquel tamén nos ensinou moitas cousas máis, como distintos tipos de árbores ou elementos que se poden facer coa madeira ou os froitos.
Esta saída foi moi interesante e divertida e gustaríame volver cos meus pais."
xoves, 3 de febreiro de 2011
LIM: Así é a Terra
Que hai na atmosfera?A auga é sólida, líquida ou gasosa?
Que é o ciclo da auga?
Hay seres vivos no solo?
Poderás coñecer a resposta a estas e a outras moitas preguntas se te atreves a xogar co LIM que leva por título "Así é a Terra". Proba a resolver as actividades, os crebacabezas, as sopas de letras, os xogos de memoria... e verás cantas cousas novas aprendes sobre o noso planeta.
mércores, 2 de febreiro de 2011
COMO CONSTRUÍMOS A PAZ?
Baixo este lema, traballamos este ano nas aulas para conmemorar o Día Internacional da Paz 2011. Celebrámolo, coma sempre, tanto no centro como na Ferrería, participando nun acto conxunto organizado polos diferentes centros do Concello.
No CEIP San Martiño aparte de dedicar un conto ao noso alumnado, que se titulou "A cousa que máis doe do mundo", que falaba sobre o dano que pode causar a mentira, elaboramos entre todos un gran mural, a modo de muro, no que os ladrillos eran mensaxes de paz, feitas polo noso alumnado.
E na Praza da Ferrería tamén estivemos contribuíndo coa nosa aportación para levantar a escultura pola paz, formada coas caixas decoradas que deixou cada centro.
luns, 24 de xaneiro de 2011
Proxecto: Xogamos?
Baixo o nome de Xogamos? agrúpanse unha serie de recursos informáticos adicados á elaboración e utilización de xogos de pregunta-resposta. As ferramentas que inclúe para a creación de xogos son:- EdiPre: editor de preguntas.
- DEX: Deseño de Xogos. Aplicación para a construcción das interfaces gráficas dos xogos.
- E por último Xoga é un script en flash que permite a utilización dos xogos en diversos sistemas operativos ademáis de Internet.
Se queres probar cunha actividade de Xogamos? visita "Oñitram", o blog do E.D.L.G., ou entra no "Recuncho LIM" da Salcedoteca.
xoves, 20 de xaneiro de 2011
mércores, 19 de xaneiro de 2011
VISITA AO MOSTEIRO DA ARMENTEIRA
O pasado venres, 14 de xaneiro, o alumnado de 2º, 3º e 4º de Primaria realizaron unha visita ao Mosteiro da Armenteira. Esta actividade encádrase dentro do 1º Proxecto de Biblioteca, adicado este ano ao tema das verdades e mentiras da historia, que os nosos alumnos e alumnas centraron ao redor do mundo das lendas. Por esta razón quixeron visitar o famoso Mosteiro da Lenda de San Ero, o monxe que durmiu durante 300 anos ao escoitar o canto dun paxariño...
Tamén tiveron ocasión de visitar ao seus amigos do CEIP da Armenteira, cos cales pasaron uns momentos de lecer. Para o noso recordo, aquí quedan esta reportaxe.
Etiquetas:
biblioteca,
intercambio,
lenda,
mosteiro,
PDI
domingo, 16 de xaneiro de 2011
LIM: As plantas
Que pasaría se non houbese plantas?
Poderás coñecer a resposta a estas e a outras moitas preguntas se te atreves a xogar co LIM que leva por título "As plantas". Proba a resolver as actividades, os crebacabezas, as sopas de letras, os xogos de memoria... e verás cantas cousas novas aprendes sobre estes grupos de seres vivos.
Poderás coñecer a resposta a estas e a outras moitas preguntas se te atreves a xogar co LIM que leva por título "As plantas". Proba a resolver as actividades, os crebacabezas, as sopas de letras, os xogos de memoria... e verás cantas cousas novas aprendes sobre estes grupos de seres vivos.
xoves, 23 de decembro de 2010
FELIZ NADAL!!!
O profesorado do CEIP San Martiño quere desexarlles a toda a comunidade educativa unhas Boas Festas e que o ano 2011 veña cargado de ilusións e de desexos cumpridos.
Deixamos aquí este precioso vilancico para compartir con todas as familias do centro.
É o noso pequeno agasallo de Nadal...
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)





