martes, 3 de xaneiro de 2017
luns, 19 de decembro de 2016
CONCURSO ESCOLAR LITERARIO E DE EXPRESIÓN PLÁSTICA
Coincidindo coa celebración do "Ano Castelao", a área de cultura A.V. Salcedo Norte convocou un concurso escolar literario e de expresión plástica ao alumnado dos colexios da Parroquia de San Martiño de Salcedo.
O pasado sábado a Asociación de Veciños Salcedo Norte, celebrou na súa sede, a entrega de Premios do Concurso Escolar Literario e de Expresión Plástica sobre Castelao.
Os alumn@s galardonados foron os seguintes:
- CONCURSO ESCOLAR LITERARIO (Alumnado/a de 5ª e 6ª de E.P)
1ª PREMIO: Javier Rodríguez Celemín
2ª PREMIO: Raquel García García
3ª PREMIO: Carolina Abril Alonso Gómez
- CONCURSO ESCOLAR DE EXPRESIÓN PLÁSTICA ( Alumnado/a de 5ª e 6ª de E.P)
1ª PREMIO: Selena Rodríguez Gónzalez.
2ª PREMIO: Noa Pereira Cerdeiras.
3ª PREMIO: Sara Luisa Pazos Cuartas.
martes, 6 de decembro de 2016
DE MAIOR, QUERO SER BOMBEIRO.....
A pasada semana os nosos pequenos de 1º e 2º de Primaria, visitaron as instalación dos Bombeiros. A visita resultou moi emocionante para todos.
Pincha no seguinte enlace para ver a reportaxe: BOMBEIROS
martes, 22 de novembro de 2016
VAIA CASTAÑADA!!!!
Un ano máis divertímonos e comemos castañas polo Magosto....
Este ano foi o mesmo día de San Martiño... Que maneira mellor de celebralo!!!!!
Coma sempre asamos castañas, xogamos a moitas cousas e todo discurriu ben... Menos mal que non choveu!!! Máis de un mirada de cando en vez cara ás nubes..., pero ao final portáronse como se esperaba...
Dende aquí felicitacións unha vez máis ao alumando de 6º de Primaria que fixeron de monitores e monitoras nos xogos que se organizaron. Disque tiveron algún problemiña que outro, e é que certamente iso de ser profesor/a seica non é tan doado como parecía......
Por se lle apetece a alguén recordar, podedes pinchar na palabra MAGOSTO e ver una reportaxe gráfica que deixamos aquí para o recordo....
domingo, 30 de outubro de 2016
AI, QUE CABAZAS!!!!! NON TE RÍAS, CORRE...
E non podían faltar a exposición de cabazas no noso Cole polo Samaín.
Este ano, coma sempre, as familias colaboraron para poder ofrecer aos nosos alumnos esta maravilla, que entre medo, curiosodade e admiración é sempre tan ben recibida por todos e todas. Grazas familias!!!!!!!
Aproveitamos para agradecer tamén a ANPA do centro a súa implicación, organizando un Obradoiro o xoves pola tarde, para todas aquelas familias que quixeron compartir un momento de lecer, baleirando a súa cabaza...
Por último, o noso agradecemento e forte aperta para o avó de Mariño de 2º de Primaria, que obsequiou ao centro cunha "Señora Cabaza", que rapidamente convertemos na raíña da exposiciónm e que podedes ver nesta imaxe.
Se vos atrevedes a ver toda a exposición, pinchade neste enlace: CABAZAASSS!!!
UNHA DE MEDO POLO SAMAÍN....!!!!!!
...E chega o medo no día do Samaín....
Inda que resulte díficil de entender, o curioso é que un dos días do ano no que máis nos divertimos, é xustamente o día que máis medo nos fan pasar... En verdade non é para menos: este ano os profes do Cole dispuxéronse, un ano máis, a escenificar unha de medo, medo, medoooo!!!! ( Grazas profes polo voso esforzo e por ese ánimo incombustible...!!!!!!! ).
Pero ao final, rimos tanto que xa non sabiamos se o conto era de medo ou de risa... jajajjajajaj
Aquí vos deixamos unhas imaxes da posta en escena do conto: O PAPÓN....
| Para ver máis, pincha AQUÍ |
CONTADOR QUE ME CONTAS...
Un ano máis e co motivo da celebración do Días das Biblitoecas Escolares, oraganizamos a catividade de "Contador que me contas..." , na cal os maiores do colexio, contan, escenifican e recrean contos populares aos máis pequenos. Ao longo desta pasada semana, nas sesións da Hora de Ler o alumnado de 4º,5º e 6º entretivo aos seus compañeir@s cos contos de sempre, pero coa gracia, a motivación e todos os arreglos que cada ano improvisan e innovan para os máis pequenos...
| Se queres ver máis, pincha AQUÍ. |
xoves, 6 de outubro de 2016
APOSTANDO POLAS NOVAS TECNOLOXÍAS COS MÁIS PEQUENOS....
Neste curso escolar 2016/17 incorporamos dous novos proxectos:
Robótica, en Ed. Infantil: co traballo en equipo ,iniciaranse na programación e desenvolverán o pensamento lóxico, lateralidade, secuenciación de accións, motricidade fina...co robot PRO-BOT e ROBOTIX PETS, contando co sofware Probotix e xogos como Osmo Coding e Beebot no Ipad.
Scratch, unha linguaxe de programación para 2º de Primaria, coa que desenvolverán as competencias lingüística, matemática e tecnolóxica, baseado nunha metodoloxía de aprendizaxe cooperativa.
Os medios de comunicación xa se fixeron eco desta iniciativa. Por iso o pasado venres, no FARO DE VIGO aparece unha ampla entrevista sobre o tema e anteriormente PONTEVEDRA VIVA tamén adicou unha entrada a esta actividade innovadora e pioneira en Galicia
xoves, 29 de setembro de 2016
UN PRIMEIRO DÍA DE ESCOLA MOI ESPECIAL
Como todos sabemos, e cando digo todos refírome a nais, pais e
nenos, que os nervios de principio de curso son malos conselleiros.
Pois eu, ás sete e
media, un día antes da escola, estaba coma unha moto: correndo, brincando,
pensando no día seguinte… e volta a correr e a brincar. Xa vos dixen, coma unha
moto.
Cando acabei de cear e me metín na cama non podía cos nervios,
que se volta para aquí, que se volta
para alá. Ben, ao final quedei durmido
ás once e media.
Ao día seguinte levanteime, vestinme,
almorcei e ZÁS! Acordeime de que era o primeiro día de escola! Rapidamente
terminei de preparar a mochila, púxenme os zapatos e saín da casa coma un raio.
Ao chegar ao colexio encontreime con
todos os meus amigos e empezamos a falar das nosas vacacións. Nun momento tocou
o timbre e alí nas escaleiras dixéronnos quen ía ser o noso profesor. O noso
curso, 6º de primaria, foi o primeiro en subir.
Entramos e decatámonos de que todo
estaba cambiado … e para mellor! Subimos á segunda planta e entramos á nosa
nova clase. Na aula, as cadeiras tiñan postos os nosos nomes e fomos sentando.
Despois de estar falando un bo anaco
de todas as cousas importantes dun primeiro día de cole, déronnos o notición:
cada ano o alcalde visita un colexio para inaugurar o curso escolar, e este ano
tocounos a nós, xusto cando estamos en sexto e somos os maiores!
Como a maioría de nós non o coñeciamos
(algúns nin lle sabían o nome!), decidimos buscar información para preparar un
pouco a visita… e foi xusto nese momento cando chegou a directora acompañada da
profe Lola, o alcalde e uns fotógrafos.
Falamos e fixemos moitas preguntas,
desde por que quixo ser alcalde, ata cantos anos tiña. Ademais contounos cousas
como, por exemplo, que ía viaxar a Francia para presentar o proxecto de cidade
de Pontevedra.
No patio botamos un partido moi intenso, o meu equipo perdeu
pero paseino ben.
En resumo, a todos nos da tristeza dicirlle adeus ás
vacacións, pero cremos que este pode ser o mellor curso da nosa experiencia no
“San Martiño”. alumnado de
sexto

Para ver máis, pincha en FOTOS
BENVIDOS AO CURSO 2016/17
Benvidos ao
novo curso 2016-17!!!!!!
Esperemos que
veñades cargados de ilusións e moitas
ganas de descubrir as sorpresas que vos agardan. Podemos dicir que este ano o colexio
empeza coa cara lavada. Por fóra laváronlle as paredes. E por
dentro, un equipo do profesorado encargouse desinteresadamente de decorar e
acondicionar o vestíbulo. Esperemos que vos guste e que vos sintades cómodos.
Moito aniiiimo!!! E moitas ganas de ser feliz aprendendo
novas cousas.
Para ver máis pincha enriba de FOTOS.
Para ver máis pincha enriba de FOTOS.
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)








