Visitar museos resulta realmente importante, xa que a través de estas interaccións estase en contacto coas distintas culturas que existen, a historia de cada recuncho do mundo e tamén dan a posibilidade de comunicarnos a través das manifestacións artísticas.
Por todo isto, fixemos distintas visitas ao Museo de Pontevedra con propostas didácticas que vos imos amosar a continuación!
Os nenos e nenas de 6º de Educación Infantil realizamos o xoves 13 de decembro a actividade chamada “pensARTE”, onde fixemos unha serie de tarefas a partir da observación directa dunha selección de obras de arte contemporánea.
Algúns dos aspectos que traballamos foron: a expresión das emocións a través das cores, as formas xeométricas, o espazo, o desenvolvemento da imaxinación ou as diferentes técnicas empregadas nas diferentes obras (como cadros pintados con area, cordas...).
Comezamos a nosa visita escoitando música cos ellos pechados. O guía preguntounos que nos suxería esa música e a relacionamos cos diferentes cadros de Arturo Souto Feijoo expostos no museo, como "Máscaras africanas" ou "Composición".
Coñecemos diversas obras de Leopoldo Nóvoa García (artista galego de maior proxección da súa xeración), como o óleo sobre lienzo que ofrece a singularidade de estar pintado polas dúas caras. "Vendedor ambulante en Buenos Aires" e "Paisaxe mariñeiro" son as escenas que en elas se representan".
O guía propúxonos un reto: facer un quebracabezas coa escena "Paisaxe mariñeira"!
Finalizamos a visita recreando a nosa propia obra de arte a partir dun cadro de Luis Caruncho Amat titulado "Azul sobre azul nº27".
Sen dúbida foi unha visita emocionante! Seguiremos traballando na aula con algúns dos cadros vistos durante a mesma!
No caso do alumnado de 3º e 4º de Educación Primaria a actividade a realizar foi unha visita dinamizada "O retrato no século XIX ". A través deste xénero pictórico, en contínua revisión da arte, e coa axuda dun caderno didáctico, descubrimos...Que é un retrato? Quen os encargaba? Por que? Quen os facía? Como?...
A continuación deixámosvos a experiencia contada polos nenos e nenas de 4º de Educación Primaria:
A continuación deixámosvos a experiencia contada polos nenos e nenas de 4º de Educación Primaria:
VISITA AO MUSEO DE PONTEVEDRA , UNHA VIAXE POLO RETRATO DO
SÉCULO XIX
O xoves, 13 de setembro, o alumnado de 3º e 4º
visitamos o VI Edificio do Museo de Pontevedra, alí aprendemos moitas cousas sobre os retratos e
os autorretratos e a súa diferenza.

Explicáronnos que os cadros sempre teñen unha cartela ao lado onde pon a información importante: nome do pintor, datas do seu nacemento e a súa morte, nome da pintura, ano no que se pintou, o soporte e a técnica.
Tamén nos explicaron que podemos saber os
sentimentos que nos quere expresar o autor a través da mirada, e que os
retratos valen máis cando aparecen as orellas,
as mans ou se son de corpo enteiro.
Algúns cadros séguennos coa mirada, é coma se fora algún truco de maxia.
Ao final o guía explicounos que Concepción
Arenal foi a primeira feminista universitaria e que, para ir á Universidade, tiña
que vestirse coma un home.
Aquí vos contamos algunhas das impresións que
nos levamos desta visita tan interesante:
Sara: a min gustoume o retrato de Mª Carmen Cimadevila del Río. Ía vestida
cun vestido largo dunha cor celeste tirando para verde. Pintouse nun lenzo con
óleo, o seu autor é Mariano Tito Vázquez.
Noa: gustoume porque me recordaba a min de pequena.
Mauro e
Iago: o que
máis nos gustou foi un do pintor Benigno López Sanmartín. É un retrato de D.
José Riestra. A técnica que usou foi óleo sobre lenzo e foi pintado no ano
1899. Gustounos porque tiña pinta de ser un home importante.
Mariño
e Mateo: o noso
cadro preferido chámase Retrato de Cabaleiro, é de 1893 e gustounos porque era
moi realista, tanto que superaba ás fotos da época.
![]() |
| Para ver a nose reportaxe fotográfica pinchade aquí. |
O martes 18 de decembro descubriron o que é un museo dunha forma sinxela e atractiva: os seus
traballadores, un lugar onde se conserva, se expón, se investiga...
Durante o percorrido que fixeron polo museo, viron distintas coleccións: tesouro de Caldas de Reis, Sepulcro de Suero, mobles antigos, paisaxes, miniaturas, escultura Lázaro, retrato nena con xoguetes e louza de Sargadelos.
![]() |
| Se queredes ver outras fotografías deste día pinchade aquí. |
Como complemento aos contidos das diferentes materias impartidas no
centro, así como de vehículo para o desenvolvemento da sensibilidade, do goce
estético e da adquisición de valores culturais e sociais, o alumnado acudiu ao Museo de Pontevedra para realizar a seguinte visita
dinamizada, chamada “Seguindo as pegadas”.
O alumnado percorreu o Museo cunha ficha que lles permitiu coñecer, a
partir dos restos arqueolóxicos, algúns dos aspectos máis relevantes do noso
pasado, tales como: ferramentas líticas máis antigas de Galicia, petróglifos,
importantes pezas de ourivería ou obxectos de uso doméstico ou monumentos
epigráficos romanos.


Ningún comentario:
Publicar un comentario