O LUNS 8 DE ABRIL, INAUGUROUSE A XV SEMANA DA LECTURA, SOBRE O CAMIÑO DE SANTIAGO.
Arrancou co debut dos nenos e nenas de 4º de Educación Infantil e 2º de Educación Primaria. Os primeiros contáronnos os obxectos que leva Palmira (a súa mascota de aula) na súa mochila para facer o Camiño de Santiago e os últimos as etapas e curiosidades do Camiño Francés, partindo dende Roncesvalles.
O martes 9 de abril, segundo día da XV Semana da Lectura, tocoulle o turno a 5º de Educación Infantil e 1º de Educación Primaria. Os máis pequenos contáronnos como foi a viaxe de Popi, a súa mascota de aula, polo Camiño Portugués e os seguintes relatáronnos como comezou a lenda do Camiño De Santiago.
Parabéns a todos e todas, o fixéchedes xenial!
O xoves 11 de abril, penúltimo día da XV Semana da Lectura, o alumnado de 3º e 6º de Educación Primaria fixo un traballo conxunto moi bo. Primeiro explicáronnos as diferentes etapas, curiosidades, déronnos consellos sobre como prepararnos, que levar na mochila, os albergues, ... e logo o teatralizaron. Aprendemos moito de forma lúdica!
Despedímonos da XV Semana da Lectura con 6º de Educación Infantil que recitou unhas rimas dándonos uns consellos para facer o Camiño de Santiago.
Logo tocoulle a 4º de Educación Primaria, que traballou por equipos e fixeron exposicións relacionadas coas diferentes materias e motivacións do alumnado, como as plantas do Camiño, os diferentes Camiños...
Rematou 5º de Educación Primaria cun traballo moi completo sobre o Camiño do Norte.
Pinchade no seguinte enlace para ver a reportaxe: XV SEMANA DA LECTURA.
Grazas a todas as familias por asistir.
Rematou 5º de Educación Primaria cun traballo moi completo sobre o Camiño do Norte.
Pinchade no seguinte enlace para ver a reportaxe: XV SEMANA DA LECTURA.
Grazas a todas as familias por asistir.




Ningún comentario:
Publicar un comentario