O venres 10 de maio, o alumnado de Educación Infantil, asistiu ao Museo de Pontevedra para ver o espectáculo "Merenda con pan de millo".
Co gaio da celebración do Ano da Música pola Área de Cultura e Lingua da Deputación de Pontevedra e da semana das Letras Galegas, o Museo de Pontevedra, quixo achegar aos escolares de 3 a 6 anos o patrimonio inmaterial de música e lingua a través da obra de teatro musicalizada Merenda con pan de millo.
“Merenda con pan de millo” é un espectáculo baseado no Libro-disco Pan de millo. Nel combináronse cancións e narración oral, co proceso de elaboración do pan de millo como fío condutor.
Os nenos e nenas do CEIP San Martiño participaron cantando temas como: “Pan de millo”, “Miña “Abuela Manuela”, “O piollo e a pulga”, “Unha vella tiña un can” e “Que cousa, cousiña é?”.
![]() |
| Pinchando aquí podedes visualizar todas as fotografías e algún vídeo. |
Quedaron abraiados co ben que tocaba a banda de pulgas!

Ningún comentario:
Publicar un comentario