Por 5º ano consecutivo... 1º Premio Marie Curie por
"A tensión superficial nos líquidos"
O venres 31 de maio celebrouse Ponteciencia, e o alumnado de 5º e 6º de Educación Primaria estivo nesta feira da miniciencia participando nos diferentes talleres e facendo as exposicións de 4 investigacións. Un traballo impecable por parte do alumnado, que outro ano máis, sorprendeu a todos os asistentes! Parabéns!
![]() |
| Facer clic aquí par ver todas as fotografías. |
A Escola de Enxeñería Forestal foi escenario da VI Feira da Ciencia na que foron presentados entre o vernes 31 de mario e o sábado 1 de xuño, 47 traballos de investigación. A sesión de portas abertas facilitou que os asistentes puidesen coñecer de preto os proxectos e participar nas actividades científicas programadas pola organización.
Pontenciencia ten como obxectivo desenvolver o pensamento investigador. Iníciase a principios do curso escolar cunha charla sobre o método científico para o alumnado e as posteriores investigacións na aula e finaliza coa presentación das mesmas nun no evento final denominado "Feira da miniciencia".
Queremos deixar constancia do traballo e implicación do profesorado un ano máis nestes proxectos de ciencia: Diego Fariña por organizar e coordinar todos os proxectos presentados; a Fátima Sampayo por colaborar coa presentación e investigación de "Stop, velutinas" e a Patricia Sampayo e Cristina Pérez por serens as primeiras persoas en deseñar un dos proxectos co seu alumando de Infantil sobre a tensión superficial, ampliado e investigado posteriormente polo alumnado de 6º de primaria co seu profesor de Ciencias Naturais.
Estamos moi contentos porque por 5º ano consecutivo o colexio conseguiu o 1º Premio en Pontenciencia! Grazas a todos!
Parabéns polo gran traballo realizado!



Ningún comentario:
Publicar un comentario