O xoves 13 de xuño tivemos o pracer de recibir no C.E.I.P. San Martiño o chef Rubén González Vallejo do Cafetín de Pontevedra para pechar o proxecto de biblioteca sobre o Camiño De Santiago co alumnado de Educación Infantil.
A cociña é un marabilloso espazo para aprender xogando. Con este taller o alumnado puxo en práctica diferentes habilidades e reforzaron a aprendizaxe dunha maneira divertida.
A linguaxe tamén intervén en todos estes aspectos, o cal favorece a análise e comprensión. Ademais, ao ser un taller con todo o alumnado de infantil permitiu que se integraran con compañeiros e compa-ñeiras doutras aulas e vivir así una experiencia enriquedora!
Rubén e o seu equipo, ensináronnos e axudáronnos a facer a típica torta de Santiago para finalmente degustala. Foi unha mañá preciosa!
Grazas a todo equipo, voltade cando queirades!
![]() |
| Facer clic aquí para ver todas as fotogradías: TALLER COCIÑA. |



Ningún comentario:
Publicar un comentario