VISITA AO MUSEO
O venres, 10 de
xaneiro, o alumnado de 1º e 2º de Primaria achegouse ao Sexto Edificio do Museo Provincial de
Pontevedra para participar no programa “Coñece
o Museo de Pontevedra”. Cada grupo realizou unha actividade didáctica
diferente. As nenas e nenos de 1º de E.P. participaron na actividade
titulada “Que é un museo?” e 2º de E. P. ,
na actividade “Da paleta ao
lenzo”.
Os nenos e nenas
de 1º de E. P. aprenderon moitas cousas
sobre os museos en xeral e sobre o museo de Pontevedra. Fixeron un pequeno
percorrido pola exposición temporal que está agora mesmo no Sexto Edificio do Museo que leva o nome de “Galaicos” e ata puideron levar no seu pescozo un
torques coma calquera guerreiro ou home importante dos poboados celtas.
A través da
actividade “Da paleta ao lenzo” as nenas e nenos de 2º descubriron os
instrumentos que necesitan os pintores e as pintoras para realizar o seu
traballo, aprenderon o seu nome e a utilidade de cada un (pincel, paleta,
lenzo, cabalete…). Sabela, a guía, mostroulles diferentes técnicas para facer
un cadro (salpicando a pintura, con puntiños, pintura con esponxa, con
espátula…)
Tamén aprenderon
a clasificar os cadros según a temática que presentan (bodegóns, retratos,
paisaxes, mariñas).
Ao final da
actividade, tiveron que buscar nunha das salas un cadro no que aparecía unha
paleta e uns pinceis. E alí estaban, nun broche pequeno que levaba posto unha
muller, nai do pintor do cadro.
![]() |
O alumnado
pasouno xenial e aprendeu un pouco máis sobre a pintura.
| Fai click na foto para ver a nosa reportaxe |

Ningún comentario:
Publicar un comentario