Blog da Biblioteca do CEIP San Martiño

Salcedo-Pontevedra
____________________________________________________________________________________________________________________________________

sábado, 29 de outubro de 2011

CÓNTAME UN CONTO DE MEDO
Para celebrar o Día das Bibliotecas, que foi o pasado 24 de outubro e enlazando coa celebración do Samaín, organizamos varias sesións de contacontos que os maiores de 4º, 5º e 6º de Primaria prepararon para os seus compañeioros máis pequenos e que ocuparon a nosa Hora da Lectura o mércores e xoves desta semana.
Felicitamos a  todos os nenos e nenas que fixeron de contadores e contadoras pola  súa  excelente interpretación.



CONTO DE MEDO: O TÍO LOBO
Para celebrar o Samaín organizamos a escenificación dun conto de medo que se titulou O TIO LOBO e que foi representado por varios profesores e profesoras do centro.
Fíxose o relato na Hora de Ler en dúas sesións e resultou moi divertido. O público aplaudiu un montón e ademais aprendemos que non de pode ser como Carmela a protagonsita da historia, que por ser larpeira e mentireira veu o lobo e comeuna...
Aquí quedan estas imaxes para recordar.


EXPOSICIÓN DE CABAZAS NO SAMAÍN, 2011

xoves, 27 de outubro de 2011

Webquest: "12+1"

- Tedes algún amuleto que vos dea boa sorte?
- Evitades pasar por debaixo das escaleiras?
- Credes que o numero 13 dá mala sorte?
- Pedides un desexo antes de soprar as velas dunha tarta de aniversario?
    Se respondestes que si a algunha destas preguntas é que sodes algo supersticiosos. Pero, non vos sintades apenados se credes nalgún destes ou outros mitos ou supersticións. Desde que o ser humano existe, sempre tivo a tendencia a crer en fenomenos sobrenaturais, mitos populares ou sucesos inexplicables.
En calquera caso, sexamos ou non supersticiosos, os alumnos e alumnas do 3º ciclo de primaria imos a realizar unha investigación sobre as supersticións, a partir da WebQuest titulada "12 + 1", co obxectivo de axudarnos a superar este tipo de crenzas que non teñen ningunha base científica.

Se queredes coñecer o noso traballo clicade na imaxe da esquerda ou nesta ligazón.
MAGOSTO NO CEIP SAN MARTIÑO
O pasado sábado 22 de outubro a ANPA celebrou un Magosto no centro no cal non faltou de nada: houbo xogos populares, organizados pola empresa ANIAS e as castañas foron asadas por un castañeiro traído a Salcedo para que a protagonista da festa estivese no mellor punto.
Todo resultou ben e a festa foi un éxito. Deixamos aquí esta reportaxe para o recordo.

 

martes, 25 de outubro de 2011

Día das Bibliotecas 24/10/2011

A NOSA BIBLIOTECA XA TEN MASCOTA!!

No CALENDARIO DO LIBRO E A LECTURA hai uns “días festivos” que non debemos esquecer, un deles é o 24 de outubro, “DÍA DA BIBLIOTECA”.

Para celebrar esta data tan importante decidimos facerlle un agasallo “moi especial” á nosa Biblioteca Escolar: deseñar entre tod@s a súa MASCOTA e amosarlle cuns LEMAS o gran valor que ten para nós!!

Puxémonos tod@s mans á obra e convocamos dous concursos:

1. “Concurso de DEBUXO para deseñar a mascota da Biblioteca”.
Rematado o prazo de entrega dos traballos, seleccionáronse 3 mascotas de cada nivel de Infantil e Educación Primaria (foi MOI DIFÍCIL facer este traballo, porque tod@s eran moi bos!!). Entre eles está o deseño da mascota gañadora!! Cal será a nosa mascota??

2. “Concurso de LEMAS sobre a Biblioteca”.
Despois de moito ler, tivemos que seleccionar os oito lemas de todo o colexio que mellor expresaban o amor polos libros, a lectura e a Biblioteca.

Cada mes deste curso poderemos ler un deles na porta de entrada á nosa Biblioteca.

Xa temos un lema para cada mes!!

Noraboa a tod@s (gañador@s, finalistas e participantes)

Grazas por participar!!

Para ver a relación de ALUMN@S FINALISTAS E PREMIADOS nos dous concursos, pincha neste enlace ou na imaxe de arriba.

xoves, 20 de outubro de 2011

Azur e Asmar

COMEZAMOS O 1º PROXECTO DE INVESTIGACIÓN DA BIBLIOTECA ESCOLAR

O primeiro proxecto de investigación do 1º trimestre deste curso escolar titúlase: 12 + 1, MEIGAS FORA!!, coincidindo coa temática do “XIII Salón do Libro Infantil e Xuvenil” de Pontevedra.

Para achegarnos ao tema das SUPERSTICIÓNS e das CRENZAS POPULARES, @s nen@s de 2º e 3º Ciclo de Educación Primaria desfrutaron da película de animación de Michel Ocelot, “AZUR E ASMAR” (2007), director de “Kirikú y la bruja” e “Kirikú y las bestias salvajes”. Na mesma aparecen reflectidas algunhas supersticións que aínda seguen presentes hoxe en día.

AZUR E ASMAR” é ante todo unha fábula sobre a TOLERANCIA. É unha historia de RESPECTO A OUTRAS CULTURAS que comeza así ...

Azur e Asmar son dous nenos que foron criados en Francia coma se fosen irmáns, pero son moi diferentes. Azur é fillo dun nobre rico. É louro e ten os ollos azuis. Asmar é fillo da ama de cría da familia. É pobre, o seu pelo e os seus ollos son negros. Os nenos medran xuntos, pelexándose e amándose coma se fosen irmáns, pero a vida sepáraos bruscamente...

Na Biblioteca temos un LIBRO FERMOSÍSIMO titulado “En tiempos de Azur y Asmar”, recomendado especialmente para nen@s de 5º e 6º de Primaria. Coa súa lectura poderán descubrir que a época na que se desenvolve “Azur e Asmar” foi un periodo brillante da Idade Media. Durante este tempo a civilización islámica, os musulmáns, xudeos e cristiáns convivían en tolerancia nunha sociedade próspera, chea de esplendor e onde intercambiaban ideas, textos e coñecementos.

Despois de ver “AZUR E ASMAR”, podes realizar esta actividade LIM para comprobar se realmente gozastes desta fermosísima película. Tedes que pinchar neste enlace ou na imaxe da ventá da dereita para poder comezar a actividade.