Blog da Biblioteca do CEIP San Martiño

Salcedo-Pontevedra
____________________________________________________________________________________________________________________________________

venres, 3 de decembro de 2021

DÍA INTERNACIONAL DAS PERSOAS CON DISCAPACIDADE

Hoxe, 3 de Decembro, conmemoramos o día Internacional das Persoas con Discapacidade.

A comunidad educativa do CEIP San Martiño apostamos sempre pola INCLUSIÓN, xa que cremos que é a base do respecto aos Dereitos Humanos e a Paz, e por iso, traballamos para que o noso alumnado conciéncese e poida axudar a mellorar as situacións das personas con discapacidade e, sobre todo, a que a igualdade de oportunidades sexa a mesma para todas e todos.

Para as nenas e nenos, sobre todo os máis cativos, non é doado entender que lles ocorre ás persoas con discapacidade, sobre todo cando falamos de discapacidade mental; eles soamente ven personas ás que ven como "raras" pero non fancedo un xuízo de valor, senón porque non logran comprender a maneira na que interactúan e participan con ellas/eles. É por iso que,  temos motivos, máis que suficientes, para levar a cabo actividades ao longo de todo o curso en relación coa integración, aceptación e inclusión das personas que presentan algunha discapacidade. 

Como mestras e mestres temos a grande sorte de aprender moitísimo das/dos nosas/os pequenos que presentan discapacidade, e é  un aliciente moi grande para continuar formándonos, porque soamente así, poderemos axudarlles a conseguir o seu benestar en todos os ámbitos. 

Durante esta semana, estivemos a traballar o conto de MARILUNA, un libro que narra a historia dunha nena con TEA e da relación coa súa familia:

"Sus ojos son del color del mar dormido" "Sabemos que nos miran, no sabemos si nos ven"

"Dice mi padre que Mariluna crece despacio porque va a su ritmo"

" Dice mi madre que si su mundo fuera nuestro mundo, no sería Mariluna"

"Pero ahora sé que no hay nadie como ella, que tenemos mucha suerte de que naciera en plenilunio y me gusta que se llame Mariluna"

Unha historia moi difícil de explicar pero que grazas ao texto maravilloso, as magníficas ilustracións e o traballo posterior, o alumnado máis cativo foi capaz de comprender que Mariluna é unha nena moi especial á que todo o mundo adora e que se non fora como é... NON SERÍA MARILUNA.

O vídeo que presentamos a continuación foi grabado polo alumnado e como podedes escoitar hai voces das/dos máis pequerrechas/os ata as/os maiores do colexio.








martes, 30 de novembro de 2021

OBRADOIRO DE REGUEIFAS

Hoxe o alumnado de 5º de Educación Primaria tivo a sorte de poder disfrutar dun obradoiro de Regueifas.

Regueifas, Pan de voda, estrofa, copla popular, versos octosílabos, rima, ritmo ou leixaprén son algunhas das palabras que as nenas e nenos escoitaron durante esta mañá. 

Recibir a dous reguefeiros famosos como Pinto d'Herbón e O Caruncho foi todo un privilegio, xa que as/os máis novas/os non son coñecedoras nin coñecedores destas cantigas/cantos de orixen galego-português, de grande importancia para a cultura galega. 

Entre outras cousas, aprenderon a combinar rimas ao ritmo da zanfona e tamén das súa voz, o que lles servirá para ir quecendo motores de cara ao próximo Certame de Regueifas no que participarán con outros centros de Galicia. 

Deixámosvos unha fotos para que vexades o ben que o pasaron e o que o disfrutaron... TARA RIRO RIRO RIRO (…)








venres, 26 de novembro de 2021

 25 N DÍA INTERNACIONAL CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO

Onte, hoxe, mañá e SEMPRE traballaremos para que todas as nenas e mulleres aunemos as nosas voces,  gritemos e proclamemos ao mundo que somos libres, que a nosa vida non é un xogo nin que somos o xoguete de ninguén. 

Traballamos dende a IGUALDADE, porque estamos convencidas e convencidos que é a base para que a Violencia de Xénero desapareza.

É por iso que a través dos contos, de obradoiros, de cancións, de charlas... o noso alumnado aprende a dicir NON, a que se lles respecten, a respectarse, a non ter medo e a non dar medo, a valorarse, a sentirse valoradas e a valorar.

Durante toda a semana levamos a cabo diversas actividades en relación ao 25 de Novembro.

Comezamos coa decoración da entrada do colexio; un lazo enorme e precioso formado por moitos lazos pequeños onde cada alumna/o escribiu palabras e/ou frases relacionadas coa Violencia de Xénero e co lema escollido "NON PECHES OS OLLOS"

Dende as máis pequenas e pequenos do colexio ata as/os maiores fixemos unhas chapas para lucir durante todo o día de onte co mesmo lema. Foron feitas con cápsulas de café e cartolinas e a verdade é que o resultado foi espetacular.

Cremos firmemente que a lectura é a maneira máis divertida, motivadora e sinxela de aprendizaxe e sempre que temos a oportunidade aproveitamos os contos para traballar calquera temática

E no Día Internacional Contra a Violencia de Xénero non podía ser distinto.

Tivemos a sorte de  contar con Carmen Sieiro e Lola Ayán, duas mestras xubiladas que nos agasallaron cuns contacontos preciosos:

"Pepuka y el mostruo que se llevó su sonrisa" e "O país dos mandóns" foros os contos elexidos para o alumnado de Educación Infantil e primero nivel de Educación Primaria da man de Carmen Sieiro











E para o alumnado de segundo, terceiro e cuarto nivel de Educación Primaria o conto escollido foi "Xela volveuse vampira" que foi contado por Lola Ayán







 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
Os maiores do colexio puideron disfrutar dunha charla organizada por dúas coordinadoras das Escolas Asociadas da UNESCO: Luisa Márquez Rodríguez e de María Jesús Enguídanos Floreani, ambas mulleres xubiladas (mestra e profesora) . A charla tivo como eixo principal a prevención da violencia de xénero. Todo o alumnado, estivo moi activo, participativo e sobre todo reflexivo.







Ademáis, creamos un RINCÓN VIOLETA na nosa biblioteca para que todo o alumnado e profesorado poida desfrutar de libros e contos.




domingo, 14 de novembro de 2021

Magosto 2021



Siiiii!!! Por fin!!! Onte puidimos celebrar de novo o Magosto no cole. Un día especial, con moitos xogos e sorpresas!

Todas e todos disfrutamos moitísimo do marabilloso día que tivemos. O sol lucía desde primeira hora da mañá, o que nos permitiu organizar todo para que, a primeira actividade con todo o alumnado despois da pandemia, resultase un éxito! E así foi!!! As cara de felicidade de todas e todos eran incribles, sorrisos, emocións, ganas de pasalo ben... era o que se respiraba, dende o máis pequenos ata as mestras e mestres.

A celebración do magosto comezaba coa realización de xogos en distintas zonas do patio. Cada curso tiña  un lugar asinado onde estaría esperándolles unha/un mestra/e para explicarlles o xogo. Tivemos xogos de lóxica, de habilidade, de resistencia física, de sorte, xogos tradicionais, de música... Cando remataba o tempo cambiábase de xogo, e así todo o alumnado puido pasar por tódolos recunchos.

No medio de tanto xogo fixemos un descanso para degustar as deliciosas castañas asadas polo noso conserxe Manolo e o noso compañeiro Emilio. Non podían estar máis boas!!!!

Pero iso non foi todo!!! A ANPA agasallou a todo o alumnado e profesorado cuns boliños de chourizo e unha bica, feita polo profesorado e alumnado do CIFP Carlos Oroza, que estaban deliciosos.

Non podemos deixar de mencionar a todas e todos as/os compañeiras/os por todo o esforzo, pola ilusión de volver, dentro do que cabe, a normalidade, polo traballo en equipo de todo o claustro e persoal non docente, polo traballo das nais que nos axudaron a que todo fora máis sinxelo e sobre todo as/aos nosas/os pequenas/os por facernos sentir que todo merece a pena e que todo ten sentido grazas a elas/es.

Podedes ver todas as imaxes premendo aquí.



















venres, 30 de abril de 2021

A Pontevedra das Letras. 6º de Educación Primaria

E para poñer punto e final a esta XVI Semana da Lectura deixámosvos co estreo de:

 A Pontevedra das Letras

A Pontevedra das Letras é unha obra de teatro creada polo alumnado de 6º de Educación Primaria na que catro turistas, acompañadas dun guía, visitan distintas rúas de Pontevedra que levan o nome dalgunha persoa á que se lle dedicaron as Letras Galegas.


As fontes de Pontevedra. 1º de Educación Primaria

 As fontes de Pontevedra