Blog da Biblioteca do CEIP San Martiño

Salcedo-Pontevedra
____________________________________________________________________________________________________________________________________

xoves, 31 de maio de 2012

Xogos populares: a billarda (II)

Continuando coas actividades relacionadas coa recuperación de xogos populares, os alumnos e alumnas de 5º e 6º de primaria participaron, o pasado mércores 30 de maio, na "Xornada de billarda" organizada polo Servizo de Normalización Lingüística do Concello de Pontevedra, xunto con outros catro centros de ensino da cidade (Campolongo, Xeve, Lérez e Campañó).

Se queredes ver a reportaxe fotográfica non tedes máis que visitar o noso bog de Normalización Lingüística: Oñitram

sábado, 5 de maio de 2012

Charla sobre o mel

O venres 4 de maio tivemos unha charla-degustación sobre o mel, as abellas e as colmeas organizada Consello Regulador da Indicación Xeográfica Protexida Mel de Galicia.

venres, 4 de maio de 2012

O xogo da billarda

Hoxe, venres 4 de maio, visitáronnos dous monitores da Asociación Cultural Ecobateas para presentarnos o tradicional xogo da billarda. Esta actividade encádrase dentro da programación do “Maio, mes da lingua”, organizado polo Servizo de Normalización Lingüística do Concello de Pontevedra.

A billarda ou estornela é un xogo popular, recuperado e posto en valor nos últimos anos. As regras deste xogo son zonais, polo que é difícil atopar varias zonas que xoguen coas mesmas regras.

Para xogar necesítase: un pequeno pau (duns 20 cm.) lixeiramente afiado nos extremos chamado billarda, e outro pau de maior tamaño e grosor (ao redor de 50 cm.) chamado palán.

O xogo consiste en golpear co palán nunha das puntas da billarda (que está colocada no chan), de xeito que se fai saltar a billarda, e, xa no aire, dáselle un segundo golpe que a despide a maior distancia. Gaña o xogador que consigue chegar coa billarda ata o varal (especie de portería) antes que os seus contrincantes.

Na seguinte reportaxe fotográfica podedes ver como os alumnos e alumnas de 5º e 6º de primaria pasárono en grande con este xogo tradicional, que volverán a practicar nun encontro que se celebrará a finais deste mes de maio, xunto con rapaces e rapazas doutros centros do concello de Pontevedra.

martes, 1 de maio de 2012

OBRADOIROS DE INTERCULTURALIDADE

A pasada semana celebramos no centro varios obradoiros sobre a interculturalidade: en educación infantil contamos coa colaboración do músico cubano Pedro Campos que presentou aos máis pequenos unha sesión de percusión tradicional e corporal, aprendendo tamén o nome e o son de varios instrumentos musicais propios do seu país.
Por outro lado, os alumnos de educación primaria estiveron traballando con contos e xogos do mundo da man da ONG Solidariedade Internacional de Galicia, que veu ao noso centro a falarnos da cultura e forma de vida no Sáhara.
Deixamos aquí reportaxes gráficas destas actividades.