Blog da Biblioteca do CEIP San Martiño

Salcedo-Pontevedra
____________________________________________________________________________________________________________________________________

xoves, 30 de outubro de 2014

CONTO DE MEDO + EXPOSICIÓN DE CABAZAS = TERROR ASEGURADO

E así celebramos este ano o Samaín 2014.

CÓNTAME UN CONTO...
Para nós ir á biblioteca é unha festa todo o curso, mais no mes de outubro, por ser o 24 O Día das Bibliotecas, celebrámolo de maneira especial. Dende xa fai anos, facemos  unha actividade titulada: CÓNTAME UN CONTO,  que consiste en que  o alumnado máis grande do colexio, en concreto, os cursos 4º, 5º, e 6º  cóntanlles un conto ao resto, que son os pequenos de Infantil e 1º, 2º e 3º de Primaria.

Os preparativos  teñen que empezar con tempo, porque hai que facer os grupos de contadores, elixir os contos que se han de contar, traducilos ao galego  se están noutra lingua e despois ensaiar.

Os recreos e as horas da ler convértense por uns días en aulas de teatro para que os contos estean listos para o día que toca a contada.

Así durante estes días, saíron a pasear  polas aulas, corredores e biblioteca do colexio: a Carapuchiña cos Tres Porquiños e os dous lobos, Os Músicos de Bremen , O Gato con Botas e  Hansel e Gretel  todo aderezado cunhas Fabas Máxicas . Non faltaron personaxes de nova creación  inventados polo alumnado de 6º de Primaria  como: A Princesa do Século XXI e  tamén A Banda de Inimigos .

Que ben o pasamos estes días,  gozando de contar e escoitar contos, os contadores son tan aplaudidos polo público, que sempre teñen que repetir a contada, unha e ata dúas veces ou máis.

Vivan  os contos!!!!

Vivan as bibliotecas !!!!!

domingo, 26 de outubro de 2014

OUTUBRO: MES DAS BIBLIOTECAS


A vida dunha Biblioteca nin se imterrompe nin remata nunca: sempre está a dar vida aos libros e ás lecturas...
 
Este mes de Outubro, de forma especial, está traballando para celebrar o mes das Bibliotecas, por iso hai moita actividade no colexio.
Estes días precisamente rematouse  un mural colectivo no pasillo inferior, no cal participou todo o alumnado.
Inspirándonos no modelo da árbore da vida de Gustav Klimt, deseñamos una composición titulada A árbore dos libros. Cada lectura recordada de forma particular por parte dos nosos alumn@s e profesor@s foi plasmada nas follas desta árbore tan esepcial.
 
Quedará connosco durante un tempo para que poidamos con ela rememorar grandes momentos de lecturas...