Blog da Biblioteca do CEIP San Martiño

Salcedo-Pontevedra
____________________________________________________________________________________________________________________________________

luns, 26 de marzo de 2012

21 DE MARZO, DÍA DA POESÍA
Este ano celebramos este día dun xeito moi especial.
Primeiro lemos e debuxamos poesías que despois pegamos no mural do vestíbulo do colexio, que nos quedou moi bonito. Despois fomos á biblioteca onde había a presentación do libro: Poemas con Piruleta, que fixeron algunhas alumnas de 6ªcurso: Ana, Elia, Lara, Laura e Raquel. Foi unha presentación preciosísima porque nos falaron do libro e de que coñeceran ao autor, que é Carlos Fontes no Culturgal cando foran pintar os graffitis que agora están no colexio. Foi alí onde  dedicou o libro a nosa biblioteca.
O máis bonito é que mesturaron os poemas con música, cantaron algunhas cancións como A saía de Carolina e tocaron varios instrumentos. Elia deixounos abraiados co son do seu violín e as demais nenas do ben que tocaron as frautas.
Raquel escribiu para a presentación: ”Carlos Fontes é un poeta que vive en Pontevedra. Recibiu varios premios de poesía. Poemas con Piruleta son bonitas poesías para aprender o solfexo, cantas cores hai no mundo, como se chaman as árbores e as letras ... Carlos é moi divertido e rimos moito con el, tamén nos prometeu que cando sacara outro libro viría aquí ao colexio e nolo amosaría.”
Gustounos moitísimo a todos, por eso nos pareceu que durou pouco.
  

luns, 19 de marzo de 2012

COÑECENDO INSTRUMENTOS
Dentro do noso proxecto de interculturalidade en Educación Infantil comezamos coñecendo algúns instrumentos da cultura galega, par o cal contamos coa colaboración da nosa exalumna Marta Gómez Martín que nos fixo unha demostración da pandeireta e José Piñerio Garrido cun concerto didáctico de gaita.
Aprendemos e disfrutamos moito.

venres, 16 de marzo de 2012

VISITA AO SALÓN DO LIBRO 12+1 

O día 8 de marzo foi cando nos tocou ir visitar o Salón do Libro. Fomos todo o colexio e como eramos moitos tiveron que vir catro autobuses para trasladarnos  ata o Pazo da Cultura.
Este ano trataba das supersticións. Ao chegar alí vimos uns gatos  xigantes de cor negra e o letreiro: 12 + 1- meigas fóra!
 Como de costume recibiunos o lobo Orbil. Logo viñeron varios monitores e monitoras que nos levaron a facer diferentes obradoiros segundo a nosa idade; os máis pequenos foron escoitar varios conta contos, os de segundo e terceiro ciclo fixemos obradoiros sobre os meigallos antes de ir visitar as exposicións.
Os de 6º fixemos un saquiño de barro, que é un amuleto para a boa sorte; dentro metemos: unha pedra da cova da moura, un misto, un céntimo, pó máxico, bágoas de moura  e o máis importante os nosos desexos cun soprido.
Cando rematamos atámolo cun cordel e puxémoslle o noso nome, logo levámolo para a casa.
Despois, pasamos  á sala de exposición a ver os traballos dos coles, alí tamén se atopaba o noso trevo de catro folas  titulado: Meigas Fóra, onde están todos os contos que escribimos,  e o estudio de supersticións que fixemos entre todo o alumnado do colexio.
Inda nos faltaba pasar polos espacios,  o do cruceiro, e algúns máis,
Por último, probamos a sorte na roda da fortuna e como xa era un pouco tarde tivemos que marchar.
Ao saír fixemos unha bonita foto debaixo do gato da entrada.
Foi unha excursión chea de supersticións. Gustounos moito esta saída porque aprendemos divertíndonos.                                         6º curso

martes, 6 de marzo de 2012

 CONVIVENCIA MUSICAL COS CHICHISOS

Dentro do programa  da ANPA do colexio Marzo Cultural, o grupo de música galega os Chichisos   fixeron unha actuación didáctico musical, na que ademais de tocar,  amosaron os instrumentos da música tradicional e moitos outros feitos na casa , que
noutros tempos, facían os nenos; Chifres  con bugallos ou con casca de noz,  frautas con canas ou follas coas que se pode facer música.
Foi unha velada de festa na que participaron ademais dos nenos algúns pais tocando cos músicos e algunha nai e profesora cantando e bailando.
A festa rematou cunha merendola e todos tan contentos.
Felicidades a ANPA por esta iniciativa de dar a coñecer a nosa cultura musical.
 

xoves, 1 de marzo de 2012

CHARLA DE ARQUEOLOXÍA
A ANPA do CEIP San Martiño inaugura este ano unha serie de actividades que levan por título MARZO CULTURAL, cunha charla dirixida aos alumnos de 3º, 4º e 5º de educación Primaria sobre arqueoloxía, centrada sobre todo nos petroglifos de Tourón (Ponte Caldelas) a cargo do profesor Buenaventura Aparicio Casado, que conta no seu haber con varias publicacións sobre o tema e que ademais é unha persoa destacada e recoñecida dentro deste campo. Desde Salcedoteca queremos agradecer a súa presenza no centro e tamén loubar o labor e o interese da directiva da ANPA en organizar os eventos do MARZO CULTURAL que esperermos sexan de proveito e agrado de tod@s.
Deixamos a continuación esta pequena reportaxe sobre a charla de arqueoloxía, que tanto gustou e disfrutou o noso alumnado.