Blog da Biblioteca do CEIP San Martiño

Salcedo-Pontevedra
____________________________________________________________________________________________________________________________________

martes, 30 de novembro de 2021

OBRADOIRO DE REGUEIFAS

Hoxe o alumnado de 5º de Educación Primaria tivo a sorte de poder disfrutar dun obradoiro de Regueifas.

Regueifas, Pan de voda, estrofa, copla popular, versos octosílabos, rima, ritmo ou leixaprén son algunhas das palabras que as nenas e nenos escoitaron durante esta mañá. 

Recibir a dous reguefeiros famosos como Pinto d'Herbón e O Caruncho foi todo un privilegio, xa que as/os máis novas/os non son coñecedoras nin coñecedores destas cantigas/cantos de orixen galego-português, de grande importancia para a cultura galega. 

Entre outras cousas, aprenderon a combinar rimas ao ritmo da zanfona e tamén das súa voz, o que lles servirá para ir quecendo motores de cara ao próximo Certame de Regueifas no que participarán con outros centros de Galicia. 

Deixámosvos unha fotos para que vexades o ben que o pasaron e o que o disfrutaron... TARA RIRO RIRO RIRO (…)








venres, 26 de novembro de 2021

 25 N DÍA INTERNACIONAL CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO

Onte, hoxe, mañá e SEMPRE traballaremos para que todas as nenas e mulleres aunemos as nosas voces,  gritemos e proclamemos ao mundo que somos libres, que a nosa vida non é un xogo nin que somos o xoguete de ninguén. 

Traballamos dende a IGUALDADE, porque estamos convencidas e convencidos que é a base para que a Violencia de Xénero desapareza.

É por iso que a través dos contos, de obradoiros, de cancións, de charlas... o noso alumnado aprende a dicir NON, a que se lles respecten, a respectarse, a non ter medo e a non dar medo, a valorarse, a sentirse valoradas e a valorar.

Durante toda a semana levamos a cabo diversas actividades en relación ao 25 de Novembro.

Comezamos coa decoración da entrada do colexio; un lazo enorme e precioso formado por moitos lazos pequeños onde cada alumna/o escribiu palabras e/ou frases relacionadas coa Violencia de Xénero e co lema escollido "NON PECHES OS OLLOS"

Dende as máis pequenas e pequenos do colexio ata as/os maiores fixemos unhas chapas para lucir durante todo o día de onte co mesmo lema. Foron feitas con cápsulas de café e cartolinas e a verdade é que o resultado foi espetacular.

Cremos firmemente que a lectura é a maneira máis divertida, motivadora e sinxela de aprendizaxe e sempre que temos a oportunidade aproveitamos os contos para traballar calquera temática

E no Día Internacional Contra a Violencia de Xénero non podía ser distinto.

Tivemos a sorte de  contar con Carmen Sieiro e Lola Ayán, duas mestras xubiladas que nos agasallaron cuns contacontos preciosos:

"Pepuka y el mostruo que se llevó su sonrisa" e "O país dos mandóns" foros os contos elexidos para o alumnado de Educación Infantil e primero nivel de Educación Primaria da man de Carmen Sieiro











E para o alumnado de segundo, terceiro e cuarto nivel de Educación Primaria o conto escollido foi "Xela volveuse vampira" que foi contado por Lola Ayán







 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
Os maiores do colexio puideron disfrutar dunha charla organizada por dúas coordinadoras das Escolas Asociadas da UNESCO: Luisa Márquez Rodríguez e de María Jesús Enguídanos Floreani, ambas mulleres xubiladas (mestra e profesora) . A charla tivo como eixo principal a prevención da violencia de xénero. Todo o alumnado, estivo moi activo, participativo e sobre todo reflexivo.







Ademáis, creamos un RINCÓN VIOLETA na nosa biblioteca para que todo o alumnado e profesorado poida desfrutar de libros e contos.




domingo, 14 de novembro de 2021

Magosto 2021



Siiiii!!! Por fin!!! Onte puidimos celebrar de novo o Magosto no cole. Un día especial, con moitos xogos e sorpresas!

Todas e todos disfrutamos moitísimo do marabilloso día que tivemos. O sol lucía desde primeira hora da mañá, o que nos permitiu organizar todo para que, a primeira actividade con todo o alumnado despois da pandemia, resultase un éxito! E así foi!!! As cara de felicidade de todas e todos eran incribles, sorrisos, emocións, ganas de pasalo ben... era o que se respiraba, dende o máis pequenos ata as mestras e mestres.

A celebración do magosto comezaba coa realización de xogos en distintas zonas do patio. Cada curso tiña  un lugar asinado onde estaría esperándolles unha/un mestra/e para explicarlles o xogo. Tivemos xogos de lóxica, de habilidade, de resistencia física, de sorte, xogos tradicionais, de música... Cando remataba o tempo cambiábase de xogo, e así todo o alumnado puido pasar por tódolos recunchos.

No medio de tanto xogo fixemos un descanso para degustar as deliciosas castañas asadas polo noso conserxe Manolo e o noso compañeiro Emilio. Non podían estar máis boas!!!!

Pero iso non foi todo!!! A ANPA agasallou a todo o alumnado e profesorado cuns boliños de chourizo e unha bica, feita polo profesorado e alumnado do CIFP Carlos Oroza, que estaban deliciosos.

Non podemos deixar de mencionar a todas e todos as/os compañeiras/os por todo o esforzo, pola ilusión de volver, dentro do que cabe, a normalidade, polo traballo en equipo de todo o claustro e persoal non docente, polo traballo das nais que nos axudaron a que todo fora máis sinxelo e sobre todo as/aos nosas/os pequenas/os por facernos sentir que todo merece a pena e que todo ten sentido grazas a elas/es.

Podedes ver todas as imaxes premendo aquí.