Siiiii!!! Por fin!!! Onte puidimos celebrar de novo o Magosto no cole. Un día especial, con moitos xogos e sorpresas!
Todas e todos disfrutamos moitísimo do marabilloso día que tivemos. O sol lucía desde primeira hora da mañá, o que nos permitiu organizar todo para que, a primeira actividade con todo o alumnado despois da pandemia, resultase un éxito! E así foi!!! As cara de felicidade de todas e todos eran incribles, sorrisos, emocións, ganas de pasalo ben... era o que se respiraba, dende o máis pequenos ata as mestras e mestres.
A celebración do magosto comezaba coa realización de xogos en distintas zonas do patio. Cada curso tiña un lugar asinado onde estaría esperándolles unha/un mestra/e para explicarlles o xogo. Tivemos xogos de lóxica, de habilidade, de resistencia física, de sorte, xogos tradicionais, de música... Cando remataba o tempo cambiábase de xogo, e así todo o alumnado puido pasar por tódolos recunchos.
No medio de tanto xogo fixemos un descanso para degustar as deliciosas castañas asadas polo noso conserxe Manolo e o noso compañeiro Emilio. Non podían estar máis boas!!!!
Pero iso non foi todo!!! A ANPA agasallou a todo o alumnado e profesorado cuns boliños de chourizo e unha bica, feita polo profesorado e alumnado do CIFP Carlos Oroza, que estaban deliciosos.
Non podemos deixar de mencionar a todas e todos as/os compañeiras/os por todo o esforzo, pola ilusión de volver, dentro do que cabe, a normalidade, polo traballo en equipo de todo o claustro e persoal non docente, polo traballo das nais que nos axudaron a que todo fora máis sinxelo e sobre todo as/aos nosas/os pequenas/os por facernos sentir que todo merece a pena e que todo ten sentido grazas a elas/es.
Podedes ver todas as imaxes premendo aquí.
Ningún comentario:
Publicar un comentario