martes, 20 de decembro de 2011
F E L I Z N A D A L
Así quedou este ano a nosa árbore de Nadal, grazas á colaboración de todas as familias que forman a nosa comunidade educativa.
"Felices Festas!! e que este espíritu de colaboración e axuda entre todos os que formamos o CEIP San Martiño siga sendo a nosa seña de identidade no próximo 2012, aunando así esforzos para levar adiante o noso proxecto de educación."
GAÑADORES DUN DIPLOMA!!!
O alumnado do CEIP San Martiño, usuarios do Comedor escolar, realizaron este ano unha postal de nadal en tridimensional que gañou o Diploma á mellor postal.
Dende aquí a nosa noraboa e felicitaciós a todos os nosos alumnos e alumnas participantes. Sentímonos moi orgullosos do seu premio!!!
luns, 19 de decembro de 2011
GAÑADORES NO CONCURSO PLANTANDO UN ARCO DA VELLA
Varios dos nosos alumnos de educación Infantil e Primaria participaron este ano no Concurso organizado pola Fundación Meniños en colaboración co Concello de Pontevedra.
Resultou gañador dun Diploma na modalidade de narración o noso alumno de 5º de Ed. Primaria, Anxo Gómez Martín.
Nos congratulamos con él e felicitámolo dende Salcedoteca.
Parabéns tamén para todos os demais participantes que realizaron debuxos de grande calidade e que foron seleccionados para participar na Exposición que se organizará para este Nadal no Teatro Principal de Pontevedra. Animamos a tod@s a visitala!!!
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)