Blog da Biblioteca do CEIP San Martiño

Salcedo-Pontevedra
____________________________________________________________________________________________________________________________________

luns, 31 de xaneiro de 2022

Unha maneira divertida e saudable 

de educar na soliedariedade!

O pasado venres, 28 de xaneiro disfrutamos dunha xornada festiva moi especial. Todo o alumnado, dende Educación Infantil ata Educación Primaria participaou na I CARREIRA SOLIDARIA  en favor de Save the Children.  As/os  nosas/os cativas e cativos puxeron as zapatillas, correron e conseguiron fondos para apoiar e axudar programas en educación, supervivencia e protección para as/os  nenas e nenos que máis o necesitan.

A situación provocada pola COVID-19 obrigounos a ser imaxinativos e, cumprindo cos protocolos  necesarios, facendo unha saída de carreira escalonada, sempre respectando os grupos burbulla, conseguimos vivir unha xornada moi especial. 

Agradecemos ás nais e pais o seu apoio e participación e, por suposto, a todas as entidades locais, policía e protección civil, que nos axudaron a levar a cabo esta actividade. E o noso agradecemento máis sincero para Luis Montes, pai dun alumno do noso centro, vinculado ao mundo do balonmán e do deporte e que nos axudou nas tarefas de apadrinamento da nosa carreira. 
Para nós é moi importante comezar a retomar estas xornadas e que mellor forma de celebrar o Día Escolar pola Paz e a Non Violencia que axudando ás nenas e aos nenos que o necesitan agora máis que nunca.

Ademais foi un día emocionante para o noso alumnado coa entrega  dos premios do I CONCURSO DE DEBUXOS e RELATOS POLA PAZ. As/os premidadas/os foron:

 Debuxos pola Paz

Categoría A: Alejandra Alfonso Mosquera de 6º de EI

Categoría B: Uxía Haedo López de 2º de EP

Relatos pola Paz

Categoría A: Luis González Blanco de 3º EP

Categoría B: Martina Álvarez Mouriño de 6º EP

Moitas grazas a todo o alumnado participante. Foi difícil a elección dos gañadores porque todos os traballos tiñan algo especial.

Se queres ver todas as fotos preme na foto






 




mércores, 26 de xaneiro de 2022

I CARREIRA SOLIDARIA POLA PAZ

Percorrendo o mundo enteiro con

 Quilómetros e quilómetros de Solidariedade!

Dende a comunidade educativa do CEIP San Martiño queremos participar no proxecto de SAVE THE CHILDREN mobilizándonos para axudar a miles de nenas e nenos que viven en situacións precarias.

Este venres 28 de xaneiro correremos por e para esas/esos cativas/os e celebraremos dunha maneira moi especial e diferente do Día Escolar pola Paz e a Non Violencia.

Será unha xornada festiva, con moitas sorpresas para todo o alumnado onde o deporte non será o máis importante, pero sí un nexo de unión entre nós e o resto do mundo.

A carreira comezará a 12:00h e será un circuito arredor do centro educativo.

Estades todas e todos invitadas/os a celebrar este día connosco. 

ESPERÁMOSVOS!



 

luns, 24 de xaneiro de 2022

I Concurso de DEBUXO e RELATOS pola PAZ

Para conmemorar o Día Escolar da Non Violencia e a Paz imos celebrar un Concurso de DEBUXO para o alumnado de Educación Infantil e 1º e 2º de Educación Primaria e un Concurso de RELATOS para o alumnado de 3º, 4º, 5º e 6º de Educación Primaria. Ambos teñen que ter como temática "A Paz".

Deixade voar a vosa imaxinación e a vosa creatividade e animádevos a participar. Aquí vos deixamos as bases do Concurso.