Blog da Biblioteca do CEIP San Martiño

Salcedo-Pontevedra
____________________________________________________________________________________________________________________________________

luns, 31 de xaneiro de 2022

Unha maneira divertida e saudable 

de educar na soliedariedade!

O pasado venres, 28 de xaneiro disfrutamos dunha xornada festiva moi especial. Todo o alumnado, dende Educación Infantil ata Educación Primaria participaou na I CARREIRA SOLIDARIA  en favor de Save the Children.  As/os  nosas/os cativas e cativos puxeron as zapatillas, correron e conseguiron fondos para apoiar e axudar programas en educación, supervivencia e protección para as/os  nenas e nenos que máis o necesitan.

A situación provocada pola COVID-19 obrigounos a ser imaxinativos e, cumprindo cos protocolos  necesarios, facendo unha saída de carreira escalonada, sempre respectando os grupos burbulla, conseguimos vivir unha xornada moi especial. 

Agradecemos ás nais e pais o seu apoio e participación e, por suposto, a todas as entidades locais, policía e protección civil, que nos axudaron a levar a cabo esta actividade. E o noso agradecemento máis sincero para Luis Montes, pai dun alumno do noso centro, vinculado ao mundo do balonmán e do deporte e que nos axudou nas tarefas de apadrinamento da nosa carreira. 
Para nós é moi importante comezar a retomar estas xornadas e que mellor forma de celebrar o Día Escolar pola Paz e a Non Violencia que axudando ás nenas e aos nenos que o necesitan agora máis que nunca.

Ademais foi un día emocionante para o noso alumnado coa entrega  dos premios do I CONCURSO DE DEBUXOS e RELATOS POLA PAZ. As/os premidadas/os foron:

 Debuxos pola Paz

Categoría A: Alejandra Alfonso Mosquera de 6º de EI

Categoría B: Uxía Haedo López de 2º de EP

Relatos pola Paz

Categoría A: Luis González Blanco de 3º EP

Categoría B: Martina Álvarez Mouriño de 6º EP

Moitas grazas a todo o alumnado participante. Foi difícil a elección dos gañadores porque todos os traballos tiñan algo especial.

Se queres ver todas as fotos preme na foto






 




Ningún comentario: