Blog da Biblioteca do CEIP San Martiño

Salcedo-Pontevedra
____________________________________________________________________________________________________________________________________

luns, 9 de decembro de 2024

Co SAMAÍN retomamos

 Neste curso o alumnado de 5º EP vai ser o encargado de realizar as diferentes entradas deste blog.

Aquí tendes a primeira:

SAMAÍN 2024

No CEIP San Martiño este ano celebramos o Samaín con tradicións galegas.

Todo o colexio disfrazámonos, decoramos o cole, as clases, as portas e tallamos cabazas.

A clase que máis nos gustou foi a de sexto de educación primaria.

Os disfraces daban moito medo, había un home sen cabeza, a morte , Harley Queen, o Joker e moitos máis.

 

Todas as cabazas estaban moi ben decoradas.


O conto dos profes pareceunos un pouco infantil porque era sobre Carapuchiña Vermella, os tres Porquiños e o Lobo Feroz.

Trataba sobre o Lobo que sempre chegaba tarde aos contos dos Porquiños e de Carapuchiña Vermella. Como se enfadaban con el decidiu sentar nunha cadeira e non ir aos contos.

Os tres Porquiños chamaron a Carapuchiña para que lle axudara a derrubar a casa, como non podían chamaron á avoa, que tampouco puido.

Entón chamaron ao dragón pero incendeu a casa e tiveron que chamar á bruxa para que fixera un conxuro para apagar o lume.

Chamaron ao lobo para disculparse e o conseguiron, xa non se enfadaría cando o lobo chegara tarde aos contos.

Xornalistas de 5º EP: Jorge C, Jorge P, Valeria, Martina, David, Antía, Uxía e Saleta.


Ningún comentario: