Todos tiñamos moitas ganas de que chegara este día. En primeiro lugar, porque é o día que empezan as vacacións, e logo, tamén nos dan as notas. Pero o que mais nos gusta é actuar no Festival Fin de Curso. Sobre todo despedir o curso bailando, chega o verán e todos temos ganas de festa, fixemos moitos bailes...
martes, 7 de xullo de 2015
FESTIVAL FIN DE CURSO E DESPEDIDA...
Todos tiñamos moitas ganas de que chegara este día. En primeiro lugar, porque é o día que empezan as vacacións, e logo, tamén nos dan as notas. Pero o que mais nos gusta é actuar no Festival Fin de Curso. Sobre todo despedir o curso bailando, chega o verán e todos temos ganas de festa, fixemos moitos bailes...
Puxémonos
unha miguiña tristes cando despedimos aos de sexto curso, que se van para o Instituto. Os profesores entregáronlles as orlas, e eles fixeron unha despedida moi bonita.
Viñeron as nosas familias a vernos, o cal nos gusta
moito.
Todos os cursos o fixeron moi ben como veredes nas
fotos.
Feliz Verán!!!
xoves, 2 de xullo de 2015
EXCURSIÓN A PADRÓN
EXCURSIÓN A PADRÓN
O día dous de xuño todo o alumnado do Ceip San
Martiño, agás os de 4º de Infantil, fixemos a excursión fin de curso a Padrón.
Queríamos visitar a Casa Museo de Rosalía de Castro porque é unha muller escritora
moi importante. Gustounos moito a casa e a horta, inda está a figueira que
plantou.
A continuación fomos ao Xardín Botánico Artístico,
que ten mais de trescentas especies diferentes entre as que destaca a
árbore do amor ou a palmeira do Senegal, tamén está a estatua de Macías ,o
Namorado, que foi un trobador nacido en Padrón…
Logo chegou o momento mellor do día, a hora da
comida no Santiaguiño do Monte. Alí cada
un comeu o que levaba ou compartiu a comida cos amigos, xantar de campo
cos compañeiros e xogar libremente e sempre o mellor dunha excursión.
Logo, pola tarde, visitamos a Fundación
Camilo Xosé Cela, quedamos abraiados do cantidade de libros e cousas que
se conservan e que nos deixou como legado este premio Nobel. Pasámolo moi ben
porque había monitores que nos facían xogos para aprender e buscar cousas
que hai no museo.
Cando saímos merendamos nos xardíns da Fundación.
E houbo unha sorpresa final; os xeados que foi buscar a profe Mercedes para
todos.
Regresamos ao colexio ás 7,30 da tarde .
Foi unha excursión moi bonita na que o pasamos moi
ben e aprendemos moito.
Gustounos todo.
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)