Blog da Biblioteca do CEIP San Martiño

Salcedo-Pontevedra
____________________________________________________________________________________________________________________________________

domingo, 23 de febreiro de 2014



VISITA AO FORNO DA PANADERÍA – PASTELERÍA ACUÑA


Esta actividade encádrase dentro do proxecto documental programado para 4º de E. Infantil, sobre o proceso de elaboración do pan, que se está a traballar neste trimestre.


Co seu gorro de panadeir@s escoitaron atentamente a explicación paso a paso deste proceso, disfrutaron amasando para facer os seus propios boliños de pan e ata tiveron tempo de degustar algunha das exquisiteces que alí preparan.


O noso agradecemento a todas as persoas que alí traballan e fixeron posible que esta actividade se levara a cabo.

OBRADOIRO DE COCIÑA
O martes, 17 de febreiro tivemos o gusto de contar no noso centro cunha actividade que nos deixou  a tod@s moi bo "sabor de boca", grazas á colaboración de Mª Carmen Muíños, nai dunha alumna de 4º de Primaria e cociñeira profesional, quen veu a impartirnos un Obradoiro de Cociña, e que nos aprendeu a elaborar unha tarta de nata con froita.
Esta actividade encádrase dentro do primeiro proxecto de Biblioteca "Cociñando Contos", que coincide coa temática do XV Salón do Libro no cal participamos.
O alumnado de 4º de Primaria divertiuse, aprendeu, descubriu un mundo novo para eles e ademais degustaron na hora do recreo unha tarta de nata con froita que estaba de 10!
Aquí deixamos unhas imaxes para que o poidades comprobar:

domingo, 9 de febreiro de 2014

JACOBO FERNÁNDEZ NA NOSA BIBLIOTECA!!

O pasado venres, 7 de febreiro, tivemos a sorte de contar na nosa Biblioteca coa presenza de Jacobo Fernández Serrano.

Debuxante e  escritor vigués, conta coa publicación de varias obras de banda deseñada, como Marcopola, ademais de ilustrar libros de literatura infantil como O raposo e a mestra de  Manuel Rivas ou  Nunavut de Xoán Abeleira. Foi  Premio Merlín, 2009 pola súa obra obra Mil cousas poden pasar; vencedor do III Premio Castelao da Deputación da Coruña coa obra As Aventuras de Cacauequi (2007); candidato aos premios do Saló de Barcelona de 2009 como autor revelación grazas a dúas obras de 2008, os álbumes de Archimboldo Roque e de Cacauequi... e máis cousas que ten no seu haber profesional...

Veu ao noso centro para contarnos cómo é o proceso de creación dun libro, como se realizan as ilustraciñons do mesmo, ademais de contarnos moitas curiosidades do proceso de maquetación e publicación. Tivo a amabilidade de respostar a todas as nosas preguntas e de deixar o seu autógrafo nos libros da nosa Biblitoeca, así como de asinar e de realizar algún debuxo nos libros de Nunavut que leran os alumnos de 6º na súa Hora de ler.

Gracias Jacobo por adicarnos o teu tempo!!!
En San Martiño seguiremos atentos ao teu estupendo traballo!!!

mércores, 5 de febreiro de 2014

DIA DA PAZ 2014
O 30 de xaneiro celebramos o Día Internacional da Paz, realizando varias actividades que se compartiron con todo o alumnado do centro.
Destacamos a figura do inolvidable Nobel da Paz, Nelson Mandela, recentemente falecido e que nos deixou unha lección de loita, de perseverancia e de nobleza na búsqueda constante da verdade e da xustiza para os seus e para o seu país. Con el aprendemos a reflexionar sobre cuestións relacionadas coa paz, co crecimento persoal e coa importancia de ser auténticos e honestos no camiño da vida.
Quedaron reflectidas moitas das súas sabias frases nun  mural colectivo, que fixemos entre todos e que está exposto no pasillo inferior do centro.
Asistimos tamén ao relato dun conto do célebre Giani Rodari, que se titulaba Xaime de cristal, e que foi relatado pola profesora Mercedes Escudero, acompañado dunha proxección de diapositivas.
Xaime, o protagonista deste conto, ten moito en común coa figura estudiada de Nelson Mandela, pois el tamén nos trae a mensaxe de que a verdade é máis forte e poderosa que calquera outra arma para conseguir a paz no mundo.
Ao final rematamos as actividades deste día dun xeito festivo cantando entre todos cancións, que falaban sobre a paz e  que tiñamos ensaiado nas aulas.