Blog da Biblioteca do CEIP San Martiño

Salcedo-Pontevedra
____________________________________________________________________________________________________________________________________

martes, 19 de maio de 2015

 CORRELINGUA: DARLLE Á LINGUA, A ESPECIALIDADE DO CEIP SAN MARTIÑO


O venres, 15 de maio, tivemos a excursión do Correlingua, que é un acto que se celebra todos os anos para recordar que temos que falar en galego. Para algúns é a nosa excursión favorita, despois da de fin de curso.

Os autobuses chegaron cedo. En Pontevedra tivemos que andar un pouco ata chegar á Ferrería, todos iamos cantando o noso himno: “San Martiño! Plas! Plas! Plas! En galego! Plas! Plas! Plas!”
Cando chegamos á praza xa había bastantes nenos de diferentes colexios , e un home foi pasando lista para ver se estabamos todos. Comprobado isto, fóronnos chamando para que comezaramos a andar pola zona vella.
Á volta da camiñada merendamos mentres que un grupo de rock, que tiña moitos instrumentos, púxose a cantar e a tocar para que todos nos divertiramos. E, como cada un de nós levaba unha palabra, fixemos fotos formando frases como “Eu síntome galego”, “Eu son galega”, “Nós sentímonos galeg@s” …, frases así que animen á xente a falar galego, que, en realidade, para iso é o Correlingua.
Despois de merendar soltamos uns globos que tiñan unha mensaxe escrita para que, a onde chegaran, souberan que aquí falamos galego.
Como xa sabedes, o Correlingua non é un concurso e, polo tanto, ninguén gaña. Pero aínda así, e só por participar, agasalláronnos cuns libros para todo o cole.
Texto colectivo  quinto

 
MIRO MAGARIÑOS ESTIVO AQUÍ...


Co motivo da celebración da Semana das Letras Galegas, este xoves, día 14 de maio contaremos no centro coa compañía teatral de Miro Magariños, actor galego moi coñecido polas súas intervencións en varias series da TVG.
Poñerá en escena para todo o alumnado unha obra que leva por título MERLOS, e que se representará no noso salón de actos.

Esta actividade está organizada polo Equipo de Actividades Complementarias e o Equipo de Dinamización da Lingua Galega do Centro e conta ademais coa colaboración da ANPA, quen subenciona o cincuenta por cento do importe da mesma.