Blog da Biblioteca do CEIP San Martiño

Salcedo-Pontevedra
____________________________________________________________________________________________________________________________________

venres, 26 de novembro de 2021

 25 N DÍA INTERNACIONAL CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO

Onte, hoxe, mañá e SEMPRE traballaremos para que todas as nenas e mulleres aunemos as nosas voces,  gritemos e proclamemos ao mundo que somos libres, que a nosa vida non é un xogo nin que somos o xoguete de ninguén. 

Traballamos dende a IGUALDADE, porque estamos convencidas e convencidos que é a base para que a Violencia de Xénero desapareza.

É por iso que a través dos contos, de obradoiros, de cancións, de charlas... o noso alumnado aprende a dicir NON, a que se lles respecten, a respectarse, a non ter medo e a non dar medo, a valorarse, a sentirse valoradas e a valorar.

Durante toda a semana levamos a cabo diversas actividades en relación ao 25 de Novembro.

Comezamos coa decoración da entrada do colexio; un lazo enorme e precioso formado por moitos lazos pequeños onde cada alumna/o escribiu palabras e/ou frases relacionadas coa Violencia de Xénero e co lema escollido "NON PECHES OS OLLOS"

Dende as máis pequenas e pequenos do colexio ata as/os maiores fixemos unhas chapas para lucir durante todo o día de onte co mesmo lema. Foron feitas con cápsulas de café e cartolinas e a verdade é que o resultado foi espetacular.

Cremos firmemente que a lectura é a maneira máis divertida, motivadora e sinxela de aprendizaxe e sempre que temos a oportunidade aproveitamos os contos para traballar calquera temática

E no Día Internacional Contra a Violencia de Xénero non podía ser distinto.

Tivemos a sorte de  contar con Carmen Sieiro e Lola Ayán, duas mestras xubiladas que nos agasallaron cuns contacontos preciosos:

"Pepuka y el mostruo que se llevó su sonrisa" e "O país dos mandóns" foros os contos elexidos para o alumnado de Educación Infantil e primero nivel de Educación Primaria da man de Carmen Sieiro











E para o alumnado de segundo, terceiro e cuarto nivel de Educación Primaria o conto escollido foi "Xela volveuse vampira" que foi contado por Lola Ayán







 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
Os maiores do colexio puideron disfrutar dunha charla organizada por dúas coordinadoras das Escolas Asociadas da UNESCO: Luisa Márquez Rodríguez e de María Jesús Enguídanos Floreani, ambas mulleres xubiladas (mestra e profesora) . A charla tivo como eixo principal a prevención da violencia de xénero. Todo o alumnado, estivo moi activo, participativo e sobre todo reflexivo.







Ademáis, creamos un RINCÓN VIOLETA na nosa biblioteca para que todo o alumnado e profesorado poida desfrutar de libros e contos.




Ningún comentario: