venres, 16 de marzo de 2012
VISITA AO SALÓN DO LIBRO 12+1
O día 8 de marzo foi cando nos tocou ir visitar o Salón do Libro. Fomos todo o colexio e como eramos moitos tiveron que vir catro autobuses para trasladarnos ata o Pazo da Cultura.
Este ano trataba das supersticións. Ao chegar alí vimos uns gatos xigantes de cor negra e o letreiro: 12 + 1- meigas fóra!
Como de costume recibiunos o lobo Orbil. Logo viñeron varios monitores e monitoras que nos levaron a facer diferentes obradoiros segundo a nosa idade; os máis pequenos foron escoitar varios conta contos, os de segundo e terceiro ciclo fixemos obradoiros sobre os meigallos antes de ir visitar as exposicións.
Os de 6º fixemos un saquiño de barro, que é un amuleto para a boa sorte; dentro metemos: unha pedra da cova da moura, un misto, un céntimo, pó máxico, bágoas de moura e o máis importante os nosos desexos cun soprido.
Cando rematamos atámolo cun cordel e puxémoslle o noso nome, logo levámolo para a casa.
Despois, pasamos á sala de exposición a ver os traballos dos coles, alí tamén se atopaba o noso trevo de catro folas titulado: Meigas Fóra, onde están todos os contos que escribimos, e o estudio de supersticións que fixemos entre todo o alumnado do colexio.
Inda nos faltaba pasar polos espacios, o do cruceiro, e algúns máis,
Por último, probamos a sorte na roda da fortuna e como xa era un pouco tarde tivemos que marchar.
Ao saír fixemos unha bonita foto debaixo do gato da entrada.
Foi unha excursión chea de supersticións. Gustounos moito esta saída porque aprendemos divertíndonos. 6º curso
Subscribirse a:
Publicar comentarios (Atom)
Ningún comentario:
Publicar un comentario