Hoxe, 3 de Decembro, conmemoramos o día Internacional das Persoas con Discapacidade.
A comunidad educativa do CEIP San Martiño apostamos sempre pola INCLUSIÓN, xa que cremos que é a base do respecto aos Dereitos Humanos e a Paz, e por iso, traballamos para que o noso alumnado conciéncese e poida axudar a mellorar as situacións das personas con discapacidade e, sobre todo, a que a igualdade de oportunidades sexa a mesma para todas e todos.
Para as nenas e nenos, sobre todo os máis cativos, non é doado entender que lles ocorre ás persoas con discapacidade, sobre todo cando falamos de discapacidade mental; eles soamente ven personas ás que ven como "raras" pero non fancedo un xuízo de valor, senón porque non logran comprender a maneira na que interactúan e participan con ellas/eles. É por iso que, temos motivos, máis que suficientes, para levar a cabo actividades ao longo de todo o curso en relación coa integración, aceptación e inclusión das personas que presentan algunha discapacidade.
Como mestras e mestres temos a grande sorte de aprender moitísimo das/dos nosas/os pequenos que presentan discapacidade, e é un aliciente moi grande para continuar formándonos, porque soamente así, poderemos axudarlles a conseguir o seu benestar en todos os ámbitos.
Durante esta semana, estivemos a traballar o conto de MARILUNA, un libro que narra a historia dunha nena con TEA e da relación coa súa familia:
"Sus ojos son del color del mar dormido" "Sabemos que nos miran, no sabemos si nos ven"
"Dice mi padre que Mariluna crece despacio porque va a su ritmo"
" Dice mi madre que si su mundo fuera nuestro mundo, no sería Mariluna"
"Pero ahora sé que no hay nadie como ella, que tenemos mucha suerte de que naciera en plenilunio y me gusta que se llame Mariluna"
Unha historia moi difícil de explicar pero que grazas ao texto maravilloso, as magníficas ilustracións e o traballo posterior, o alumnado máis cativo foi capaz de comprender que Mariluna é unha nena moi especial á que todo o mundo adora e que se non fora como é... NON SERÍA MARILUNA.
O vídeo que presentamos a continuación foi grabado polo alumnado e como podedes escoitar hai voces das/dos máis pequerrechas/os ata as/os maiores do colexio.
Ningún comentario:
Publicar un comentario