mércores, 24 de abril de 2013
APRENDEMOS MÚSICA CON MARÍA E NOELIA...
María e Noelia Amado Corbacho dúas exalumnas do centro , viñeron o luns, día 22 de abril a dar unha charla aos nosos alumnos sobre os instrumentos musicais.
María e Noelia son dúas músicos profesionais. María é trompista e Noelia toca a trompeta. Estudiaron no Conservatorio de Música de Pontevedra e actualmente tocan na Banda de Música de Beade en Vigo.
Felicitámolas pola súa intervención e dámoslles as grazas por atender tan amablemente a nosa invitación de vir ao centro.
martes, 23 de abril de 2013
VIOLINISTAS DE 3 ANOS
O alumnado de Educación Infantil está
investigando a diferentes músicos, entre eles aos violinistas. Por
iso, grazas á colaboración da familia de Nuria, unha alumna da nosa
clase, puidemos “ tocar” o violín e asistir a un concerto
interpretado amablemente por unha alumna de cuarto de primaria:
Claudia Acuña Rodríguez.
IX SEMANA DA LECTURA: A MÚSICA
LUNS, 22 DE ABRIL
Actuación do alumnado de 3 anos, que presentaron un traballo sobre o músico pontevedrés, Manuel Quiroga e os de 4º de Primaria que presentaron un estudo sobre A música na Idade Media, rematando a súa actuación cunha Cantiga de Santa María, acompañada a frauta por varios alumnos e coa participación especial de catro compañeiros do grupo que tocaron varios instrumentos como o violín, a viola, o acordeón e a viola de gamba. Éste último tocado despois por Nuria, quen nos explicou algunhas cousas interesantes sobre este antigo instrumento medieval.
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)