martes, 26 de abril de 2016
XII SEMANA DA LECTURA
A LITERATURA POPULAR GALEGA
LUNS, 25 DE ABRIL
Para inaugurar a XII Semana da Lectura e tendo en conta que literatura e música están sempre relacioandas, decidimos presentar para todo o alumnado un concerto didáctico a cargo dunha exalumna deste centro NOELIA AMADO, que xunto con outro músico, ANTÓN GONZÁLEZ, nos explicaron os ritmos populares galegos, os instrumentos máis empregados no soso floklore popular, para finalmente agasallarnnos cunhas cantas pezas a ritmo de muiñeiras, jotas.... disfrutamos moito!!! Grazas aos dous por colaborar connosco nesta semana da lectura!
Foi para nós un orgullo ter aquí a unha das nosas alumnas, convertida xa en toda unha profesional......
martes, 5 de abril de 2016
VISITA Á GRANXA APÍPOLIS
O día 17 de marzo, o alumnado de Infantil e 1º
e2º de primaria, fixemos unha saída á granxa Apípolis en Xeve. Aprendemos
moitas cousas dun animal tan interesante como son as abellas. Eramos tantos que
tivemos que ir en tres autobuses. Cando chegamos xa nos estaban esperando
varios monitores, con eles, fomos rotando por distintos obradoiros.
Vestimos un traxe para entrar ao Apiarium, alí estivemos en contacto directo
coas abellas e non nos picou ningunha. Visitamos unha exposición onde vimos a
raíña da colmea, que é moito máis grande cas outras. Na cociña elaboramos unas galletas
de mel que estaban riquísimas. Tamén fixemos unha vela da cera e vimos a
maneira de sacar o mel das colmeas. Escoitamos un conto moi bonito e xogamos
mentres merendamos .
Pasámolo moi ben. Gustounos moito a vida das
abellas.
E como di o refrán popular : Onde hai mel hai abellas.
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)