Blog da Biblioteca do CEIP San Martiño

Salcedo-Pontevedra
____________________________________________________________________________________________________________________________________

venres, 5 de febreiro de 2010

PASEANDO CON PEPY CLAVIJO
Os alumnos e alumnas de 6º, xunto co seu titor e a xefa de estudos, recibiron esta semana a Pepy CLavijo coa que deron un "paseo virtual" polas rúas de Pontevedra.
Pepy Clavijo, profesora xubilada, é a autora de varias obras sobre a nosa cidade, entre as que se atopan: "Las calles de Pontevedra", "Pontevedra, de los nombres propios de las calles"... que empregamos na aula para realizar os nosos proxectos de investigación, dentro do tema "a cidade" que abordou este ano a nosa Biblioteca.
Non nos podemos sentir máis afortunados, cando despois de traballar coa súa obra, tivemos logo a oportunidade de poder charlar, intercambiar opinións, preguntar dúbidas, saber de anécdotas... acerca do que aprenderamos.
Por todo isto, Pepy, moitas grazas por visitar o CEIP San Martiño e compartir con nós uns momentos tan interesantes para tod@s.
Dende aquí este recordo e un forte abrazo!!

sábado, 30 de xaneiro de 2010

CONTOS PARA A PAZ

Este ano quixemos celebrar o Día da Paz, 2010 co lema "Contos para a paz".
Tamén baixaron algúns alumn@s á Ferrería para participar no acto conxunto de todos os centros de Pontevedra.
No centro, cada grupo dende os máis pequenos de Infantil ata 6º de Primaria, contáronnos cadanseu conto para a paz: reunímonos todos despois do recreo a escoitalos. Moitos eran contos coñecidos, outros foron inventados nas aulas e ata houbo quen se atreveu coa poesía...
Para rematar esta celebración cantamos xuntos varias cancións que dicían cousas tan bonitas coma esta: que todos os nenos levanten as mans, que todos os nenos levanten a voz... máis guerras non, máis guerras non, que reine a paz e o amor...
Realmente, ¿non é marabilloso o que piden os nenos pola paz? Súmemonos a eles e levantemos nós tamén as nosas mans pola paz!
Aquí deixamos esta pequena reportaxe para que o vexades:



venres, 29 de xaneiro de 2010

CANTANDO CON DANNI GRIFFIN



O pasado mércores, 27 de xaneiro @s alumn@s de 6º nivel de Primaria foron invitados pola Editorila Oxford á actuación do cantante e compositor norteamericano Dani Griffin.

Danni Griffin é un recoñecido compositor de cancións infantís e colaborador de dita editorial, ademais é o autor de moitas das cancións que cantamos na aula de inglés.

O concerto foi un éxito: cantamos, bailamos e rimos moito coas ocorrencias de D. Griffin.

Voltamos moi satisfeitos.

domingo, 24 de xaneiro de 2010

Asistimos ao Pleno Municipal


O pasado venres 22 de xaneiro, @s alumn@s de 5º e 6º de Educación Primaria asistiron a un pleno da Corporación Municipal do Concello de Pontevedra. Esta actividade enmárcase dentro noso proxecto de Biblioteca, que este trimestre se centra no estudo da cidade.

Ao longo da sesión plenaria, @s alumn@s escoitaron con atención ás intervencións dos concelleiros e tomaron notas para realizar un traballo sobre a visita. Ademais, puideron vivir en primeira persoa o despliegue de medios informativos que se produce en este tipo de eventos. De feito, varios alumnos e alumnas foron entrevistados polos distintos medios de comunicación presentes, como a Televisión de Galicia, Localia, Radio Pontevedra ou o Faro de Vigo.

Queremos expresar dende aquí o noso agradecemento a todas as persoas que dende a Corporación Municipal colaboraron para facer realidade esta visita de indudable valor pedagóxico e formativo, xa que permitiu aos rapaces e rapazas familiarizarse coas competencias e formas de funcionamento democráticas da Administración Municipal.

agalega.info - Videos das noticias dos informativos da TVG

xoves, 21 de xaneiro de 2010


DECÁLOGO PARA SER LINGÜÍSTICAMENTE SOSTIBLE


Grazas ao traballo de dúas compañeiras das Bibliotecas escolares de Galicia damos hoxe difusión para os lectores do noso blog este decálogo, que nos fala da importancia de aproveitar a riqueza que nos ofrece a diversidade lingüística que está no noso entorno.


Foi traducido ao galego por Adelia Troncoso do IES Val do Tea (Ponteareas), a partir do texto publicado en 2008 polos Servizos Lingüísticos Universitarios de Cataluña e a maquetación realizouna Mónica Muñoz do CEIP Frian de Teis (Vigo).


Damos as grazas dende aquí a estas compañeiras polo este excelente traballo colaborativo .

(Pincha na imaxe)

martes, 19 de xaneiro de 2010

ANO 2010, ANO DO LIBRO E DA LECTURA

O Consello da Xunta aprobou a declaración do 2010 como Ano do Libro e da Lectura de Galicia coa finalidade de incardinar os programas de actuación e as medidas de promoción do libro e fomento da lectura dentro do presente Ano Xacobeo. A Consellería de Cultura e Turismo pretende involucrar todas as organizacións galegas, implicadas no sector do libro, para traballar conxuntamente nesta iniciativa.

A finalidade deste proxecto é impulsar o Ano do Libro e da Lectura de Galicia a través da celebración do Xacobeo 2010.

Resulta moi interesante ler as palabras do noso célebre escritor galego Neira Vilas, que se publicaron estes días no xornal EL CORREO GALLEGO e que nos poden axudar a reflexionar acerca da importancia que o liblro e a lectura ten para nós.


luns, 18 de xaneiro de 2010

30 DE XANEIRO, DÍA MUNDIAL DA PAZ

Salcedoteca xunto con outras moitas Bibliotecas de Galicia, súmase un ano máis a esta celebración na que intentamos transmitir cada ano valores de paz, amizade, saber compartir cos demais, usar o perdón, aceptarnos como somos...
Este ano participaremos de novo nunha actividade colaborativa, organizada polos centros educativos de Pontevedra e tamén se realizarán no centro diferentes actos e actividades, dos cales iremos informando.






(Esta presentación foi realizada polo CEIP Esteiro de Ferrol. Grazas dende este blog por compartir o seu traballo.)

xoves, 7 de xaneiro de 2010

Hola! Feliz 2010! Que tal de vacacións?

Por se acaso...


Por se acaso estas vacacións se lle fai a alguén un pouco longas..

Por se acaso os Reis, con isto da crise, non acertaron coas cousas que pedimos...

Por se acaso botamos de menos as clases, os compañeiros, as lecturas...

POR SE ACASO HAI ALGUÉN ABURRIDO POR AÍ...


Aquí che trae salcedoteca un entretemento estupendo para que non te aburras: os videocontos!!

Se queres ver un conto en vídeo, pincha enriba desta imaxe e poderás elexir entre un montón deles.

Que o pasedes ben e ata o luns!

mércores, 16 de decembro de 2009

FELIZ NADAL
O Equipo de profesores de Salcedoteca queremos compartir con vós esta panxoliña e desexarvos a todas as familias do colexio e aos nosos lectores un Feliz Nadal e pedir para o ano 2010 unha morea de amor, unha enchenta de cariño e un carro cargado de moita sorte para todos... ah! e non esquezades pedirlles aos Reis moitos libros para ler, para ver, para disfrutar: un libro é sempre un bo agasallo!
Consultade as nosas recomendacións de lectura, aquí mesmo no lateral do blog.

martes, 8 de decembro de 2009

10 DE DECEMBRO: DÍA DOS DEREITOS HUMANOS



( Cartel elaborado polo IES Río Cabe de Monforte)


A nosa Biblioteca súmase á celebración do Día dos Dereitos Humanos o próxinmo 10 de decembro. Queremos reflexionar xuntos sobre a importancia da aprobación dos Dereitos Humanos para as nosas vidas e sobre todo falaremos da importancia do seu cumprimento en todos os países.

¿Queres aprender xogando cos Dereitos Humanos? Fai clic nesta imaxe: