Porque en verdade, a poesía inventouse para expresar os sentimentos, para imaxinar, para soñar, cantar ao amor...



O día 9 de febreiro, moitos das nenas e nenos do noso colexio fixemos unha saída moi esperada: a visita ao Salón do Libro, que nesta edición trata da cidade. Nós xa levamos tempo estudando este tema.
A visita empezou nas instalacións da Policía Municipal. Un policía chamado David foi o que nos guiou. Primeiro amosounos o furgón de atestados que ten moitas cousas, entre elas, o control de alcoholemia, a sirena... Despois entramos nas instalacións; vimos a oficina onde recollen os obxectos perdidos, os armarios blindados onde gardan as armas, os walkie-talkies... pero o que máis nos gustou foi a sala de cámaras porque se ve o tráfico que hai en todas as rúas de Pontevedra, incluso, se hai algún accidente, dende esta sala os policías controlan todo o trafico da cidade. Despois estaba previsto un obradoiro urbano con David para poñer algunha multa literaria pero, por falta de tempo non puidemos .
Logo fomos ver as exposicións dos libros. Na entrada recibiunos Orbil o lobo que come libros cunha grade aperta a todos xuntos. Roberto, o noso guía, levounos por tres salas escuras; na primeira as casas aboiaban no espazo era a Terra vista dende a Lúa, a segunda era unha cidade de noite e, na terceira vimos o que hai debaixo dunha cidade calquera; cloacas, sumidoiros...por certo ulía moi mal. Por último, pasamos a ver os libros e os trallos dos coles, tamén está o que fixemos nós, todos están moi bonitos, o noso é dos mellores, gustounos moito ver o noso traballo con todos os demais.
Foi a saída mellor de todas, mágoa que non durara máis tempo.
Alumnado de 4º curso
PREMIOS PONTENCIENCIA
1º Premio 2018
1º Premio 2017
1º Premio 2015
PREMIOS ERNESTINA OTERO
1º Premio Educación Infantil Ernestina Otero (2019)
1º Premio Educación Infantil Ernestina Otero (2018)
2º Premio Educación Primaria Ernestina Otero (2018)
PREMIOS FARO DA ESCOLA
Premio Especial FARO DA ESCOLA ao mellor Cómic "O camino De Santiago" (2018-19)
3º Premio FARO DA ESCOLA ao mellor deseño de cómic (2018 -19)
PREMIOS ABRIL DOS LIBROS
2006 e 2008
OUTROS PREMIOS
1º Premio Certame de Chefs saudables 5º Educación Infantil (2018)
2º Premio Aprendo programando do CPETIG (2017)
2º e 3º Premio Concurso Escolar Literario e de Expresión Plástica sobre Castelao (2016)
2º Premio do VII Certame de Recolla da Tradición Oral Galego-Portuguesa (2013)
Premio Correlingua Banda Diseñada (2011)
Premio Irmandade do Libro (2010)
Premio de Innovación Educativa (2008)
3º Premio Nacional Bibliotecas MEC (2007)