luns, 3 de decembro de 2018
Magosto 2018/2019
O pasado xoves 15 de novembro celebramos o Magosto no noso colexio.
Como vén sendo habitual comemos castañas e disfrutamos cos xogos no patio organizados polo alumnado de sexto: dende lanzar castañas ata xogar ao pano...
Pasámolo xenial!
Rematamos comendo unhas castañas ben asadiñas!
xoves, 26 de outubro de 2017
Xa chega o Samaín !
SAMAÍN:
É tempo de medo,
bruxas e morcegos.
É tempo de medo…
chega o Samaín.
É tempo de medo,
bruxas e morcegos.
É tempo de medo…
chega o Samaín.
É tempo de medo,
bruxas e morcegos
saen a asustar
e rematan por bailar!
saen a asustar
e rematan por bailar!
Pois si, xa chega o Samaín! Con esta cantiga os nenos e nenas de infantil darán a benvida ó Samaín o próximo martes 31 de outubro.
E para bailar igual que as bruxas e morcegos desta cantiga, os rapaces e rapazas de Primaria cantarán as seguintes cancións. Aquí vos quedan por se queredes ir aprendéndoas…
E para bailar igual que as bruxas e morcegos desta cantiga, os rapaces e rapazas de Primaria cantarán as seguintes cancións. Aquí vos quedan por se queredes ir aprendéndoas…
A bruxa Maruxa (María Fumaça) (1º e 2º de Primaria)
Ollo de vidro (A Gramola Gominola) (3º e 4º de Primaria)
No Samaín (Brinca Vai!) (5º e 6º de Primaria)
martes, 20 de xuño de 2017
"ATOPÁBAME EU NA ERMIDA DE SAN SIMÓN
E RODEÁRONME AS ONDAS, QUE GRANDES SON..."
Así comezaba a cantiga de Mendiño hai xa varios séculos...
Nós estivemos este fin de curso na Illa do famoso trovador galego e puidemos disfrutar dun día maravilloso en contacto coa natureza, vendo os lugares tan especiais que garda este lugar con tanta historia.
Ademais tamén houbo a oportunidade de coñecer os vestixios do pasado que no museo de Meirande nos amosaron..
Foi unha excursión única!
E non vos esquezades que ademais puidemos ir en barco: experiencia vivida por primeira vez por moitos dos nosos alumnos e alumnas....
Aquí deixamos esta reportaxe para o recordo...
Para acceder ás fotos, pinchade aquí: EXCURSIÓN
martes, 25 de abril de 2017
XIII SEMANA DA LECTURA: OS DEPORTES
Un ano máis estamos a celebrar a Semana da Lectura, dedicada aos Xogos Olímpicos e aos deportes.
Estamos orgullosos de todos os traballos que se presentan, posto que son o resulatdo dun traballo de búsqueda e investigación, análise, resumo...dende un enfoque cooperativista, que dan como resultado as lecturas que estamos a escoitar.
(Pinchade na data para ver as reportaxes.)
5º ED. INFANTIL: "O Rugby".
2º DE PRIMARIA: " De Olimpia ás Ilimpiadas".
6º ED. INFANTIL: "Somos deportistas".
Exhibibición de acrosport dun grupo de 5º de Primaria ( fóra de programa).
4º DE ED. INFANTIL: "Infantil Olímpico".
4º DE ED. PRIMARIA: "Mulleres pioneiras no deporte mundial".
XOVES, 27
1º DE ED. PRIMARIA: "Historia dos xogos olímpicos".
5º DE ED. PRIMARIA: "Acrosport e demostración".
1º DE ED. PRIMARIA: "Historia dos xogos olímpicos".
5º DE ED. PRIMARIA: "Acrosport e demostración".
3º DE ED PRIMARIA: "As paralimpiadas".
6º DE ED. PRIMARIA: "Deportes de loita".
VISITÁRONNOS...
Dentro do proxecto de Biblioteca dedicado este ano ao mundo do deporte e ás Olimpiadas, organizamos unha serie de visitas ao centro de deportistas pontevedreses de élite, que viñeron a compartir connosco a súa experiencia personal, así compo a explicarnos diderentes aspectos relacionados co depirte que practican.
Todos eles asinaron no libro de honor do CEIP san Martiño e ademais deixaron unha frase a recordar no mural, que está átrada do centro coas súas imaxes.
Deixamos aquí reportaxe gráfica do seu paso polo centro para que os poidades ver...
Pinchade no seu nome, debaixo de cada foto.
Pinchade no seu nome, debaixo de cada foto.
luns, 27 de marzo de 2017
DÍA DA MULLER
Con motivo do día da Muller, tivemos a visita dunha super muller traballadora dende unha idade moi temperá. Trátase de Felicia Tilea, medallista olímpica, procedente de Romania e participante en nada máis e nada menos que en 4 Xogos Olímpicos e outras moitas competicións por todo o mundo, co lanzamento de xabalina.
Grazas por vir e contarnos a túa experiencia!
Grazas por vir e contarnos a túa experiencia!
luns, 27 de febreiro de 2017
ENTROIDO 2017
DEDICADO ESTE ANO AOS DEPORTES...
Ademais pasámolo moi ben e aprendemos moitas cousas sobre o deporte, a súa importancia na nosa vida diaria e o significado que teñen os Xogos Olímpicos como elemento de unión e de fraternidade entre as diferentes nacións.
Aquí deixamos a reportaxe gráfica. Pinchade no seguitne enlace:
martes, 3 de xaneiro de 2017
E ALÁ QUEDOU O 2016 COAS SÚAS DESPEDIDAS E CELEBRACIÓNS..
Vede a reportaxe que fixemos da visita do Papá Noel e do Concerto de Panxoliñas, pinchando nos seguintes enlaces:
PAPA NOEL, CONCERTO DE PANXOLIÑAS.
Vede a reportaxe que fixemos da visita do Papá Noel e do Concerto de Panxoliñas, pinchando nos seguintes enlaces:
PAPA NOEL, CONCERTO DE PANXOLIÑAS.
luns, 19 de decembro de 2016
CONCURSO ESCOLAR LITERARIO E DE EXPRESIÓN PLÁSTICA
Coincidindo coa celebración do "Ano Castelao", a área de cultura A.V. Salcedo Norte convocou un concurso escolar literario e de expresión plástica ao alumnado dos colexios da Parroquia de San Martiño de Salcedo.
O pasado sábado a Asociación de Veciños Salcedo Norte, celebrou na súa sede, a entrega de Premios do Concurso Escolar Literario e de Expresión Plástica sobre Castelao.
Os alumn@s galardonados foron os seguintes:
- CONCURSO ESCOLAR LITERARIO (Alumnado/a de 5ª e 6ª de E.P)
1ª PREMIO: Javier Rodríguez Celemín
2ª PREMIO: Raquel García García
3ª PREMIO: Carolina Abril Alonso Gómez
- CONCURSO ESCOLAR DE EXPRESIÓN PLÁSTICA ( Alumnado/a de 5ª e 6ª de E.P)
1ª PREMIO: Selena Rodríguez Gónzalez.
2ª PREMIO: Noa Pereira Cerdeiras.
3ª PREMIO: Sara Luisa Pazos Cuartas.
martes, 6 de decembro de 2016
DE MAIOR, QUERO SER BOMBEIRO.....
A pasada semana os nosos pequenos de 1º e 2º de Primaria, visitaron as instalación dos Bombeiros. A visita resultou moi emocionante para todos.
Pincha no seguinte enlace para ver a reportaxe: BOMBEIROS
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)







