![]() |
| Para ver máis fotografías, facer click aquí. |
xoves, 28 de marzo de 2019
VISITA RAFAEL QUINTÍA
O mes pasado o alumnado de 6º de Educación Primaria tivo a gran sorte de recibir unha charla a cargo de Rafael Quintía Pereira (antropólogo e historiador) sobre o Entroido.
Saínza, unha alumna deste curso, quérevos contar alguhas cousas sobre esta interesante visita:
O ENTROIDO
O xoves 28 de febreiro veu Rafael Quintía Pereira ó colexio, a darnos unha charla sobre o entroido. Comentounos que ó entroido, tamén se lle pode chamar: Antroido, Entruido... Ensinounos moitas fotos e vídeos dos personaxes do entroido. Por exemplo as bonitas, os xenerais do Ulla, os cigarróns, os peliqueiros, os felos, as madamas e galáns, os merdeiros, o oso... Eran moi chulos. Díxonos que os personaxes tradicionais do entroido non se disfrazaban, senón que se vestían. Como os curas, médicos, policías, que non se disfrazan, vístense.
Logo falou do folión. O folión é un grupo de persoas que saen correr o entroido tocando bombos e ferramentas de labranza. Van percorrendo aldeas sen parar de tocar. Non só existe o rito de entroido de ir vestido, senón que existen outros, como por exemplo: a corrida do galo (que agora está prohibida), guerras de fariña, o xogo das olas...
Trouxo unha careta de cigarrón, unha zamarra, un bastón e unhas chocas.
Foi moi divertido e intersante.
luns, 18 de marzo de 2019
"PETISCOS DE CIENCIA".
A semana pasada no C.E.I.P. San Martiño realizamos unha serie de presentacións sobre actividades STEM, ás que chamamos: "PETISCOS DE CIENCIA".
Coa dirección e coordinación de Diego Fariña, mestre de CCNN, os alumnos e alumnas de 6º curso de Educación Primaria, sorprendéronos con diferentes experimentos ao longo de toda a semana. O venres, incluso se animou o alumnado de 6º curso de Educación Infantil , que baixo a coordinación da súa titora, Patricia Sampayo e a axuda de Cristina, a profesora de prácticas, nos mostraron tamén as súas primeiras experiencias coa ciencia.
O método científico é unha forma divertida de consolidar a aprendizaxe, ademais de desenvolver a creatividade, a iniciativa e agudizar o sentido crítico. Por esta razón, no noso centro, vimos apostando dende hai uns anos por este tipo de actividades.
Petiscos de Ciencia logrou xerar curosidade en todo o alumnado, chegando por eles mesmos a unha serie de conclusións e xeneralizacións...
Algúns experimentos parecían maxia! Pero despois de deixarnos coa boca aberta, o alumnado daba logo a explicación científica, que nos deixaba aínda máis abraiados!!!
Algúns experimentos parecían maxia! Pero despois de deixarnos coa boca aberta, o alumnado daba logo a explicación científica, que nos deixaba aínda máis abraiados!!!
Grazas ao alumnado de 6º curso e aos mestres Diego e Patricia por estes "PETISCOS DE CIENCIA".
| Para ver todas as fotografías, fadede click aquí. |
venres, 15 de marzo de 2019
SEGUIMOS APRENDENDO COS OBRADOIROS DE HABILIDADES SOCIAIS!
Como xa vos contamos fai uns días, o colexio está ofrecendo ao alumnado obradoiros de habilidades sociais, organizados coa colaboración do Concello de Pontevedra e impartidas por un grupo de pedagogos do mesmo.
O alumnado agardaba con ilusión aprender novas habilidades nos próximos talleres,e... xa fixemos dous mais! O 27 de febreiro e este mércores 13
de marzo, impartíronse novos obradoiros en 6º de Educación Primaria.
O 27 de febreiro, comezou o obradoiro cunha dinámica
de grupo que pretendía completar a da anterior xornada sobre a comunicación, para incidir na
realidade de que, para que se produza a comunicación entre dúas ou máis persoas
teñen que darse unha serie de premisas ou condicións.
O alumnado, guiado polas docentes, axudou a idear e
verbalizar a situación idónea para que unha comunicación teña lugar. É dicir,
“ausencia de ruído”, “respecto das quendas”, “ausencia de interrupcións”,
“comunicación visual”… Seguidamente, realizaron outras dúas actividades que
fixeron ver claramente ao alumnado onde fallaba o proceso comunicativo e que
facer para resolver a situación.
O mércores 13 deste mes, o tema traballado foi a autoestima. Realizando de novo
dinámicas moi suxestivas e atractivas, para que cada unha das alumnas e alumnos
reflexionara con frases e ideas do tipo: sobre
un mesmo, como é un, saber no que podes mellorar, sentimentos, coidarse,ou como
nos sentimos con nós mesmos.
Resultou todo un éxito, igual que nas anteriores
citas, sorprendéndose eles mesmos coas respostas ou resultados aos que
chegaban. Toda e cada unha das actividades
propostas foron realmente amenas e espertaban a súa curiosidade, co cal a implicación do alumnado foi total.
venres, 8 de marzo de 2019
DESPEDIMOS CON TRISTEZA AO RAVACHOL.
Este ano, o Ravachol quixo festexar no noso centro o Entroido Peregrino 2019.
Como xa sabedes, este Ravachol é resultado dun obradoiro feito o día do entroido, e o pasado xoves 7, despedímolo entre bágoas!
Foi para nós unha honra e un orgullo telo no San Martiño. Ravachol peregrino, quixo facer o Camiño de Santiago connosco e desfrutar cantando e bailando cos nenos e nenas desde centro.
Rematou o entroido! Rematou a vida do noso papagaio peregrino!
A profe María bendeciu ao noso querido Ravachol e despedímolo ata o ano que vén.
Estas son as palabras que lle dedicamos entre todos:
Ravachol…
Para que sempre veñas a pasalo ben a San Martiño de Salcedo!
Todos: Ravachol, Ravacholiño…
Non te perdas no camiño.
Para que non te esquezas de que deixas aquí unha chea de amigos e amigas!
Ravachol, Ravacholiño…
Non te perdas no camiño.
Para que os cocidos e as filloas non che falten da barriga!
Ravachol, Ravacholiño…
Non te perdas no camiño.
Para que o ano que vén, bailes e cantes tamén!
Ravachol, Ravacholiño…
Non te perdas no camiño.
Para ver todas as fotografías, facede click aquí. |
martes, 5 de marzo de 2019
O ENTROIDO CHEGA AO C.E.I.P. SAN MARTIÑO.
O venres 1 de marzo, todos os nenos e nenas do C.E.I. P. San Martiño celebraron con moito entusiasmo o entroido.
Foi unha celebración de todo o centro cos obxectivos de ter un día divertido, de convivencia e de aprender un pouco máis sobre o noso proxecto anual que se está levando a cabo no colexio, o Camiño de Santiago. Por este motivo, o alumnado disfrazouse de peregrino e realizamos unha serie de obradoiros relacionados co proxecto, nos que traballamos de maneira cooperativa, desenvolvendo a imaxinación, a creatividade e o compañeirismo.
Foi unha celebración de todo o centro cos obxectivos de ter un día divertido, de convivencia e de aprender un pouco máis sobre o noso proxecto anual que se está levando a cabo no colexio, o Camiño de Santiago. Por este motivo, o alumnado disfrazouse de peregrino e realizamos unha serie de obradoiros relacionados co proxecto, nos que traballamos de maneira cooperativa, desenvolvendo a imaxinación, a creatividade e o compañeirismo.
Para levar a cabo estes obradoiros repartimos ao alumnado un medallón dunha determinada cor. Todos os equipos estaban formados por alumnado de todas as aulas, unha vez formados os 8 equipos distribuíronse en 8 aulas diferentes polas que foron rotando ao longo da mañá.
Cada unha destas aulas tiña deseñado un obradoiro para que o alumnado gozase do entroido dun xeito diferente, foron os seguintes:
-"Buscando o tesouro", que tivo lugar no patio do colexio.
-"Mochilas no camiño", onde realizaron diferentes xogos nos que o alumnado debía facer a mochila de peregrino.
-"O descanso do peregrino". Visualización dun powert point con diapositivas e un vídeo sobre o peregrino.
-"As camisetas do Camiño", neste obradoiro debuxaron unha cuncha de vieira nunhas camisetas de cor branca (que trouxeran previamente). Levarémolas postas na excursión a Santiago de Compostela!
-"Música para peregrinar", no que tocaron un folión coa profesora de música.
-"As cunchas do peregrino". Decoración e explicación de diferentes elementos do Camiño de Santiago.
-"Tinta invisible", no que pintaron con tinta invisible e con diferentes técnicas mensaxes secretas.
-"O Ravachol peregrino", onde fixeron as plumas para poñerlle ao Ravachol, que será incinerado á volta de vacacións.
Cada unha destas aulas tiña deseñado un obradoiro para que o alumnado gozase do entroido dun xeito diferente, foron os seguintes:
-"Buscando o tesouro", que tivo lugar no patio do colexio.
-"Mochilas no camiño", onde realizaron diferentes xogos nos que o alumnado debía facer a mochila de peregrino.
-"O descanso do peregrino". Visualización dun powert point con diapositivas e un vídeo sobre o peregrino.
-"As camisetas do Camiño", neste obradoiro debuxaron unha cuncha de vieira nunhas camisetas de cor branca (que trouxeran previamente). Levarémolas postas na excursión a Santiago de Compostela!
-"Música para peregrinar", no que tocaron un folión coa profesora de música.
-"As cunchas do peregrino". Decoración e explicación de diferentes elementos do Camiño de Santiago.
-"Tinta invisible", no que pintaron con tinta invisible e con diferentes técnicas mensaxes secretas.
-"O Ravachol peregrino", onde fixeron as plumas para poñerlle ao Ravachol, que será incinerado á volta de vacacións.
Puidemos admirar a creatividade dos disfraces! Mesmo algún onde puidemos ver nunha capa de peregrina a Palmira (a mascota da clase 3 anos) no seu percorrido polo Camiño de Santiago.
Que disfraces máis chulos e divertidos! Para ver todas as fotografías, pinchade aquí.
Que disfraces máis chulos e divertidos! Para ver todas as fotografías, pinchade aquí.
Despois destas actividades comemos sobremesas típicas do entroido e bailamos con música no patio.
Deixámosvos un vídeo cos diferentes talleres. Esperamos que vos guste!
xoves, 28 de febreiro de 2019
VISITAMOS O TEATRO E O CAFÉ MODERNO DE PONTEVEDRA.
O
mércores 27 de febreiro o alumnado de 1º e 2º curso de Educación Primaria acudiu
ao Auditorio de Afundación para desfrutar dun concerto teatralizado do grupo Mamá Cabra. Finalizaron esta saída coa visita ao Café Moderno.
Mamá Cabra, coa obra de teatro “Eu cociño, ti cociñas”, sorprendeu e enganchou ao alumnado aos seus pegadizos sons e a unha historia onde a cociña foi a protagonista.
Os nenos e nenas do C.E.I.P. San Martiño, cantaron e coñeceron receitas que poderán elaborar nas súas casas coa axuda dos seus familiares.
Unha proposta innovadora, onde a alimentación saudable se converte no medio perfecto para traballar aspectos curriculares.
Despois, visitaron o Café Moderno, onde coñeceron
algo mais da historia de Pontevedra e dos personaxes que frecuentaban este
emblemático lugar, como Perfecto Feijóo, Castelao, ou o violinista Manuel
Quiroga. O alumnado descubriu coas trasnadas do Ravachol a importancia do Café Moderno na vida cultural de principios do
século XX, lugar onde se facían os faladoiros.
Finalmente, decoraron uns antefaces do Ravachol
que levaron de recordo desta interesante visita-obradoiro.
| Facer click aquí para ver máis fotografías. |
SABEDES POR ONDE ESTIVO ORBIL O LUNS 25 DE FEBREIRO?
Visitando o C.E.I. P. San Martiño!
Que ben o pasamos dando apertas a Orbil, a mascota do Salón do Libro Infantil e Xuvenil de Pontevedra, un lobo moi divertido e agarimoso que le moitos contos. Así, a espera para a nosa visita o Salón faise máis levadeira!
Esta visita de Orbil está enmarcada dentro de diferentes actividades que estamos a levar a cabo no centro co motivo do Salón, tendo como eixo central "a revolución das mulleres".
Fixeron moi boas migas!
| Para ver máis fotografías facer click aquí. |
Moitas grazas amigo! Vémonos pronto no Salón do Libro!
sábado, 23 de febreiro de 2019
LIBRE O MEU PENSAMENTO!
A Asociación de Escritores e Escritoras en Lingua Galega (AELG), convidaron á comunidade educativa á implicación de forma activa na celebración do Día de Rosalía de Castro que celebra o nome e a obra da poeta maior de Galicia, chave mestra da nosa literatura e da nosa conciencia como pobo.
O 24 de febreiro, é o día fixado no Calendario do Libro e da Lectura como aniversario do nacemento da autora. Así, dende o C.E.I.P. San Martiño, queremos conmemorar un ano máis o Día de Rosalía de Castro.
Por este motivo, o venres 22 realizamos no colexio un acto con música e lecturas de textos da escritora galega.
Nos días previos realizamos entre todo o alumnado do centro este mural titulado "O XARDÍN DE ROSALÍA". Os nenos e nenas traballaron diferentes textos da autora galega, reflexionando sobre a vixencia do amplo abano de inxustizas sociais, incluída a situación da lingua galega, presentes na obra de Rosalía de Castro. Para facer este mural, o alumnado escribiu diversas poesías de Rosalía nas flores, para compoñer así este xardín tan fermoso exposto na entrada do noso centro!
![]() |
![]() |
O venres, realizamos unha Mani-FESTA-acción simbólica arredor de tres poemas escollidos polo alumnado.
Os poemas recitados foron os seguintes:
3ª curso de Educación Primaria: "Na Catedral".
4° curso de Educación Primaria: "Miña casiña, meu lar".
6° curso de Educación Primaira: "Campanas de Bastabales".
Para finalizar esta homenaxe a nosa poeta galega, cantamos todos xuntos "Adiós ríos, adiós fontes" interpretada polo compositor e cantante Amancio Prada. Facendo click aquí podedes ver toda a reportaxe fotográfica.
A continuación deixámosvos un vídeo da homenaxe de Rosalía. Esperamos que vos guste!
venres, 22 de febreiro de 2019
UNHA VISITA MOI ESPECIAL NO CEIP SAN MARTIÑO.
Este mércores 20 de febreiro, o alumnado de 3º, 4º, 5º e 6º de Educación Primaria recibiu unha visita moi especial: o escritor e ilustrador ANXO FARIÑA!
Anxo Fariña visitou o noso colexio da man do Faro de Vigo. O obxectivo principal da visita foi achegar ao alumnado a súa obra e ensinarlles a súa faceta de ilustrador e escritor. Os nenos e nenas traballaran na clase previamente coas distintas coleccións como "Megatoxos" ou "Pelelliños", investigando sobre a súa biografía.
Faloulles de forma moi próxima sobre os seus comezos como escritor, facendo unha demostración do fácil que pode ser ilustrar unha historia partindo de algo tan sinxelo como unha caixa de cartón. Contoulles que para él, o importante é que os seus debuxos expresen sentimentos, de aí a súa sinxeleza.
Moitas veces, ao finalizar a lectura dunha obra, xórdennos dúbidas e curiosidades que soamente o propio autor podería desvelar. O alumnado tivo a gran oportunidade de resolvelas nunha rolda de preguntas!
Despois desta agradable charla, Anxo Fariña asinoulles os libros para que o alumnado levase un bonito recordo deste encontro. Así, moitos nenos e nenas quedaron con ganas de ler máis obras deste autor, facendo desta maneira, que a Bibliotca cumpra co seu papel de promover o gusto pola lectura.
Que ben o pasamos! Volve pronto, Anxo!
xoves, 21 de febreiro de 2019
CONVERTÉMONOS EN PEREGRINOS!
O alumnado de Educación Infantil do C.E.I.P. San Martiño visitou o mércores 20 de febreiro o albergue de peregrinos Virxe Peregrina de Pontevedra, facendo previamente un anaco do Camiño Portugués.
Esta saída está contextualizada nun proxecto anual que se está levando a cabo no centro sobre o Camiño de Santiago.
Comezamos a saída no parque infantil de Campolongo, onde merendaron e se divertiron xogando todos xuntos.
Despois de repoñer forzas, fixeron un anaco do Camiño Portugués.
O alumnado descubriu o valioso que resulta para o peregrino este aloxamento, e os servizos que lles ofrecen a través dunha visita guiada polas intalacións: comedor, cociña, oficina, lavandería, aseos, habitacións…Incluso fixeron que durmían no albergue!
Grazas ao persoal do albergue por esta inesquecible visita, que era para moitos nenos e nenas a súa primeira excursión!
Agardamos con ilusión a visita de Tino Lores ao noso colexio para seguir aprendendo máis cousas sobre o Camiño de Santiago.
![]() |
| Para ver toda a reportaxe fotográfica pinchade aquí. |
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)


















