sábado, 21 de decembro de 2019
BO NADAL
Hoxe foi un día moi especial!!!
Especial de ver a todos o nosos cativ@s gozar coa visita de Papá Noel e os seus Elfos, de ver esa ilusión nas súas cariñas, ese momento de nervos, de inocencia...
Un día de celebración e felicitacións a través de panxoliñas, cantos de reis e incluso unha obra de teatro.
E nós non podiamos ser menos... por iso... todos os que formamos parte da COMUNIDADE EDUCATIVA do CEIP San Martiño queremos desexarvos un BO NADAL e un FELIZ ANO 2020, cheo de novas ilusións e moi bos momentos!
Agradecemos, tamén, a colaboración da ANPA, que sempre está disposta a colaborar con nós, para que este día sexa marabilloso.
Durante estes días subiremos as fotos e vídeos! Estade atentos!!!
domingo, 8 de decembro de 2019
"A NENA E O GRILO"
O mércores pasado, os alumnos e alumnas de 1º e 2º de primaria achegáronse ao Teatro Principal de Pontevedra para gozar da nova obra de Magín Blanco
"A NENA E O GRILO"
Esta nova montaxe conta, a través da amizade, da cooperación, da tolerancia e da superación aos medos, unha historia onde os protagonistas pisan sen querer á súa amiga Xertudre a Araña... Buscando a maneira de devolvela á vida, atópanse uns artistas ambulantes que os guiarán a través da maxia e da música ao País dos Mortos.
xoves, 5 de decembro de 2019
DE ROTEIRO POR PONTEVEDRA
Onte, os nenos e nenas de 6º de Educación Infantil puideron desfrutar dun roteiro polas prazas máis emblemáticas de Pontevedra: Praza da Peregrina, Praza da Ferrería, Praza de Ourense, Praza da Estrela, Praza da Verdura, Praza da Leña...

Todos e todas escoitaron moi atentos a Roberto, quen lles explicou o por que do nomes das prazas e que se facía en cada unha delas durante a Idade Media.
Deixámovos unha pequena mostra, pero se quereres ver todas as fotos podedes facer clic aquí
Pasáronno xenial e ata practicaron levando un caldeiro na cabeza, como facían as mulleres antigamente.
Etiquetas:
normalización,
Pontevedra,
roteiro
mércores, 4 de decembro de 2019
SEXTING E TECNOADICIÓN
Esta actividade forma parte do PLAN DIRECTOR para a convivencia e a mellora da seguridade nos centros educativos e nos seus contornos, impulsado desde Delegación do Goberno en Galicia e a Alta Inspección de Educación, na cal leva participando o CEIP San Martiño dende hai varios anos.
"O pasado venres, dous membros da Comisaría de Policía de Pontevedra, viñeron ao colexio a darnos unha charla sobre o “sexting” e a “tecnoadición” e advertirnos ao alumnado de 5º e 6º de primaria sobre o perigo das novas tecnoloxías.
"O pasado venres, dous membros da Comisaría de Policía de Pontevedra, viñeron ao colexio a darnos unha charla sobre o “sexting” e a “tecnoadición” e advertirnos ao alumnado de 5º e 6º de primaria sobre o perigo das novas tecnoloxías.
Sobre as tecnoadicións explicáronnos como detectar se alguén é tecnoadicto/a en calquera das súas formas: grooming, vamping, hikikomori …
Ser unha persoa tecnoadicta lévanos a establecer menos contacto cara a cara, a xogar menos cos nosos amig@s e, en definitiva, a pasar menos tempo ao aire libre. Algúns sinais desta adición son que sentes a necesidade de estar conectado a un aparato electrónico, que estás de mal humor se non podes estar conectado e ao conseguinte illamento de familiares e amigos.
Cando un adulto, mediante as redes sociais ou aplicacións, contacta cun menor a través dun perfil falso para conseguir fotos, falamos de grooming.
Sobre o sexting explicáronnos que consiste no intercambio de fotografías pornográficas entre a persoa que acosa e a persoa afectada, e que os nosos pais/nais teñen que saber en todo momento o que temos no móbil e as consecuencias para nós se o usamos mal."
** Texto escrito polo alumnado de 6º de Ed. Primaria
mércores, 27 de novembro de 2019
PALABRAS PERCUDITAS
Hoxe, os nenos e nenas de 1º e 2º de primaria asistiron ao Sexto Edificio do Museo de Pontevedra para desfrutar de PALABRAS PERCUDITAS: un concerto didáctico onde se mesturou a música coa narración oral, onde instrumentos musicais moi descoñecidos polo alumnado como o djembé, bombo liguero, xilófono de barro, udu e tambores de garabato, axudaron a tomar forma propia a través do ritmo.
Foi un luxo poder gozar da voz de Charo Pita e da música de Javier Fernández, ademais dunha explicación da orixe dos contos narrados e dos instrumentos utilizados durante a función
Velaquí unha pequena mostra do ben que o pasaron!
Se quereres ver todas as fotos facede clic na imaxe
Etiquetas:
contacontos,
OQO,
Teatro Principal
luns, 25 de novembro de 2019
DÍA INTERNACIONAL CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO
Hoxe, 25 de novembro é o día internacional contra a violencia de xénero e nós non quixemos pasalo por alto.
Dende o CEIP San Martiño dicimos NON Á VIOLENCIA CONTRA AS MULLERES todos os días... a todos os niveis... en todas as idades!!! Nós non somos cómplices!!!
Amosámosvos un breve resumo do traballo feito polos nos@s alumn@s: tamén din NON á violencia de xénero!!! Fai clic na imaxe para velo
Dende o CEIP San Martiño dicimos NON Á VIOLENCIA CONTRA AS MULLERES todos os días... a todos os niveis... en todas as idades!!! Nós non somos cómplices!!!
Amosámosvos un breve resumo do traballo feito polos nos@s alumn@s: tamén din NON á violencia de xénero!!! Fai clic na imaxe para velo
sábado, 16 de novembro de 2019
A VIAXE DO GUERNICA
Onte, venres 15 de novembro, as nenas e nenos de 5º e 6º de visitaron a exposición de La Caixa sobre o cadro do Guernica situado na Praza de España de Pontevedra.
O guía, Daniel, contoulles moitísimas cousas en relación a este cadro de Pablo Picasso, como que foi o encargo que lle fixo o bando da República a este pintor en plena Guerra Civil e que non cobrou por el, mais si hai un recibo que especifica o prezo do material empregado; grazas a iso O Guernica puido traerse a España en avión despois de 38 anos.
Hoxe en día pódese visitar no museo Reina Sofía de Madrid.
O guía, Daniel, contoulles moitísimas cousas en relación a este cadro de Pablo Picasso, como que foi o encargo que lle fixo o bando da República a este pintor en plena Guerra Civil e que non cobrou por el, mais si hai un recibo que especifica o prezo do material empregado; grazas a iso O Guernica puido traerse a España en avión despois de 38 anos.
Hoxe en día pódese visitar no museo Reina Sofía de Madrid.
Etiquetas:
arte,
Guernika,
Pontevedra,
visita,
visitas
O CAMIÑO E OS ESPAZOS NATURAIS
Hoxe, o alumnado de 4º e 5º de Educación Primaria realizaron a derradeira actividade en colaboración coa Asociación de amigos e amigas do Camiño Portugués.
A actividade clausurouse cunha exposición dos traballos realizados polos nenos e nenas á que acudiron diversas autoridades do Concello de Pontevedra, da Deputación e da Xunta de Galicia.
Todos os nenos e nenas foron agasallados cunha mochila que contiña diversos obxectos relacionados co Camiño a Santiago.
Se queres ver todas as fotos fai clic aquí
xoves, 14 de novembro de 2019
PRIMEIRO PREMIO ERNESTINA OTERO
Estamos de celebración!
Hoxe, os alumnos de Educación Infantil e 1º de primaria, foron a recoller, no Teatro Principal de Pontevedra, o PRIMEIRO PREMIO, por segundo ano consecutivo, da súa categoría, pola súa participación nos premios ERNESTINA OTERO 2019.
A través da proposta galardonada "Unha mirada lila desde as pioneras pontevedresas ata as descoñecidas científicas"os máis peques do colexio, coa axuda das súas mestras, traballaron a visibilización das aportacións fundamentais realizadas polas mulleres ao longo da historia no ámbito científico.
Asimesmo, o premio valora a loita contra os estereotipos de xénero, que se marcan dende as idades máis temperás, a través de aspectos achegados á nosa realidade, dotando ao noso alumnado de ferramentas para enfrontarse aos estereotipos e acadando resultados satisfactorios.
Presentámosvos un vídeo da recollida de premios! Esperemos que disfrutedes tanto como o fixeron hoxe os nosos peques!!!
PARABÉNS!!!
Etiquetas:
concello,
educación infantil,
Ernestina Otero,
premio
martes, 12 de novembro de 2019
O MAGOSTO
Un ano máis, o noso magosto estivo cheo de sorpresas e bos momentos; xogos populares como “Tira da soga”, “O xogo dos rabos” ou “A ra” animaron a
nosa festa.
Como xa é tradición no colexio, foi o alumnado de sexto o encargado dos
xogos do magosto. Había sete grupos e sete xogos diferentes. Nenas e nenos,
dende infantil ata 5º de primaria, ían rotando polos xogos. Nós, os de sexto,
explicabámoslles como xogar e logo vixiabamos que o fixesen ben.
O tempo pasóusenos moi rápido!!!
O traballo cooperativo fixo posible que a festa se desenvolvese ben e puidesemos gozar dun moi bo día. Alumnado e profesorado vimos brilar o noso traballo con éxito e, grazas a que o tempo acompañou, puidemos degustar as deliciosas castañas ao aire libre.
O traballo cooperativo fixo posible que a festa se desenvolvese ben e puidesemos gozar dun moi bo día. Alumnado e profesorado vimos brilar o noso traballo con éxito e, grazas a que o tempo acompañou, puidemos degustar as deliciosas castañas ao aire libre.
Esperamos que esta tradición do norte de España non se perda
nunca. É unha experiencia que ninguén debería deixar de ter.
Etiquetas:
magosto,
outono,
traballo cooperativo
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)






















