Blog da Biblioteca do CEIP San Martiño

Salcedo-Pontevedra
____________________________________________________________________________________________________________________________________

luns, 16 de marzo de 2020

PROPOSTAS DE ACTIVIDADES PARA TRABALLAR NA CASA...
Xa están subidas algunhas das actividades para traballar cos nenos/as durante este tempo excepcional de permanencia forzosa nas nosas casas...

Dentro da web oficial do Centro (https://www.edu.xunta.gal/centros/ceipsanmartino/), pinchade na pestana AULA VIRTUAL, que aparece na barra superior e ides atopar por cursos e especialidades propostas de traballo. 

Comezamos esta mañá a subir materiais. Aínda non están todos... Pedimos, teñades paciencia. As webs dos centros, o correo corporativo, etc non funcionan coma sempre e temos problemas técnicos para poder facérvolos chegar.

Moitas grazas pola vosa comprensión e non esquezades que agora o primordial é ser capaces entre todos/as de vencer a esta terrible pandemia...

                                                         Un saúdo moi afectuoso de todo o profesorado...

venres, 13 de marzo de 2020

Museo Científico

MUSEO CIENTÍFICO

Ao longo da mañá do xoves 12 de marzo veu ao cole o equipo de Ciencia Divertida para facer disfrutar ao noso alumnado de 5º e 6º de Educación Primaria dun Museo Científico, didáctico e interactivo onde a través da experimentación, da participación e sobre todo da diversión aprenderon moitos conceptos científicos.

Dende o por que da forma dun panal confeccionado polas abellas, a aprender algo máis das lei de Newton...os nos@s alumn@s de 5º e 6º puideron tomar contacto de forma activa co mundo da Bioloxía, da Física e da Ciencia en xeral, iso sí... neste día estaba PROHIBIDO NON TOCAR!!!!!

Charla FARO DA ESCOLA do biólogo Luis Sampedro Pérez

 CHARLA DO BIÓLOGO

Luis Sampedro Pérez

Hoxe veu a dar unha charla ao alumnado de 3º, 4º, 5º e 6º de Educación Primaria un biólogo e investigador do CSIC, Luis Sampedro Pérez.
Esta actividade está  relacionada co tema central do proxecto de investigación deste curso 
"Cambio climático" 
e en colaboración con Faro da escola, viu contarnos moitas cousas sobre A Antártida.

Este investigador que traballa en Salcedo, na Misión Biolóxica de Galicia, realizou varias 
expedicións científicas a Antártida e explicoulle ao alumnado a repercusión que o quecemento global está a ter nesta zona do mundo que concentra o 70 % da auga doce.   
Tamén lles falou aos rapaces e rapaces da riqueza e diversidade de vida da zona pese ao expolio ao que foi sometida durante anos e da importancia que ten que cada un deles sexa responsable co medioambente.


Se queres ver toda a reportaxe fai click aquí


xoves, 5 de marzo de 2020

ÓPERA GUILLERMO TELL

ÓPERA GUILLERMO TELL

O pasado mércores 4 de marzo o alumnado de 3º, 4º, 5º e 6º de Educación Primaria asistimos no Teatro Principal a unha adaptación da ópera de Rossini, Guillermo Tell.

Foi moi divertido e entretido. A través da música e do teatro o noso alumnado achegouse un pouco ao mundo da música clásica e por suposto, da ópera. Ademáis de coñecer e tomar contacto co mundo do "bel canto" o noso alumnado disfrutou dunha das obras máis importantes da música clásica.

Resultado de imagen de imagenes de opera guillermo tell en ferro

Teatro Migallas

TEATRO "MIGALLAS"

O pasado luns 3 de marzo visitou ao alumnado de Educación Infantil do noso centro o grupo teatral Migallas, actividade enmarcada dentro do Servizo de Dinamización da Lingua Galega do Concello de Pontevedra.

Mediante técnicas como a teatralización, dramatización e acompañamento musical conseguiron mergullar aos cativos e cativas no mundo dos contos con Daniela Pirata, Peixe Nadarín, Chivos chivóns, ou Polo Camiño.
Foi unha actividade motivadora e realmente enriquecedora que anima ao uso da nosa lingua na literatura dos pequenos e pequenas.

luns, 2 de marzo de 2020

Visita de ORBIL

Visita de ORBIL a mascota do 

SALÓN DO LIBRO INFANTIL E XUVENIL

O pasado venres 14 de febreiro tivemos unha visita moi especial no noso cole. Achegouse a vernos ORBIL, a mascota do Salón do Libro Infantil e Xuvenil de Pontevedra.
Coa súa visita lembramos que xa están moi preto as datas para visitar O Salón e nós contámoslle que xa estamos a piques de rematar os nosos traballos para a exposición, que nesta XXI edición ten como temática central"O HUMOR".

Teatro de 5º e 6º de Educación Infantil "O lobo e a lúa"

Teatro de 5º e 6º de Educación Infantil "O lobo e a lúa"

O pasado martes 18 de febreiro o alumnado de 5º e 6º de Educación Infantil acudiu ao Teatro Afundación para disfrutar da obra "O lobo e a lúa".

Foi unha peza teatral moi divertida, na que os personaxes convivían moi ben entre eles. Na obra, que sempre transcorre durante a noite, á luz da lúa, trátanse temas como a amizade e o amor así como a superación dos medos. 
Pasámolo xenial!!!!





A vivir que son 100 anos

A vivir que son 100 anos

O pasado xoves 27 e venres 28 de febreiro o alumnado de 4º e 5º de Educación Infantil e 3º, 4º, 5º e 6º de Educación Primaria visitaron unha exposición no Café Moderno que levaba por título "A vivir que son 100 anos".

A actividade tivo dúas partes diferenciadas: 
*A primeira parte foi unha visita á exposición do mesmo nome, deseñada pola Fundación Xeral CSIC na que se tratan temas como a lonxevidade, o envellecemento saudable, a vitalidade na madurez, etc. A visita abórdase dende un xogo de búsqueda de información por grupos.
Remataron a visita á exposición con xogos que invitaron aos nenos e nenas a descubrir os retos que pode supor a vida na madurez.

* A segunda parte foi un obradoiro onde os nenos e nenas xogaron a ser inventores/as do futuro e tiveron que imaxinar ferramentas, inventos, aplicacións , etc, en definitiva distintos proxectos, que axuden a cubrir as necesidades dos maiores e fagan a súa vida máis sinxela.



Se queredes ver a nosa reportaxe fotográfica facede click aquí

Día da Muller e da Nena na Ciencia

O alumnado de 5º e 6º de E.P. asistiu á conferencia que tivo lugar o pasado 14 de febreiro no Teatro Principal con motivo do Día da Muller e da Nena na Ciencia. Acudimos á conferencia da bióloga portuguesa e doutora en Bioquímica e Bioloxía Molecular:


Carme Fouces na presentación dos actos do Día da Muller e a Nena na Ciencia.


O noso alumnado quixo aprender algo máis do traballo desta importante muller que, coma outras científicas e investigadoras, adican a súa vida á ciencia  e ademáis quixeron poñer en valor o seu labor dentro do mundo da Ciencia.

Joana Magalhaes



Teatro Universario E. Infantil

RESUMO DAS ACTIVIDADES DO MES DE FEBREIRO

Saída TEATRO "Universario"

O pasado  luns 10 de febreiro o alumnado de 5º e 6º de Educación Infantil asistiu á obra de teatro titulado "Universario"  no Teatro Principal de Pontevedra, obra programada dentro das actividades do Luns do Principal.

Durante a obra de teatro disfrutaron dun espectáculo divertido, alegre e imaxinativo nun pequeno universo de letras vogais que se foron transformando en paisaxes e onde viron como se pode xogar coas palabras, cos obxectos e transformar así a realidade en risas e imaxinación.

Resultado de imagen de Domingos do principal