mércores, 30 de outubro de 2019
SAMAÍN
Hoxe foi un día de festa!!! Un ano máis celebramos o samaín cunha chea de actividades: decoramos as portas, a nosa biblioteca transformaouse nun lugar de sorpresas de medo, nas aulas pintamos e fixemos debuxos terroríficos...
Ao final da mañá, disfrutamos dunha exposición de cabazas, grazas ao traballo colaborativo de todas as familias do centro e puidemos ver a obra de teatro titulada: "VOUTE COMER", na que aprendemos que aínda hai unha cousa peor có medo: A fame!!!!!!!!
Grazas a todo o profesorado que fixo posible que disfrutasemos de todas estas actividades do samaín!
Clica na imaxe para ver a reportaxe gráfica deste día.
domingo, 20 de outubro de 2019
CONTADOR QUE ME CONTAS
"CONTADOR QUE ME CONTAS"
Na hora de ler, os alumnos e alumnas de 4º, 5º e 6º de primaria representaron aos máis pequenos do cole, Educación Infantil, 1º, 2º e 3º de primaria un conto cada día, durante tres días consecutivos (mércores, xoves e venres).
Resaltar que os alumnos de 5º de primaria representaron unha obra creada por eles mesmos!
Clica na imaxe para ver os contos que foron escollidos.
Clica na imaxe para ver os contos que foron escollidos.
VISITA ANTÓN SOBRAL E TINO LORES
Continuando coa actividade "Amigos do camiño portugués", o pintor Antón Sobral, acompañado de Tino Lores, presidente da Asociación de Amigos do camiño portugués, viñeron ao centro para charlar cos nenos
e nenas sobre a pintura e a fantasía.
Ao rematar a charla repartiron entre o
alumnado, blocks de debuxo e rotuladores, cos que os nenos/as puideron debuxar
libremente.
A actividade continuará o vindeiro día 30 de outubro cun
paseo polo entorno do río dos Gafos e unha actividade de debuxo libro a carón
do río.
luns, 14 de outubro de 2019
VISITA "OCEANÓGRÁFICA"
Hoxe, con motivo do noso P.D.I "O cambio climático" recibimos a visita da oceanógrafa Marta Gómez Martín.
Contounos cousas tan importantes como que non debemos tirar plásticos ao mar, que a auga das nosas casa vai á depuradora para "limparse" e, que, así non lle faga dano á flora e fauna marítima...
Aos nenos e nenas encantoulles coñecer unha das profesións relacionadas co coidado do noso mar!
venres, 11 de outubro de 2019
CLUB DE CIENCIA
Alumnado de 5º e 6º de primaria potencian as vocación STEM a través do
CLUB DE CIENCIA
É unha actividade complementaria na que ao noso alumnado se lles suxire diferentes experimentos, co fin de que atopen resposta ás súas curiosidades e aos seus intereses. Ademáis buscamos que sempre se poida aplicar unha metodoloxía de indagación: o método científico.
Lévase a cabo todos os xoves en horario de 16:30 a 17:30.
Para ver todas as fotos desta segunda sesión fai clic aquí.
Deixámosvos unha mostra do ben que o están a facer!
martes, 8 de outubro de 2019
O CAMIÑO PORTUGUÉS
A Asociación de Amigos do Camiño Portugués escolleu o noso colexio para participar nunha actividade promovida e organizada dende a súa asociación para que os nenos coñezan un pouco máis do que xa aprendimos o pasado curso sobre o Camiño de Santiago na nosa cidade.
Dentro desta actividade tivemos a visita que, este xoves, fixo Tino Lores, Presidente da Asociación de Amigos do Camiño Portugués, para falarlles do Camiño Portugués ao alumnado de 4º e 5º e refrescar así moitas cousas que xa aprenderan o curso pasado. Tamén lles fixo entrega duns folletos explicativos da variante espiritual do camiño portugués e uns marcapáxinas como agasallo.
Posteriormente explicáronlles en que vai a consistir o resto da actividade, que se desenvolverá durante o primeiro trimestre en tres sesións:
- Na primeira sesión virá ao colexio un artista, posiblemente pintor o pintora da nosa cidade, que impartirán un obradoiro sobre a súa arte .
- Na segunda sesión, os nenos e nenas sairán do centro, a un lugar elixido polo artista para facer un debuxo que será exposto no albergue dos peregrinos de Pontevedra.
- Na terceira e derradeira sesión, faremos unha visita guiada a un espazo natural situado no Camiño Portugués.
Todo o material, así como os gastos do desplazamento están incluídos dentro de este proxecto e será proporcionados pola Asociación.
Para ver as fotos facede click na seguinte ligazón:
CHARLA AMIGOS DO CAMIÑO PORTUGUÉS
domingo, 29 de setembro de 2019
MANIFESTACIÓN POLO CLIMA
Este pasado venres 27 de setembro saímos ao patio do colexio para manifestarnos en contra do cambio climático porque queriamos que se escoitara a nosa voz para que se tomen medidas urxentes e salvar así o futuro do noso planeta.
O alumnado confeccionou distintos carteis nas titorías con lemas reivindicativos que axuden a que a situación actual do noso planeta sexa recoñecida por todos, tanto a nivel colectivo e gubernamental como a nivel individual, porque de todos depende que a terra continúe a ser un lugar habitable para as vindeiras xeracións.
A nosa natureza non é un lugar para visitar, e o noso fogar e por iso os nenos do cole quixemos sumarnos a esta protesta a nivel mundial.
Ademáis durante este curso 2019/2020 o tema do noso proxecto da biblioteca vai ser, precisamente o cambio climático.
![]() |
| Se queres ver toda a reportaxe pincha aquí: MANIFESTACIÓN. |
luns, 9 de setembro de 2019
BENVIDOS AO NOVO CURSO ESCOLAR 2019/2020
Queremos darvos a benvida a todos os alumnos e alumnnas, pais e nais para este novo curso que comeza!
Temos por diante un novo ano cheo de logros, novas aprendizaxes, experiencias, coñecementos, curiosidades, alegrías e xogos.
Hai algunhas novidades que, de seguro, van facer que todo isto se faga realidade dun xeito lúdico e por suposto, vos axude no voso día a día.
O timbre do colexio foi sustituído por un novo sistema de megafonía e será a música a que, cada mañán, vai dar o comezo e vai poñer a fin á nosa xornada e, por suposto, con música cambiaremos de clase !!!
Estreamos xogos no patio e algunha que outra sorpresa máis que o vindeiro mércores vos espera.
Pinchade no seguinte enlace para velo: XOGOS DO PATIO.
Pinchade no seguinte enlace para velo: XOGOS DO PATIO.
martes, 25 de xuño de 2019
FESTIVAL FIN DE CURSO 2019
Para rematar este curso 2018/19, o venres día 21 fixemos un festival con todo o alumnado do colexio!
Despedimos o curso con diferentes obras de teatro, cancións..., entrega de orlas para o alumnado de 6º de Educación Infantil e 6º de Educación Primaria e entrega dos diplomas de Ponteciencia.
O alumnado de 4º de Educación Infantil bailou a muñeira "O vello mentireiro". Ollade o ben que o pasaron!
O alumnado de 5ª de Educación Infantil representou a obra de teatro "Doña Carme". Martina interpretou a Dona Carme e Valeria fixo de narradora mentres actuaban os demáis compañeiros e compañeiras.
O alumnado de 6º de Educación Infantil representou a obra "Imos contar un conto", unha variación do conto "A cebra camila" relacionada co proxecto anual de biblioteca, o Camiño de Santiago.
Ao finalizar a actuación tivemos a entrega de orlas para este alumnado que o ano que ven pasa para Primaria! Que contentos e ilusionados estaban coas súas orlas!
O alumnado de 2º de Educación Primaria bailou "A pulga na palla de Antonio Fraguas".
O alumnado de 3º de Educación Primaria interpretou un concerto para vaso e orquestra.
O alumnado de 4º de Educación Primaria representou a obra de teatro "Xuízo no bosque ou soñar non costa nada".
O alumnado de 5º de Educación Primaria cantou "Eu contigo, ti comigo".
O alumnado de 6º de Educación Primaria cantou a voces "Si mamaká".
Ao finalizar as actuacións houbo varias sorpresas! A entrega de orlas ao alumnado, unha proxección dun vídeo feito polos nenos e nenas deste curso onde dedicaban unhas palabras aos mestres e mestras e compañeiros, e un fermoso vídeo elaborado pola mestra Fátima con diferentes momentos ao longo destes anos no colexio, retrocedendo na súa infancia. Dende aquí, o profesorado quere desexarvos, unha vez máis, moita sorte nesta nova etapa!
Finalizamos este festival coa entrega dos diplomas de Ponteciencia e dos mediadores de conflitos, un orgullo para o profesorado conseguir por 5º ano consecutivo este 1º Premio!
Parabéns a todo o alumnado!
A continuación deixámosvos dous vídeos deste día! Para ver todas as fotografías fadede clic aquí. FOTOGRAFÍAS FESTIVAL CURSO 2019.
Actuacións do alumnado de Educación Infantil.
Actuacións do alumnado de Educación Primaria.
Foi un pracer contar coa presenza das familias!
Que pasedes un bo verán!
mércores, 19 de xuño de 2019
PETISCOS DE CIENCIA.
O luns 17 de xuño tivemos no C.E.I.P. San Martiño a segunda presentación sobre actividades STEM, chamadas "PETISCOS DE CIENCIA".
Coa dirección e coordinación de Diego Fariña, mestre de CCNN, os alumnos e alumnas de 5º curso de Educación Primaria, sorprendéronos con diferentes experimentos.
Puxemos en práctica de novo o método científico consolidando de forma divertida a aprendizaxe. Petiscos de Ciencia logrou xerar unha vez máis a curiosidade en todo o alumnado, explicando os diferentes experimentos para finalmente chegar todos xuntos a unhas conclusións.
Algúns dos experimentos que fixeron foron:
- Inflar un globo sen soprar, coa axuda de vinagre e bicarbonato. Un experimento de química fácil e divertido! Con este experimento aprendemos de forma lúdica sobre as reaccións químicas e os gases.
- Facer unha fonte cunha botella, un globo e unha palliña. Experimento de presión do aire.
- Levantar un vaso cun globo. Experimento científico usando auga fría e un chisqueiro.
![]() |
| Para ver máis fotografías pinchade aquí: PETISCOS DE CIENCIA. |
Dende aquí queremos agradecer ao mestre Diego Fariña e ao alumnado de 5º curso de Educación Primaria por esta segunda presentación de "PETISCOS DE CIENCIA"!
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)






















