Acábanse de publicar recentemente no Diario Oficial de Galicia
os premios á innovación educativa nos niveis non universitarios, que foran convocados en maio do 2008.
O CEIP San Martiño presentara o seu Proxecto Lector de Centro nunha das modalidades que contemplaba a Consellería de Educación nesa convocatoria e temos a satisfacción de comunicar que obtivemos un dos cinco premios que se concederon a nivel de Galicia.
Noticias coma esta supoñen unha dose de ánimo importante e axúdannos a continuar coa nosa labor docente de buscar día a día o mellor que poden dar de si os nosos alumnos. Tamén confirman que o noso traballo dentro da dinamización da lectura está no bo camiño e resulta moi gratificante saber que as actividades que se levan a cabo no centro son valoradas por unha entidade educativa, como é a Consellería.
Ademais de toda a alegría que supón este recoñecemento, non podemos esquecer que o premio vén acompañado cunha dotación económica de 1.500 euros, que se destinarán á mellora e ampliación dos fondos bibliográficos da nosa Biblioteca e para dar cumprimento aos obxectivos do Plan Lector.
Ningún comentario:
Publicar un comentario