O xoves 28 de outubro, na celebración do Samaín, o salón de actos converteuse nunha sala de exposicións, con máis dun centenar de cabazas decoradas polos rapaces e rapazas. Pero ademais, o salón foi ocupado por todo tipo de seres maléficos, como espíritos, esqueletos, pantasmas... que recibiron a visita dos asombrados alumn@s do colexio.
Durante a visita, todos os grupos foron obsequiados coa lectura dun conto de medo titulado “A casa da miña avoa”, que recorre ao suspense e a tensión narrativa para abordar a inquietante —mais finalmente divertida— xornada que vive o meniño protagonista, nun día que cría predicible: comer torta e apagar as candeas no día do seu aniversario.
O conto foi representado por un grupo de profesor@s e, como podedes ver neste vídeo, pasámolo realmente de medo!!!
Se queredes ver máis fotos dos actos só tedes que visitar "Oñitram", o blog do Equipo Dinamización da Lingua Galega. Esperamos que vos gusten!
Ningún comentario:
Publicar un comentario