Blog da Biblioteca do CEIP San Martiño

Salcedo-Pontevedra
____________________________________________________________________________________________________________________________________

sábado, 4 de febreiro de 2012

O ELIXIR DO AMOR
O xoves, 26 de Xaneiro, os alumnos de 5º e de 6º fomos ao auditorio de Nova Caixa Galicia a ver a representación do Elixir do Amor do compositor italiano Gaetano Donizetti.

Os que cantaban eran os da compañía Camerata Lírica de España.

Había dúas sopranos: Adina e Geanetta. Eran dúas mulleres que cantaban moi ben. Todas as cancións eran en italiano.

Nemorino era tenor, Belcore era barítono e o doutor Dulcamara era baixo barítono.

Aparte de cantar ópera tamén facían cousas divertidas para que non fora todo tan aburrido.

A min gustoume bastante. Daríalle de nota un 8. O personaxe que máis me gustou foi Nemorino porque era o que máis participaba e porque facía máis gracias.

Tamén era divertido o doutor Dulcamara xa que sempre tiña algunha escusa para subir os prezos dos seus beberaxes. 200 euros por unha simple botella de viño Ribeiro non me parece moi normal...

En resumo, que divertinme moito e espero poder volver a ver algunha obra de Camerata Lírica de España, se me fan rir como esta vez.

Voces dos personaxes: Nemorino tenor, Adina soprano, Geanetta soprano, Doutor Dulcamara baixo.

Donizetti naceu en Bergamo (Italia) en 1797 foi un dos creadores da ópera romántica, compuxo máis de setenta óperas entre as que está O elixir do amor . Morreu en 1848.

(Texto de Elia Pedrosa de 6º de Primaria)

Ningún comentario: