luns, 23 de abril de 2012
O CEIP
San Martiño- Salcedo, Pontevedra inaugura este luns 23 de abril a VIII
Semana da Lectura, adicada este ano á interculturalidade. Este evento está incluído do noso Proxecto Lector e forma parte do segundo proixecto da Biblioteca.
Ademais tamén ofrecemos aos nosos invitados e familias dúas exposicións moi
interesantes, Lérez ao natural e Obxectos
do mundo:
Lérez ao natural amosa
a fauna terrestre e acuática dos ríos de Pontevedra. Foi realizada polo
fotógrafo e documentalista Jorge Candán e permite admirar instantáneas inéditas
de tartarugas, raposos, salmantesas e outras especies.
Obxectos do mundo é unha
exposición única que foi organizada grazas á colaboración de todas as familias
do centro que aportaron obxectos dos cinco continentes. Dende aquí grazas a todos e a todas pola súa colaboración.
Temos o gusto de invitalos dende aquí a que participen connosco nesta actividade de lecturas compartidas.
Subscribirse a:
Publicar comentarios (Atom)
Ningún comentario:
Publicar un comentario