Comezamos na Igrexa da Peregrina, alí descubrimos que se fixo copiando a forma dunha vieira!
Seguimos camiñando cara á Praza da Ferrería, onde antigamente vivían os que traballaban deste oficio. Praza da Estrela, onde antes era correos e viaxaban en carros de cabalos, un deles chamábase Estrela e daí o nome da praza. Casa das Caras, caracterizada polos catro bustos renacentistas do século XVI, que adornan a súa fachada no piso superior, onde descubrimos a Alfonso X O Sabio.
![]() |
| Para ver todas as fotografías, pinchade aquí. |
Continuamos o roteiro pola Praza da Leña, Igrexa de San Bartolomeu e ou seus contrafortes; Praza da Verdura, onde tivo lugar o primeiro mercado da nosa cidade; Praza de Méndez Núñez e Fonte dos Tornos. 






Ningún comentario:
Publicar un comentario