venres, 8 de novembro de 2019
VISITA AO CASTELO DE SOUTOMAIOR
O xoves, 7 de novembro o alumnado de 4º e 5º de educación primaria visitou o Castelo de Soutomaior e os seus arredores; unha actividade realizada en colaboración coa Asociación de amigos
e amigas do Camiño Portugués de Santiago.
Na primeira parte da visita, un especialista da Estación Fitopatolóxica
do Areeiro explicoulles a flora máis importante, facendo especial referencia ás árbores
senlleiras que compoñen o xardín de excelencia internacional e os aspectos
relacionados co medio ambiente e o seu coidado e conservación.
O alumnado ficou abraiado coas secuoias xigantes e o ginkgo biloba, por ser esta unha
ábore xa existente no tempo dos dinosauros e a única que sobreviviu aos ataques de Hiroshima da II Guerra Mundial.
Despois, pasaron ao castelo, onde Tino Lores fixo de guía do mesmo. Alí, puideron ver un vídeo explicativo da súa historia.
Etiquetas:
camiño de Santiago,
castelo de Soutomaior,
charla,
contacontos,
saídas
Subscribirse a:
Publicar comentarios (Atom)
Ningún comentario:
Publicar un comentario