xoves, 26 de marzo de 2020
#QUÉDATENACASA
A terrible pandemia do COVID-19 obríganos a este confinamento nas nosas
casas: temos que estar na casa por lei e ademais debemos estar na casa por responsabilidade e
por civismo. Pensemos que a única maneira de parar a pandemia é co illamento
social.
Pero esta circunstancia leva ás familias a sufrir situacións de estrés ao
non poder movernos e realizar as tarefas e rutinas diarias, sobre todo cando na
casa hai nenos e nenas…
Dende o centro estamos a facer todo o posible para facer chegar ás familias
todos aqueles recursos que podemos poñer á súa disposición, para que o noso
alumnado poida seguir traballando desde os fogares.
Tamén somos conscientes das dificultades que moitas familias teñen por
falta de conexión, imposibilidade de acceder dende as súas ubicacións á rede,
esgotamento de datos móviles, etc…
Vivimos una situación de excepción e debemos manter a calma e pensar que o
máis importante sempre é salvar a vida e
a dos nosos fillos/as.
Dende esta semana a TVE 2 e o canal CLAN ofrecen una programación educativa
relacionada co currículo, APRENDEMOS EN CASA, que pode resultar un bo recurso para paliar as
dificultades destas familias de acceso aos contidos educativos.
Deixamos aquí a
programación, por se están interesados en vela nas súas casas:
luns, 16 de marzo de 2020
PROPOSTAS DE ACTIVIDADES PARA TRABALLAR NA CASA...
Xa
están subidas algunhas das actividades para traballar cos nenos/as
durante este tempo excepcional de permanencia forzosa nas nosas casas...
Dentro da web oficial do Centro (https://www.edu.xunta.gal/centros/ceipsanmartino/), pinchade na pestana AULA VIRTUAL, que aparece na barra superior e ides atopar por cursos e especialidades propostas de traballo.
Comezamos
esta mañá a subir materiais. Aínda non están todos... Pedimos, teñades
paciencia. As webs dos centros, o correo corporativo, etc non funcionan
coma sempre e temos problemas técnicos para poder facérvolos chegar.
Moitas
grazas pola vosa comprensión e non esquezades que agora o primordial é
ser capaces entre todos/as de vencer a esta terrible pandemia...
Un saúdo moi afectuoso de todo o profesorado...
venres, 13 de marzo de 2020
Museo Científico
MUSEO CIENTÍFICO
Ao longo da mañá do xoves 12 de marzo veu ao cole o equipo de Ciencia Divertida para facer disfrutar ao noso alumnado de 5º e 6º de Educación Primaria dun Museo Científico, didáctico e interactivo onde a través da experimentación, da participación e sobre todo da diversión aprenderon moitos conceptos científicos.
Dende o por que da forma dun panal confeccionado polas abellas, a aprender algo máis das lei de Newton...os nos@s alumn@s de 5º e 6º puideron tomar contacto de forma activa co mundo da Bioloxía, da Física e da Ciencia en xeral, iso sí... neste día estaba PROHIBIDO NON TOCAR!!!!!
Charla FARO DA ESCOLA do biólogo Luis Sampedro Pérez
CHARLA DO BIÓLOGO
Luis Sampedro Pérez
Hoxe veu a dar unha charla ao alumnado de 3º, 4º, 5º e 6º de Educación Primaria un biólogo e investigador do CSIC, Luis Sampedro Pérez.
Esta actividade está relacionada co tema central do proxecto de investigación deste curso
"Cambio climático"
e en colaboración con Faro da escola, viu contarnos moitas cousas sobre A Antártida.
Este investigador
que traballa en Salcedo, na Misión Biolóxica de Galicia, realizou varias
expedicións científicas a Antártida e explicoulle ao alumnado a repercusión que
o quecemento global está a ter nesta zona do mundo que concentra o 70 % da auga
doce.
Tamén lles falou aos rapaces e rapaces
da riqueza e diversidade de vida da zona pese ao expolio ao que foi sometida
durante anos e da importancia que ten que cada un deles sexa responsable co
medioambente.
Se queres ver toda a reportaxe fai click aquí |
xoves, 5 de marzo de 2020
ÓPERA GUILLERMO TELL
ÓPERA GUILLERMO TELL
O pasado mércores 4 de marzo o alumnado de 3º, 4º, 5º e 6º de Educación Primaria asistimos no Teatro Principal a unha adaptación da ópera de Rossini, Guillermo Tell.
Foi moi divertido e entretido. A través da música e do teatro o noso alumnado achegouse un pouco ao mundo da música clásica e por suposto, da ópera. Ademáis de coñecer e tomar contacto co mundo do "bel canto" o noso alumnado disfrutou dunha das obras máis importantes da música clásica.
Teatro Migallas
TEATRO "MIGALLAS"
O pasado luns 3 de marzo visitou ao alumnado de Educación Infantil do noso centro o grupo teatral Migallas, actividade enmarcada dentro do Servizo de Dinamización da Lingua Galega do Concello de Pontevedra.
Mediante técnicas como a teatralización, dramatización e acompañamento musical conseguiron mergullar aos cativos e cativas no mundo dos contos con Daniela Pirata, Peixe Nadarín, Chivos chivóns, ou Polo Camiño.
Foi unha actividade motivadora e realmente enriquecedora que anima ao uso da nosa lingua na literatura dos pequenos e pequenas.
luns, 2 de marzo de 2020
Visita de ORBIL
Visita de ORBIL a mascota do
SALÓN DO LIBRO INFANTIL E XUVENIL
O pasado venres 14 de febreiro tivemos unha visita moi especial no noso cole. Achegouse a vernos ORBIL, a mascota do Salón do Libro Infantil e Xuvenil de Pontevedra.
Coa súa visita lembramos que xa están moi preto as datas para visitar O Salón e nós contámoslle que xa estamos a piques de rematar os nosos traballos para a exposición, que nesta XXI edición ten como temática central"O HUMOR".
Teatro de 5º e 6º de Educación Infantil "O lobo e a lúa"
Teatro de 5º e 6º de Educación Infantil "O lobo e a lúa"
O pasado martes 18 de febreiro o alumnado de 5º e 6º de Educación Infantil acudiu ao Teatro Afundación para disfrutar da obra "O lobo e a lúa".
Foi unha peza teatral moi divertida, na que os personaxes convivían moi ben entre eles. Na obra, que sempre transcorre durante a noite, á luz da lúa, trátanse temas como a amizade e o amor así como a superación dos medos.
Pasámolo xenial!!!!
A vivir que son 100 anos
A vivir que son 100 anos
O pasado xoves 27 e venres 28 de febreiro o alumnado de 4º e 5º de Educación Infantil e 3º, 4º, 5º e 6º de Educación Primaria visitaron unha exposición no Café Moderno que levaba por título "A vivir que son 100 anos".
A actividade tivo dúas
partes diferenciadas:
*A primeira parte foi unha visita á exposición do mesmo nome, deseñada pola Fundación
Xeral CSIC na que se tratan temas como a lonxevidade, o envellecemento saudable, a vitalidade na madurez, etc. A visita abórdase dende un xogo de búsqueda de
información por grupos.
Remataron a visita á exposición con xogos que invitaron aos nenos e nenas a
descubrir os retos que pode supor a vida na madurez.
* A segunda parte foi un obradoiro onde os nenos e nenas xogaron a ser inventores/as do futuro e tiveron que
imaxinar ferramentas, inventos, aplicacións , etc, en definitiva distintos proxectos,
que axuden a cubrir as necesidades dos maiores e fagan a súa vida máis sinxela.
Se queredes ver a nosa reportaxe fotográfica facede click aquí |
Día da Muller e da Nena na Ciencia
O alumnado de 5º e 6º de E.P. asistiu á conferencia que tivo lugar o pasado 14 de febreiro no Teatro Principal con motivo do Día da Muller e da Nena na Ciencia. Acudimos á conferencia da bióloga portuguesa e doutora en Bioquímica e Bioloxía Molecular:
O noso alumnado quixo aprender algo máis do traballo desta importante muller que, coma outras científicas e investigadoras, adican a súa vida á ciencia e ademáis quixeron poñer en valor o seu labor dentro do mundo da Ciencia.
![]() |
Teatro Universario E. Infantil
RESUMO DAS ACTIVIDADES DO MES DE FEBREIRO
Saída TEATRO "Universario"
O pasado luns 10 de febreiro o alumnado de 5º e 6º de Educación Infantil asistiu á obra de teatro titulado "Universario" no Teatro Principal de Pontevedra, obra programada dentro das actividades do Luns do Principal.
Durante a obra de teatro disfrutaron dun espectáculo divertido, alegre e imaxinativo nun pequeno universo de letras vogais que se foron transformando en paisaxes e onde viron como se pode xogar coas palabras, cos obxectos e transformar así a realidade en risas e imaxinación.

Subscribirse a:
Publicacións (Atom)