xoves, 26 de marzo de 2020
#QUÉDATENACASA
A terrible pandemia do COVID-19 obríganos a este confinamento nas nosas
casas: temos que estar na casa por lei e ademais debemos estar na casa por responsabilidade e
por civismo. Pensemos que a única maneira de parar a pandemia é co illamento
social.
Pero esta circunstancia leva ás familias a sufrir situacións de estrés ao
non poder movernos e realizar as tarefas e rutinas diarias, sobre todo cando na
casa hai nenos e nenas…
Dende o centro estamos a facer todo o posible para facer chegar ás familias
todos aqueles recursos que podemos poñer á súa disposición, para que o noso
alumnado poida seguir traballando desde os fogares.
Tamén somos conscientes das dificultades que moitas familias teñen por
falta de conexión, imposibilidade de acceder dende as súas ubicacións á rede,
esgotamento de datos móviles, etc…
Vivimos una situación de excepción e debemos manter a calma e pensar que o
máis importante sempre é salvar a vida e
a dos nosos fillos/as.
Dende esta semana a TVE 2 e o canal CLAN ofrecen una programación educativa
relacionada co currículo, APRENDEMOS EN CASA, que pode resultar un bo recurso para paliar as
dificultades destas familias de acceso aos contidos educativos.
Deixamos aquí a
programación, por se están interesados en vela nas súas casas:
Subscribirse a:
Publicar comentarios (Atom)
Ningún comentario:
Publicar un comentario