O 3 DE DECEMBRO CELÉBRASE O DÍA MUNDIAL DA DISCAPACIDADE
Esa semana tivemos varias actividades no centro como a elaboración dun mural, unha exposición de libros, visionado de cortos... Pero o que máis nos gustou foi a charla que tivemos a cargo de Marcos, un mozo con problemas de mobilidade.
Primeiro contounos que naceu aos seis meses de embarazo e non podía respirar, iso afectou a súa capacidade locomotora.
Contounos como era o seu día a día, as dificultades que tiña e como cada vez máis atopaba cousas adaptadas que lle facían a vida máis sinxela.
O seu problema non lle impide facer deporte, sobre todo natación.
Respecto ao seu futuro quere ser profesor de educación física e despois profesor de balonmán.
XORNALISTAS DE 5º EP : IAGO MONTES, CARLOS MUÑOZ, ÁNGEL E SERGIO