Blog da Biblioteca do CEIP San Martiño

Salcedo-Pontevedra
____________________________________________________________________________________________________________________________________

domingo, 2 de febreiro de 2025

DÍA DA PAZ

O día 30 de xaneiro celébrase o día mundial da Paz

Escóllese ese día por ser o aniversario da morte de Mahatma Gandhi, ( A india 1869-1948), foi un líder pacifista que promoveu a paz e a non violencia.

                                                       


O símbolo da pomba baséase na historia de Noe, xa que foi este paxaro o que voltou cunha rama de oliveira no pico para indicar que xa había terra.

No colexio de San Martiño temos varias actividades para celebrar o día da Paz.

Temos un concurso de relatos pola Paz no que compite o alumnado en dúas categorías: 3º e 4º  e 5º e 6º de de Educación Primaria. O gañador  da primeira categoría foi Martín de 3º EP, e a gañadora da segunda categoría foi Cintia de 6º EP. Non podemos esquecer o concurso de debuxos, no que tamén hai dúas categorías, en educación infantil o gañador foi Oliver de 5º EI e en 1º e 2º EP o gañador foi Nicolás de primeiro curso.

Outra das nosas actividades é un mural da paz, para realizalo todo o colexio fixemos cunha cartolina un corazón, o pegamos noutra cartolina e cuns restos recortamos as letras "P","A" e "Z", formando a palabra PAZ. que pegamos no interior do corazón de cartulina. Cada unha destas cartulinas serviunos para construir un muro de paz.

A última actividade que fixemos chámase: "Contos pola Paz", consiste en que nas portas das aulas aparecen diferentes contos e tes que apuntarte ao que máis che guste, por exemplo tiñamos os contos: " Pilú, Pilú", " Dos ardillas e unha piña", "A orquesta de Clara", "Abaixo os muros".

A miña experiencia foi moi boa porque todos os contos tiñan un bo final, O conto que máis me gustou foi o da Orquesta de Clara, pero houbo outros moi chulos como " O segredo de Flora", "El gran libro de la amistad" ou " Batalla de Naipes".

Ese foi o libro que escoitei eu, foi o que se contou na aula de 6º EP, o seu autor chámase Juan Ignacio Pérez, as personaxes tiñan uns nomes moi curiosos: o rei Cachobruto segundo, Don Afiado primeiro o Cruel, o Cabaleiro da Alta Plumaxe, Dona Sota de Espadas e Sotina de Bastos. Non vou contar o contos, so vos direi que moito pelexaron Cachobruto segundo e Don Afiado primeiro.

XORNALISTAS DE 5ºEP: Alejo, Iago Montes, Carlos Múñoz, Ángel, Sergio, Atreio,Nuno, Nicolás 

 

Ningún comentario: