Saída da clase de 6º a Radio Pontevedra.
O dia 14 de outubro o alumnado de 6º de primaria do colexio fomos ás instalacións de Radio Pontevedra na rúa Castelao.
Recibíronnos amablemente, despois leváronos a unha pequena sala con moitas emisoras como: Los 40 Urban, Cadena 100, Cadena Dial, 40 Classic. Gustounos que sonara “Señor de la Noche” ..
Tamén nos explicaron como funcionaban as emisoras e déronnos consellos para facer radio como: non comer antes de falar, evitar tocar o micro, modular a voz, transmitir imaxes a través da palabra,...Tamén participamos nun programa de Radio en directo e entrevistamos ao conselleiro Demetrio Gómez.
Ao final agasalláronnos cunha bolsa que contiña: un boli, un caderno pequeno, unha cinta para o pulso e unha pegatina.
Ningún comentario:
Publicar un comentario