Outra foi Xan onde hai unha muller que sempre está mandando ao seu home a facer todas as tarefas.
venres, 22 de marzo de 2013
NENOS CONTADORES NO SALÓN DO LIBRO
Algunhas nenas e algúns nenos de 5º e 6º participamos no apartado de Contadores de Historias do Salón do Libro de Pontevedra. Como era pola tarde, tiveron que levarnos os nosos pais ou alguén da casa, por eso, algúns compañeiros non puideron ir.
Este ano lembráronse de dúas mulleres moi importantes: a mestra Mercedes Vázquez e a grade escritora Rosalía de Castro.
Mercedes Vázquez quería que todas as nenas e nenos falaran ben o galego, por iso, tivo a idea de crear o apartado de Contadores de Historias. Nós quixemos dedicar algúns versos de Rosalía á memoria de Mercedes Vázquez.
Xunto co colexio San Martiño, tamén participaron algúns, nenos e nenas do cole de Campolongo que fixeron unha representación moi bonita do conto COCORICO.
Nós contamos a vida de Rosalía resumida nun Power point e recitamos poesías, algunhas moi graciosas, como:
Eu ven vin estar o moucho.
Tamén Turra turra; que di o larpeiros que son algúns animais.
Vamos Bebendo que fala dos soños que temos as persoas, e que a veces se cumpren e outras non.
Outra foi Xan onde hai unha muller que sempre está mandando ao seu home a facer todas as tarefas.
Outra foi Xan onde hai unha muller que sempre está mandando ao seu home a facer todas as tarefas.
Por último cantamos e recitamos Alborada
Mais, inda había unha sorpresa final, o profe Elias que é gaiteiro, rematou a velada tocando na gaita A Fermosa Alborada, coa música que compuxo o gran Avelino Cachafeiro, e que soou en toda Galicia día de Rosalía o pasado 24 de febreiro.
Pasámolo xenial inda que tamén pasamos nervios porque había moito público.
Maia “Eu quería ir porque me gusta divertir ao público de todas as idades. Gustaríame que todas as persoas puidesen gozar da fermosidade do Salón do libro.”
martes, 26 de febreiro de 2013
PROGAMA DE RADIO. DALLE Á LINGUA DE ONDACERO P...
O martes 19 e o venres 22 de febreiro. A cadea de radio, Onda 0, estivo no noso colexio facendo unhas gravacións, para un programa de radio.
Os traballos empezaranse a emitir: dende o luns 4 de marzo ata o venres 15, as emisións durarán dúas semanas; de luns a venres, entre as 11,50 e as 12 horas da mañá
Pódense escoitar en directo ou a través da web http://www.ondacero.es/emisoras/pontevedra/
(Pinchade en "escuchar en directo" e buscar PONTEVEDRA.
Nesta experiencia radiofónica participou o alumnado de E. Infantil e 3º Ciclo de Primaria. Ambos presentaron os traballos cos que van participar no Salón do Libro de Pontevedra.
As nenas e nenos de Infantil, falan do que aprenderon sobre os trens. Este traballo acompáñano de libros, feitos por eles mesmos, máis unha maqueta dun tren, que presentan ao Salón do libro, que este ano se titula; A Toda Máquina.
O alumnado do 3º Ciclo únese a celebración do 150 aniversario de Cantares Gallegos de Rosalía de Castro. Prepararon un power point sobre a vida e obra de Rosalía e ademais recitan algúns poemas. Tamén o presentan no apartado de Nenos Contadores de Historias, nesta edición se rende homenaxe a mestra Mercedes Vázquez
Este prograrma de radio de OndaCero está patrocinado pola Concellaría de Normalización Lingüística do Concello de Pontevedra dentro do programa: Como lle chamas ás cousas?.
Moitas gazas a todos por darnos a oportunidade de participar nunha experiencia tan divertida e interesante.
mércores, 20 de febreiro de 2013
FESTA DO ENTROIDO: HISTORIA DO ROCK
Este ano o noso Entroido estivo dedicado ao Rock co motivo do inicio do noso segundo proxecto de Biblioteca, adicado en xeral á historia da música.
Realizamos diferentes obradoiros lúdicos ao longo da xornada, nos cales traballamos coa plática, a confección dun instrumento, maquillaxe, baile, xogos de informática...
Deixamos aquí esta pequena reportaxe.
xoves, 31 de xaneiro de 2013
SAÍDA AO CONCERTO DE ODAIKO
O venres 29 de xaneiro, o alumnado de 5º e 6º, asistimos a un concerto de percusión dun grupo galego de música chamado Odaiko.
Empezaron facendo rimos co corpo: pés, mans, xeonllos...
Dixeron que o primeiro instrumento musical que existiu; foi o noso propio corpo, antes incluso que as frautas
Estaban disfrazados de nenos que facían música con todo o que atopaban; cos pupitres na escola tamén fixeron os sons que se escoitan nunha clase como o xiz ou os lapis. Logo tocaron catro a vez a marimba. A continuación tocaron uns tambores moi raros que trouxeron do Xapón,
Fixeron música con botellas, unha tixola ...Todo lle serve para facer rimos.
Despois cuns tubos de plástico uns máis grandes e outros máis pequenos, chocando conta o chan, interpretaron O Can Can de Offenbach esto foi o que máis nos gustou.
Todo o que fixeron o fixeron cun toque de comedia. Demostraron que a música está en todas partes solo fai falta descubrila.
Por último asinaron autógrafos.
Gustounos moito
venres, 21 de decembro de 2012
martes, 18 de decembro de 2012
VISITA DE ANXO MOURE “O APALPADOR"
O xoves, 14 de decembro, recibimos a visita dun personaxe mítico que vive nas Serras do Courel e do Cebreiro, na provincia de Lugo, é o "Apalpador", que polo Nadal baixa a traerlle castañas asadas aos nenos cando están durmidos e despois apálpalle as barriguiñas para comprobar se comeron ben.
Anxo Moure é un escritor e conta contos. Ademais fai o personaxe de "Apalpador".
Cando entrou na nosa Biblioteca , o primeiro que fixo foi facernos unha proba:
tiñamos que responder a tres preguntas:
-Sodes de xoguete?- Nooon!!!
-Sodes dos que queiman os bosques ?- Nooon!!!
-Sodes dos que ensucian os ríos e os bosques ?- Nooon.!!!
Entón xa podiamos ser todos Apalpadores cantando esta canción :
Apalpa barrigas son,
apalpo a barriga coa miña man,
e traio castañas asadas
aos nenos e nenas que comen san.
Todos xuntos dixemos que non a moitas chuches e si aos bocadiños e a comida sana.
Despois ensinounos a mirar o mundo a través das árbores.
E co seu cabaliño de madeira“ Caramulo” nos transportamos ás Serras do Courel.
Alí respiramos o aire puro da natureza e dixemos: gracias carballos, gracias sobreiras, bidueiros, buxos, acivros...
Logo démoslles apertas ás árbores que eramos nós que faciamos o personaxe dunha árbore. E rematamos escoitando a súa música que saía da buxeira, unha frauta feita de buxo e pereira , un invento que estreou Anxo para nós. O seu son é moi alegre. Gardamos a súa música nas nosas mans, e se a escoitamos cando estamos tristes enseguida nos fai rir.
Para rematar dedicounos o seu libro, O Carballo con Botas, e algúns autógrafos.
Así foi... todo tan divertido...
luns, 10 de decembro de 2012
PARTICIPAMOS NO CULTURGAL
Foi a mellor saída que tivemos porque puidemos engadir un pequeno gran de trigo a esa grande feira da Industria Cultural Galega que se celebrou en Pontevedra.
O alumnado de 5ºe 6º curso, tivemos a sorte de facer un obradoiro de cabezóns co fabuloso artista que é Inacio Vilariño, empezamos a facelos no colexio e logo rematamos de pintalos alí no Culturgal. Unha vez rematados participamos no desfile xunto con outros coles e a banda de música que inauguraba a feira.
Foi moi divertido porque tiñamos que ir bailando ao son da música co cabezón posto na cabeza, Inacio ía diante nosa cun cabezón moi grade. Ata saímos no Telexornal.
Logo fomos a un concerto cos músicos, onde nos deron algunhas chuches e tamén aproveitamos para merendar.
Despois fomos ver todo o que había pola feira que eran moitos postos: de libros, obras de teatro, discos, programas de televisión... Déronnos a todos moitos marcapáxinas, algúns libros e varios discos.
Viñemos moi contentos, oxalá poidamos volver outro ano!
Alumnado de 5º.
martes, 13 de novembro de 2012
xoves, 8 de novembro de 2012
UNHA NOITE DE SUSTOS

Despois os dous fomos á casa de Xiana.
Cando chegamos, chamamos á porta, que se abriu renxendo ela sola. Dentro estaba moi escuro.
Con moito medo, asomamos un pouco as nosas cabezas para ver o que había no interior e...de repente a porta pechouse e empurrounos para dentro da casa. A escuridade era total. Escoitamos unha voz que dicía:
Son a pantasma branca e quérovos levar comigo!!! Seguídeme!!!
Tremelicando os dous seguimos aquela voz que nos levou pola escuridade ata o cuarto de Xiana, de súpeto, acendéronse as luces e apareceu Xiana co disfrazo de pantasma rindo a gargalladas do susto que nos metera.
- Imos agora á casa de Paulo?
-Preguntou Xiana. Nós dixemos que si porque xa nos estabamos divertindo con tantos medos.
Cando chegamos á súa casa chamamos á porta e quedamos a espera de que a porta se abrise a ver que sorpresa nos agardaba:
Entón unha sombra cunha corda na man apareceu no medio da porta e pouco a pouco íase achegando a nós,
Sen perder tempo botamos a correr canto nos daban as pernas.
Pasado un pouco escoitamos unhas risiñas , Era Paulo disfrazado de zombi.
Logo acordamos entre todos ir polas encrucilladas dos camiños asustando a todos os que andaban por fóra nunha noite tan perigosa.
Foi a noite de Samaín
máis divertida que vivín.
Texto: Clara
Debuxo: Álvaro
5º Curso
xoves, 1 de novembro de 2012
VIVAN OS MONSTRUOS!! VIVA O MEDO!!
No Samaín 2012 disfrutamos moito coas cabazas do medo, coas historias de fantasmas, coas lecturas de terror, en fin, coa maxia destas datas...
Como cada ano, organizamos a exposición de cabazas, grazas á colaboración de todas as familias do cento e tamén escenificamos un conto de medo, titulado"A min non me comas" da editorial OQO coa participación de dous alumnos de Primaria: Enzo de 6º e Gonzalo de 4º e tamén dalgúns profesores e profesoras, que se transformaron este día en actores e actrices improvisados.
Dende salcedoteca grazas a tod@s por prestar o seu tempo e axuda en conseguir que o día do Samaín sexa para os nosos alumnos e alumnas o día do medo máis esperado e menos temido...
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)