Blog da Biblioteca do CEIP San Martiño

Salcedo-Pontevedra
____________________________________________________________________________________________________________________________________

xoves, 21 de febreiro de 2019

CONVERTÉMONOS EN PEREGRINOS!

O alumnado de Educación Infantil do C.E.I.P. San Martiño visitou o mércores 20 de febreiro o albergue de peregrinos Virxe Peregrina de Pontevedra, facendo previamente un anaco do Camiño  Portugués. 
Esta saída está contextualizada nun proxecto anual que se está levando a cabo no centro sobre o Camiño de Santiago. 
Comezamos a saída no parque infantil de Campolongo, onde merendaron e se divertiron xogando todos xuntos.
Despois de repoñer forzas, fixeron un anaco do Camiño Portugués. 

Ao chegar ao albergue recibiunos Tino Lores (Presidente da Asociación de Amigos do Camiño Portugués) e unha hospitaleira. Comezaron explicándolles os requisitos para poder aloxarse no albergue, selaron as credenciais de peregrino e inscribíronse no libro de rexistro do albergue, asinando eles mesmos. Despois, visualizaron un vídeo da nosa cidade por onde pasa o Camiño.


O alumnado descubriu o valioso que resulta para o peregrino este aloxamento, e os servizos que lles ofrecen a través dunha visita guiada polas intalacións: comedor, cociña, oficina, lavandería, aseos, habitacións…Incluso  fixeron que durmían no albergue! 







Grazas ao persoal do albergue por esta inesquecible visita, que era para moitos nenos e nenas a súa primeira excursión!

Agardamos con ilusión a visita de Tino Lores ao noso colexio para seguir aprendendo máis cousas sobre o Camiño de  Santiago.
Para ver toda a reportaxe fotográfica pinchade aquí.



venres, 15 de febreiro de 2019

ENCONTRO CON BEGOÑA VILA

O luns 11 de febreiro o alumnado de 3º e 6º de Educación Primaria participou nun encontro con Begoña Vila, co obxectivo de celebrar o Día da Muller e a Nena na Ciencia. Begoña Vila, é unha enxeñeira astrofísica que traballa na NASA, e é a encargada de controlar o telescopio espacial James Webb, o sucesor do "Hubble" que será enviado ao espacio no vindeiro 2019.

A comunicación con Begoña Vila foi por videoconferencia dende Washington, nunha pantalla no Salón de actos do Pazo da Cultura.
Entre outras cousas, fíxolles reflexionar, a través dunha gráfica, sobre a realidade dos traballos que desempeñan as mulleres (baixo porcentaxe de altos cargos). Explicoulles a súa labor como enxeñeira nun centro de voo espacial, e do telescopio James Webb no que está a traballar.
Finalizaron este encontro cunha rolda de preguntas que o alumnado tiña preparadas.
O alumnado foi resolvendo moitas das dúbidas e curiosidades da man de Begoña. Sen lugar a dúbidas, unha experiencia gratificante para todos e cada un deles!
Pinchando aquí podedes visualizar todas as fotografías.


domingo, 10 de febreiro de 2019

OBRADOIROS DE HABILIDADES SOCIAIS NO C.E.I.P. SAN MARTIÑO

O CEIP San Martiño ofrecerá a partir deste mes obradoiros de habilidades sociais para 4º, 5º e 6º de Educación Primaria. Son organizados coa colaboración do  Concello de Pontevedra e realizaranse en cinco sesións, ao longo dos vindeiros tres meses. Son impartidas por un grupo de pedagogos do Concello.

Este pasado mércores día 6, impartiuse un deles en 6º de Educación Primaria: comezou o obradoiro cunha dinámica de grupo, para incidir na realidade de que, aínda que parece que nos coñecemos pola convivencia diaria, pode que algúns aspectos de cada un de nós pasen desapercibidos para o resto. Resultou todo un éxito, ás veces sorprendíanse eles mesmos coas respostas, pois non sempre foron quen de atinar co nome da compañeira ou compañeiro que estaba detrás desas actividades.
A segunda dinámica que propuxo a pedagoga foi, se cabe, aínda máis interesante, pois pretendía demostrar como non se chega a producir unha comunicación plena se a situación non é propicia. Foi realmente divertido! Decatáronse do complicado que pode resultar comunicar ou expresar algo e conseguir ser realmente comprendido.

O alumnado agarda con ilusión aprender novas habilidades nos próximos talleres!! 

Para acceder as fotografías pinchade aquí: OBRADOIROS.


domingo, 3 de febreiro de 2019

DÍA ESCOLAR DA NON VIOLENCIA E DA PAZ!

O mércores 30 de xaneiro celebramos todos xuntos o Día Escolar pola Paz e a Non Violencia.
Pretendemos fomentar no alumnado coñecementos e actitudes que nos conduzan cara a sociedades máis tolerantes e empáticas, onde primen valores de respecto, cooperación, solidariedade, igualdade entre mulleres e homes, desenvolvemento dos dereitos humanos, entre outros. 
Por iso, estes días fixemos unha serie de actividades, como son: elaborar pombas e marcapáxinas de contos relacionados coa Paz, decorar as portas das aulas, aprender poemas de Gloria Fuertes, etc.
O propio día da Paz, fixemos Contacontos nas aulas, demos "abrazos gratis" e cantamos todos xuntos unha canción. 

En cada aula contouse un conto, e nos días previos, profesorado e alumnado decoraron as súas portas con imaxes do mesmo. Cada neno e nena, foi visitando as diferentes portas das aulas e escollendo o conto que quería escoitar o día da Paz.

Os contos a elixir eran os seguintes: 
   4º Educación Infantil: De que cor é un bico?
   5º Educación Infantil: Hoy no juegas.
   6º Educación Infantil: Imagine.
   1º Educación Primaria: Jaime de cristal.
   2º Educación Primaria: La guerra de los números. 
   3º Educación Primaria: El enemigo.
   4º Educación Primaria: Malala. Temos dereitos.
   5º Educación Primaria: El hombre de la luna.
   6º Educación Primaria: A visita dos troles. 
   Aula de inglés: El Rey que quería un amigo.


Tanto o profesorado como o alumnado gozou moito desta actividade acollendo a alumnos e alumnas de diferentes idades e compartindo un momento agradable da lectura nun día especial. Sen dúbida, unha gran experiencia para todos!

Para finalizar este día, cantamos todos xuntos no salón de actos a canción "Hecho con tus sueños" de Maldita  Nerea. 
A continuación podedes ver un vídeo das diferentes actividades e da canción.

Para ver toda a reportaxe fotográfica, fadede click na palabra PAZ.

O día da Paz, ten que estar cada día no centro, durante todo o curso, por iso seguiremos traballando cada día para logralo!!!




xoves, 31 de xaneiro de 2019

O ALUMNADO DE 6º DE EDUCACIÓN PRIMARIA VISITA O IES TORRENTE BALLESTER

 VISITA AO IES TORRENTE BALLESTER
A transición entre as distintas etapas educativas debe ser un proceso, non un cambio. Nesta transición, o alumnado experimenta medos, dúbidas, desorientación… Así, para que esta adaptación á nova situación se desenvolva de forma positiva, é necesaria unha colaboración, coordinación e comunicación dos centros de Educación Primaira cos Institutos do municipio, sendo primordial o apoio e implicación das familias

Para afrontar estes cambios, o alumnado de 6º de Educación Primaria, fixo unha visita ao IES Torrente Ballester. Queremos contarvos esta experiencia! 

Ao entrar no IES, recibiunos o director, David Castro, e acompañounos á primeira aula que íamos visitar, a aula de música. 
Aquí, puidemos tocar varios instrumentos de percusión e o piano. O alumnado do IES sorprendeunos cunha sinxela melodía, onde posteriormente algún alumno e alumna do centro animouse a participar. 

Neste vídeo podedes escoitar un anaco da canción:

Continuamos coa visita aos laboratorios de física e química e a aula de tecnoloxía, onde puidemos ver os proxectos que realiza o alumnado dos diferentes cursos do instituto, incluso probamos o ben que funcionaban!

Despois, na aula de informática o director comentounos que o alumnado de 1°da ESO non a ía usar moito, xa que están no programa Edixgal e cada alumno e alumna ten o seu propio ordenador portátil. 
Visitamos unha das aulas de 1° da ESO, o alumnado estaba na clase de matemáticas. Tamén coñecemos o pavillón polideportivo e o salón de actos, onde atendemos ás explicacións do director e respondeu ás cuestións que inquietaban aos alumnos e alumnas sobre o funcionamento do centro.


Finalizamos esta interesante e necesaria visita na biblioteca, onde a xefa de estudos fixo unha presentación polo miúdo sobre os estudos que se imparten no instituto, incidindo nos primeiros cursos da ESO.
Queremos dar as grazas ao Instituto por un agasallo que nos fixo moita ilusión! Un conto de María Victoria Moreno, ilustrado polo alumnado do IES, para cada alumno e alumna e tamén para a biblioteca do cole! 
Antes de marchar, sacamos unha foto de grupo no exterior do centro e visitamos o patio cuberto, onde nos refuxiaremos os días de choiva.
Para ver máis fotografías, fadede click aquí.
Desde o Ceip San Martiño, queremos garantir un bo proceso de transición entre estas etapas, polo que, mantemos a comunicación entre o profesorado do centro e dos institutos. A coordinación entre ambos centros é un aspecto clave para que o noso alumnado supere con éxito a incorporación a esta nova etapa.
Coma sempre, quedamos á disposición das familias para calquera dúbida.



sábado, 26 de xaneiro de 2019

PLAN DIRECTOR NO CEIP SAN MARTIÑO

Este venres 25 de xaneiro, o alumnado de 5º e 6º curso de Educación Primaria participou no Plan Director impartido pola Policía Nacional. 

Este Plan, impulsado desde Delegación do Goberno en Galicia e a Alta Inspección de Educación, ofrece aos centros a posibilidade de solicitar charlas informativas sobre temáticas como o acoso escolar, violencia de xénero, novas tecnoloxías, etc. 
Desta maneira, ponse de manifesto o compromiso da Consellería e dos centros coa construción dunha sociedade tolerante e democrática.

Por este motivo, recibimos a visita dun dos policías que imparten as charlas deste Plan. O tema en concreto foi o Acoso Escolar, mais coñecido como Bullying
En primeiro lugar, Roberto (un dos policías) explicoulle ao alumnado, a través dunha presentación en Power Point, ideas precisas sobre o tema, dando pistas claras para que os nenos e nenas puideran identificar este tipo de situacións. O alumnado involucrouse e interactuou con Roberto, xurdindo o longo da charla multitude de cuestións que foi resolvendo puntualmente. Tamén lles falou do ciberacoso e das redes sociais. 
Para rematar, ensinoulles un vídeo dunha situación real de acoso nun centro educativo que serviu de exemplo de toda a charla. Posteriormente, xerouse un interesante debate onde todo o alumnado participou de maneira activa e interesada. 
Se queredes ver máis fotografías, pinchade aquí. 
Ademais, repartiron un tríptico a cada neno e nena con diferente información que aquí vos ensinamos.

Dende o CEIP San Martiño, queremos agradecer a implicación á Policía Nacional para dar a coñecer esta problemática actual

venres, 11 de xaneiro de 2019

VISITA DIDÁCTICA ÁS INSTALACIÓNS DO PARQUE DE BOMBEIROS.

O xoves 10 de xaneiro o alumnado de 1º e 2º curso de educación primaria acudiu ao Parque de Bombeiros de Pontevedra. Nesta visita didáctica os bombeiros explicáronlles en que consiste o seu traballo, cales son as funcións deste corpo, os equipos que utilizan e como reaccionar en caso de emerxencia.
Os escolares recibiron consellos básicos que logo poderán transmitir aos seus familiares e compañeiros: a formación sobre prevención desde unha idade temperá é moi importante. 
Querémosvos contar a divertida experiencia que viviron estes rapaces e rapazas!
Comezaron falando da indumentaria que teñen que levar os bombeiros (traxe, accesorios...), fixeron representacións das formas de actuar para rescates en incendios, no mar, en accidentes... e amosáronlles os distintos accesorios do camión de bombeiros.
Despois, ensináronlles a manexar a mangueira a cada neno e nena, con auga e todo! Tamén aprenderon a poñer o casco e, por último, subiron ao camión en pequenos grupos para ver o interior e facer un simulacro con sirena e arranque do camión. A cada grupo fixéronlle crer que tiñan unha chamada real! 
Máis adiante visitaron as instalacións: ximnasio, cociña, sala e demais estancias e, para rematar,  os bombeiros fixeron unha demostración con espuma. 
Podedes ver todas as fotografías facendo click aquí
  
Gustaríanos agradecer a todo o persoal do Parque de Bombeiros de Pontevedra o trato e dedicación que nos brindaron nesta xornada tan especial para os nenos e nenas do CEIP San Martiño, transmitindo ao alumnado unha visión moi real da súa profesión.
Sen lugar a dúbidas, unha gran experiencia!



mércores, 19 de decembro de 2018

F E L I C E S    F E S T A S !!! 
Con este mural colectivo, que fixemos entre todas as familias do CEIP San Martiño, queremos desexarlles Felices Festas, cheas de alegría, paz e moita armonía.

Nos días previos, realizamos moitas actividades para celebrar as Festas. Decoramos a nosa entrada, corredores e clases. Temos un precioso Belén que vos queremos ensinar!
Podedes ver todas as fotos pinchando aquí.



Nos últimos días nas aulas aproveitamos para facer manualidades, talleres de cociña do Nadal, merendas...
O alumnado de 6º de Educación Infantil elaborou "Magdalenas con corazón de amorodos e chocolate branco" e "Galletas mariñeiras, queso, cenoria e perexil.








Tamén tivemos unha visita moi especial: a visita de Papá Noel! Moitas grazas á ANPA do Centro por traelo ata aquí... Queremos compartir con vós as cariñas que se lles quedaron ós pequenos con este vídeo:

Facendo clic aquí podedes ver toda a reportaxe fotográfica.


O venres, 21 de decembro, celebramos o noso FESTIVAL DE NADAL no salón de actos decorado cun mural no que colaborou cada alumno coa súa árbore de Nadal. Foi un acto moi bonito no que se combinaron cancións,  bailes, risas e diversión.  

O alumnado de Educacion Infantil cantou unha panxoliña que se titula "Todos xuntos imos a Belén".
Os nenos e nenas de 1° e 2° de Educación Primaria cantaron "Que levas pastor no teu vello zurrón?
Os alumnos e alumnas de 3° e 4° quixeron arrolar ao neno cunha poesía de Celso Emilio Ferreiro musicada por Suso Vaamonde que se titula "Baixo os tellados da noite".
O alumnado de 5° de Educación Primaria interpretaron coa frauta un canon a dúas voces.
O alumnado de 6° de Primaria interpretou coa frauta e con acompañamento dos xilófonos o "Jingle Bells".
Rematamos o noso festival cantando todos xuntos unha panxoliña que aprendeu todo o alumnado. 

Quedamos abraiados co traballo destes nenos e nenas. Pero non foi casualidade! Houbo moito esforzo, practicando moitas horas coa mestra de música e relixión.  
Así, foi unha boa oportunidade para poñer en práctica a nosa competencia lingüística dunha maneira moi divertida para o alumnado.
Por todo iso queremos que vexades o resultado! Esperamos que vos guste!


Poden ver o vídeo do FESTIVAL DE NADAL  pinchando no seguinte enlace


Con estas actuacións do alumnado... todas as personas que traballamos no colexio desexámosvos un Bo Nadal e unhas Felices Festas

Que o esforzo e a ilusión compartida sexan o propósito do noso día a día

Para ver todas as fotografías e algúns vídeos do festival, pinchade aquí. 


luns, 17 de decembro de 2018

VISITAMOS O MUSEO DE PONTEVEDRA!

Visitar museos resulta realmente importante, xa que a través de estas interaccións estase en contacto coas distintas culturas que existen, a historia de cada recuncho do mundo e tamén dan a  posibilidade de comunicarnos a través das manifestacións artísticas.  
Por todo isto, fixemos distintas visitas ao Museo de Pontevedra  con  propostas didácticas que vos imos amosar a continuación! 

Os nenos e nenas de 6º de Educación Infantil realizamos o xoves 13 de decembro a actividade chamada “pensARTE”, onde fixemos unha serie de tarefas a partir da observación directa dunha selección de obras de arte contemporánea.
Algúns dos aspectos que traballamos foron: a expresión das emocións a través das cores, as formas xeométricas, o espazo, o desenvolvemento da imaxinación ou as diferentes técnicas empregadas nas diferentes obras (como cadros pintados con area, cordas...).
Comezamos a nosa visita escoitando música cos ellos pechados. O guía preguntounos que nos suxería esa música e a relacionamos cos diferentes cadros de Arturo Souto Feijoo expostos no museo, como "Máscaras africanas" ou "Composición".

Tivemos que adiviñar instrumentos que aparecían nos cadros a través da música e aprendemos a apreciar as distintas maneiras en que os artistas perciben o mundo! Vimos o cadro "Acordeón I" de Luis Caruncho Amat a través ducha fechadura!
Coñecemos diversas obras de Leopoldo Nóvoa García (artista galego de maior proxección da súa xeración), como o óleo sobre lienzo que ofrece a singularidade de estar pintado polas dúas caras. "Vendedor ambulante en Buenos Aires" e "Paisaxe mariñeiro" son as escenas que en elas se representan".
O guía propúxonos un reto: facer un quebracabezas coa escena "Paisaxe mariñeira"!

Finalizamos a visita recreando a nosa propia obra de arte a partir dun cadro de Luis Caruncho Amat titulado "Azul sobre azul nº27". 
Sen dúbida foi unha visita emocionante! Seguiremos traballando na aula con algúns dos cadros vistos durante a mesma!
No caso do alumnado de 3º e 4º de Educación Primaria a actividade a realizar foi unha visita dinamizada "O retrato no século XIX ". A través deste xénero pictórico, en contínua revisión da arte, e coa axuda dun caderno didáctico, descubrimos...Que é un retrato? Quen os encargaba? Por que? Quen os facía? Como?...



A continuación deixámosvos a experiencia contada polos nenos e nenas de 4º de Educación Primaria:

VISITA AO MUSEO DE PONTEVEDRA ,  UNHA VIAXE POLO RETRATO DO 
SÉCULO XIX
O xoves, 13 de setembro, o alumnado de 3º e 4º visitamos o VI Edificio do Museo de Pontevedra, alí  aprendemos moitas cousas sobre os retratos e os autorretratos e a súa diferenza.

Explicáronnos que os cadros sempre teñen unha cartela ao lado onde pon  a información importante: nome do pintor, datas do seu nacemento e a súa morte, nome da pintura,  ano no que se pintou, o soporte e  a técnica.


Tamén nos explicaron que podemos saber os sentimentos que nos quere expresar o autor a través da mirada, e que os retratos  valen máis cando aparecen  as orellas,  as mans ou se son de corpo enteiro.  Algúns cadros séguennos coa mirada, é coma se fora algún truco de maxia.
Ao final o guía explicounos que Concepción Arenal foi a primeira feminista universitaria e que, para ir á Universidade, tiña que vestirse coma un home.
Aquí vos contamos algunhas das impresións que nos levamos desta visita tan interesante:
Sara: a min gustoume o retrato de Mª Carmen Cimadevila del Río. Ía vestida cun vestido largo dunha cor celeste tirando para verde. Pintouse nun lenzo con óleo, o seu autor é Mariano Tito Vázquez.
Noa: gustoume porque me recordaba a min de pequena.
Mauro e Iago: o  que máis nos gustou foi un do pintor Benigno López Sanmartín. É un retrato de D. José Riestra. A técnica que usou foi óleo sobre lenzo e foi pintado no ano 1899. Gustounos porque tiña pinta de ser un home importante.

Mariño e Mateo:  o noso cadro preferido chámase Retrato de Cabaleiro, é de 1893 e gustounos porque era moi realista, tanto que superaba ás fotos da época.
Para ver a nose reportaxe fotográfica pinchade aquí
                                   
O alumnado de 1º e 2º non quixeron perder a oportundiade de visitar tamén o noso museo; a actividade seleccionada foi  “Que é un Museo?".
O martes 18 de decembro descubriron o que é un museo dunha forma sinxela e atractiva: os seus traballadores, un lugar onde se conserva, se expón, se investiga...
Durante o percorrido que fixeron polo museo,  viron distintas coleccións: tesouro de Caldas de Reis, Sepulcro de Suero, mobles antigos, paisaxes, miniaturas, escultura Lázaro, retrato nena con xoguetes e louza de Sargadelos.
Se queredes ver outras fotografías deste día pinchade aquí. 
Non podía faltar o alumnado de 5º e 6º de primaria, que elixiu a proposta didáctica “Seguindo as pegadas”.
Como complemento aos contidos das diferentes materias impartidas no centro, así como de vehículo para o desenvolvemento da sensibilidade, do goce estético e da adquisición de valores culturais e sociais,  o alumnado  acudiu ao Museo de Pontevedra para realizar a seguinte visita dinamizada, chamada  “Seguindo as pegadas”. 

O alumnado percorreu o Museo cunha ficha que lles permitiu coñecer, a partir dos restos arqueolóxicos, algúns dos aspectos máis relevantes do noso pasado, tales como: ferramentas líticas máis antigas de Galicia, petróglifos, importantes pezas de ourivería ou obxectos de uso doméstico ou monumentos epigráficos romanos.

luns, 10 de decembro de 2018

DESCUBRINDO A NOSA CONTORNA: XORNADAS MICOLÓXICAS E SAÍDA PARA COÑECER O PATRIMONIO DE SALCEDO

XORNADAS MICOLÓXICAS (Relato dunha nena de 6º de E.P.)

"Experiencia con setas"

Hola, soy una alumna de sexto de primaria que os va a contar una hermosa experiencia que viví al lado de mi clase y de la de cuarto. El día 7 de noviembre, miércoles de la semana pasada, la maestra nos anunció que el 14 íbamos a ir al monte a recoger setas, para hacer una hermosa exposición y aprender un poco sobre las setas. Yo me entusiasmé. ¡Qué divertido! ¡Una fantástica excursión para recoger setas y explorar el bosque!
El catorce me vestí, me preparé, desayuné, me cepillé los dientes y, por el camino a la escuela, no paré de pensar en la excursión. Cuando llegué, me senté en la biblioteca entre mis compañeros. Jaime, el monitor, nos empezó a explicar varias cosas. Duró una hora, bueno, quince segundos más.
Repartimos las cestas de mimbre y nos pusimos en grupos.

Se queredes ver todas as fotos facede click aquí

















Yo fui con los compañeros de mi mesa: Gloria, Gabriel y Zhouzijun. Cogí la cesta y en cuanto llegamos al bosque, enseguida empecé a buscar, a apartar, a mirar por donde iba, a correr y a pasármelo bomba.
La verdad que todo fue como prometía. La profe Placer nos acompañó y después de recoger setas por el monte de Salcedo tuvimos un tiempo para jugar y disfrutar porque a la vuelta al cole teníamos que organizar la exposición para enseñar a nuestros compañeros todo lo que  habíamos aprendido.

SAÍDA DO ALUMNADO DE 1º, 2º e 3º de E.P.

Visita aos muíños do Batán e ao Castro das Croas

Este martes 4 de decembro os nenos e nenas de 1º, 2º e 3º fixemos unha saída moi interesante para coñecer a nosa contorna.
Damián e María foron os nosos guías e os que nos ensinaron moitas cousas interesantes sobre Salcedo.
Visitamos os muíños do río Batán e incluso vimos como moía o millo.


Ramón, un avó de Salcedo,  ensinounos como aproveitaban a forza da auga do río para facer a fariña coa que despois elaboraban o pan ou alimentaban aos animais.


Aínda nos quedaba por saber algo da historia de Salcedo e Damián e María leváronnos a coñecer os restos do Castro das Croas e incluso nos subimos á Pedra da Moura. Agora sabemos algo máis das lendas e historias do lugar onde vivimos.
Aprendimos e descubrimos os tesouros que a nosa natureza pode agochar: píntegas, salgueiros, acibros, cogomelos...



Esta sorprendente saída rematou cun feito inesperado: vimos como nacía unha mosca dun coco dun carballo!!

Se queredes ver toda a reportaxe fotográfica facede click en SALCEDO.